DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Estatutos (cont.)

SECCIÓN 2ª
DO PRESIDENTE

ARTIGO 10.— ATRIBUCIÓNS DO PRESIDENTE

O presidente do organismo terá as seguintes atribucións:

  1. Convocar o Consello rector e o Consello asesor, e presidir e dirixir as súas sesións cando asista.
  2. Representar ó organismo autónomo en toda clase de actos, accións e contratos ante calquera autoridade e organismo, e outorgar un apoderamento a tal efecto.
  3. Dictar as resolucións particulares que sexan precisas para executar os acordos do Consello rector.
  4. Formar a orde do día, convocar, presidir, suspender e levantar as sesións dos órganos colexiados, dirixir as deliberacións e dirimir os empates con voto de calidade.
  5. Elaborar o programa de actuación e elevalo ó Consello rector para a súa aprobación.
  6. Elaborar a memoria anual e o inventario de bens, elevándoos ó Consello rector para a súa aprobación.
  7. Elaborar o organigrama e o cadro de persoal do organismo, elevándoo ó Consello rector para a súa aprobación e posterior ratificación polo Pleno da Deputación.
  8. Elaborar o proxecto de orzamento do organismo, a proposta das súas modificacións cando a aprobación destas lle corresponda ó Consello rector así como a proposta inicial da conta xeral.
  9. Aprobar as modificacións do orzamento cando sexan da súa competencia, segundo as bases de execución.
  10. Aprobar inicialmente a liquidación de orzamento.
  11. Adoptar as medidas de urxencia que sexan necesarias en defensa dos intereses do organismo.
  12. Resolver, a proposta do director, o nomeamento e o cese do persoal para postos de especial responsabilidade e dirección.
  13. Resolver, a proposta do director, o despido de persoal laboral e someter dita resolución á ratificación do Consello rector.
  14. Aprobar a asignación individualizada de incentivos ó persoal.
  15. Contratar obras, servizos e subministro nos supostos autorizados por Lei ós presidentes das entidades locais.
  16. Calquera outra facultade que lle corresponda por Lei ou regulen os presentes estatutos e non estean atribuídas a outros órganos.

ARTIGO 11.— DO VICEPRESIDENTE

  1. Suplirá ó presidente en todas as súas actuacións cando a súa asistencia non sexa posible por calquera motivo ou circunstancia.
  2. Asumirá todas as actuacións que o presidente delegue nel.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/