DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

deputación de pontevedra

Seminarios de difusión da cultura emprendedora, integrados nas accións formativas do proxecto Cidade +

Anuncio | Modelo de solicitude

Anuncio

DESTINATARIOS
Estes seminarios gratuítos, de dúas horas de duración, van dirixidos ós inmigrantes e emigrantes retornados ou os seus descendentes que residan na provincia de Pontevedra.

OBXECTIVOS
O obxectivo destes seminarios é dar a coñecer as vantaxes da alternativa persoal e profesional de crear un negocio propio, incentivando a inquietude empresarial. Nos seminarios exporanse ideas de negocio baseadas en casos reais, que se teñen convertido en iniciativas de éxito empresarial.

CONTIDOS

  • Perfil do emprendedor: motivacións, características e barreiras.
  • Xeración e concreción da idea de empresa.
  • Proxección da idea nun Plan de Empresa.
  • Busca de financiamento e apoios públicos.
  • Presentación dunha experiencia de éxito na posta en marcha dunha idea empresarial.

CALENDARIO
Os seminarios celebraranse dende a segunda semana de febreiro ata o segunda semana de marzo, en cada unha das seguintes comarcas: Pontevedra, Vigo, Morrazo, Condado, Paradanta, Baixo-Miño, Terra de Montes, Deza, Salnés, e Ulla-Umia.

REQUIRIMENTOS PARA A PARTICIPACIÓN NOS SEMINARIOS
Os destinatarios deberán cubrir o formulario adxunto, e aportar un documento acreditativo da súa situación regular en España (pasaporte ou NIE no caso dos inmigrantes; certificado de emigrante retornado ou baixa consular no caso dos emigrantes retornados).

CÓMO INSCRIBIRSE
As inscricións poden ser dirixidas por vostedes ou directamente polo interesados ó proxecto Cidade +. A inscrición pode realizarse por correo ordinario, enviando a solicitude ó Proxecto Cidade +. Cidade Infantil Príncipe Felipe. Avda. Montecelo s/n 36071 Pontevedra. Tamén pode enviarse por Fax ó número 986 804138, ou por correo electrónico a cidademais@deputacion.depontevedra.es

XERENTE PROXECTO CIDADE +
Paloma Domínguez Ferro


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/