DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

deputación de pontevedra

Postos de traballo para o ano 2006

inicio | plantilla de funcionarios | postos funcionarios
postos laborais fixos | postos organismos autónomos

Postos de traballo

O Pleno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o día 28 de decembro de 2005, aprobou definitivamente o orzamento xeral da Deputación para o exercicio de 2006; así mesmo aprobáronse as bases de execución do orzamento xeral da Deputación e as específicas dos organismos autónomos, o cadro de persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros de persoal laboral, así como o anexo de investimentos para 2006 e a concertación dunha operación de crédito/ préstamo por importe de 16.680.000,00 euros, coas características que se sinalan nas bases de execución.

De conformidade co disposto no artigo 169-3 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais faise público o orzamento xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2006, o resumo do cal por capítulos do xeral e consolidado é o que se relaciona no anexo que se achega. Así mesmo, e de acordo co disposto no artigo 127 do Real decreto lexislativo 781/1986 polo que se aproba o Texto refundido das Disposicións legais vixentes en materia de réxime local, se reproduce o cadro de persoal e relación de postos de traballo da Corporación aprobados xunto ó orzamento xeral.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/