Deputación de Pontevedra
Contratación laboral de diverso persoal “Proxecto CIDIR-EIEL "
Listas definitivas e tribunais
Aprobación das listas definitivas, designación de tribunais, datas de constitución e primeiro exercicio
A Presidencia, no uso das facultades que lle confire
a normativa local vixente, ditou a seguinte
RESOLUCIÓN:
“Por Resolución de data 17 de xuño de 2008, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de 24 de xuño de 2008, fixéronse públicas as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos convocados por Resolución Presidencial de data 27 de maio de 2008 para a contratación laboral por obra ou servizo determinado de diverso persoal con destino ó “Proxecto CIDIR-EIEL creación do Centro de Información Dixital de Intraestruturas e Recursos”.
De conformidade co previsto na Base VII da convocatoria e artigo 20 do Real Decreto 364/95, de 20 de marzo,
RESOLVO:
1.— Aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos nos referidos procesos selectivos ó non se formular ningunha reclamación
dentro do prazo establecido.
2.— Designar ós membros que integran cada un dos Tribunais Cualificadores e determinala data en que terá lugar a súa constitución e celebración do primeiro exercicio:
3.— De acordo co disposto nas bases da convocatoria os membros dos Tribunais deberán de absterse de intervir comunicándolle ó Sr. Presidente
cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 do Réxime
Xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen
realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación
desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar ós membros do Tribunal cando concorra
neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no
artigo 29 da Lei 30/92.
4.— Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica dos mesmos.
5.— En cumprimento do sinalado na base sexta da convocatoria os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados excluídos da lista de admitidos”.
Contra esta Resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Ley 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 de 13 de xaneiro) ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.”
Pontevedra, 1 de xullo de 2008
O PRESIDENTE ilexible |
O SECRETARIO ACCIDENTAL ilexible |
|