DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

deputación de pontevedra

Curso colocador de placas de cartón-xeso/escaiolista do proxecto Cidade +

Anuncio | Bases | Modelo de Solicitude
Modelo de curriculo | Lista de admitidos

Bases reguladoras da acción formativa de colocador de placas de cartón-xeso/escaiolista, do proxecto Cidade + ( Interreg III-A)

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para cubrir 15 prazas no Curso de Colocador de placas de cartón-xeso/escaiolista, que forma parte das accións formativas do Proxecto Cidade +.

Este curso ten una duración de 160 horas. A formación realizarase na empresa Aislaxeda, C/ Carragoso, 52 Lalín, de luns a venres, en horario de tarde (16:00/21:00). A acción formativa levarase a cabo entre os meses de febreiro e marzo de 2006, prevéndose por comezo o 8 de febreiro. O curso acóllese ó Convenio Marco e existe un compromiso de contratación por parte da asociación de empresarios do DEZA, dun 50%.

2.— CONTIDO DO CURSO

  1. Organización do traballo e trazados
  2. Colocación de paneis de cartón, xeso e similares.
  3. Traballos auxiliares.
  4. Cultura no mercado de traballo e técnicas de busca de Emprego.

3.— BOLSAS POR DESPRAZAMENTO
Os beneficiarios da acción formativa terán dereito a unha bolsa por desprazamento, entendendo este concepto como a distancia que exista entre o domicilio dos usuarios e lugar de impartición do curso.

Aboarase mensualmente unha contía máxima de 360 € ou 240 € (segundo sexa a distancia superior ou inferior a 12 km) e descontarase a razón de 18 € ou 12 € por día ó alumno que non asista ó curso.

4.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. REQUISITOS MÍNIMOS:
    • Ter cumpridos 18 anos de idade
    • Persoas emigrantes retornadas e os seus descendentes, que acrediten que non transcorreron máis de cinco anos do seu retorno.
    • Inmigrantes que posúan autorización de residencia e traballo.
    • Nivel académico: formación básica en lecto-escritura. (certificado de escolaridade ou equivalente no país de orixe)
    • Nivel profesional: non se precisan coñecementos específicos.
    • Condicións: aquelas que non impidan o desenvolvemento da profesión.
  2. REQUISITOS DE VALORACIÓN COMPLEMENTARIA:
    • Data de antigüidade no INEM.
    • Experiencia profesional acreditada no sector.
    • Formación relacionada.

5.— SOLICITUDES
As solicitudes para o curso presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación (en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado), ou nas instalacións do proxecto Cidade + na Cidade Infantil Príncipe Felipe (en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres). Prazo máximo de recollida de solicitudes dez días hábiles dende a publicación das bases, que quedarán expostas no taboleiro da Deputación e na páxina web.

6.— DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Currículo segundo modelo facilitado en Rexistro da Deputación, en Cidade + ou ben na páxina web.
  • DNI ou NIF.
  • Para emigrante retornado: documento acreditativo da condición de retornado.
  • Para familiar de retornado: documento que acredite o parentesco co retornado.
  • Para inmigrante: Autorización de residencia e traballo.
  • Tarxeta do INEM
  • Vida laboral.
  • Certificado de ingresos: prestacións INEM, Xunta ou nómina.
  • Certificado de antigüidade no INEM.

7.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
A Comisión de selección dos beneficiarios desta acción formativa do Proxecto Cidade + (Interreg III-A) estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    A deputada delegada do Servizo de Acción Social, Promoción de Emprego e Muller ou en quen delegue.
  • Secretario
    O da corporación ou en quen delegue.
  • Vogais:
    1. A xerente de Cidade+ ou en quen delegue.
    2. As dúas técnicas responsables do departamento de orientación laboral do proxecto Cidade+.
    3. Dous representantes da Asociación de Empresarios do DEZA.

8.— PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O proceso selectivo constará de dúas fases: valoración de currículo e entrevista persoal, establecéndose como puntuación máxima 5 puntos en cada fase.

VALORACIÓN DO CURRÍCULO
O currículo será valorado atendendo os seguintes criterios de baremación.

REQUISITOBAREMO
criteriopuntos
Experiencia profesional no sectorMais de 12 meses2
De 6 a 12 meses1
Menos de 6 meses0.5
Tempo en desempregoMáis de 12 meses1
De 6 a 120.5
Recursos económicosSe non ten ingresos0.5
Formación relacionadapor curso0.25
Máximo1.5

ENTREVISTA PERSOAL
A puntuación máxima da entrevista será de 5 puntos, que se sumarán, á puntuación obtida na fase de baremación de currículo. Para superar a entrevista terá que obter unha puntuación superior a 2.5.

As entrevistas realizaranse seis días hábiles despois de rematado o prazo de entrega de solicitudes, en horario de 9:00 h. a 13:00 h, no local da Asociación de empresarios do Deza (Rúa da Ponte, nº4 entreplanta dereita 36500. Lalín).

A selección de usuarios/as para a entrevista realizarase en dúas quendas por orden rigoroso de apelido: do A ó M, horario de 9:00 da mañá; do N ó Z a partir das 12:00.

9.— PROPOSTA DE SELECCIÓN
Ó día seguinte da realización das entrevistas publicarase na páxina web e no taboleiro da Deputación a lista de admitidos para o curso. Así mesmo tamén se publicará unha lista de reserva, para que en caso de baixas, poidan incorporarse novos/as alumnos/as.

10.— RÉXIME XURÍDICO.
A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.

Pontevedra, 30 de decembro de 2005
O PRESIDENTE
O SECRETARIO


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/