[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8 9
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral temporal de diverso persoal con destino ao Organismo Autónomo Museo provincial

Bases | Modelo de solicitude | Resolución listas
Anexo I (Lista de admitidos e excluidos)
Lugar e data das seleccións | Lista definitiva admitidos

Datas e lugares da selección

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dictou a seguinte RESOLUCIÓN:

“No Boletín Oficial da Provincial nº 123 de data 26 de xuño publicouse a convocatoria e bases para a contratación laboral por circunstancias da produción do seguinte persoal con destino ao Organismo Autónomo “Museo Provincial”.

  • Dous subalternos
  • Dous catalogadores de biblioteca
  • Catro auxiliares técnicos de gabinete didáctico

De acordo co sinalado na base oitava da convocatoria, o sistema de selección constará dunha entrevista, na que o tribunal formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño dos postos obxecto destas contratacións, a fin de determinar a súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular.

Así mesmo na base novena especifícase para cada un dos postos ofertados o lugar e as datas en que se celebrarán as entrevistas, que terán lugar no Palacio Provincial o día 10 de xullo ás 9,00 horas os subalternos, ás 11,00 os auxiliares técnicos de gabinete didáctico e ás 12,00 horas os catalogadores de biblioteca.

Conforme ao disposto no artigo 105 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento os erros materiais, de feito e aritméticos existentes nos seus actos.

Polo exposto e en virtude das facultades que me confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro e artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, RESOLVO:

PRIMEIRO
Rectificar a base oitava da convocatoria relativa ao sistema de selección e a base novena relativa a lugar e datas en que se vai a efectuar a entrevistas ou as probas que agora se establecen con esta modificación, non senso que a continuación se sinala:

Oitava.- Sistema de selección

  • Postos de traballo de subalterno e de auxiliar técnico de gabinete didáctico

A selección constará de dúas fases: A primeira, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na contestación a un test de 30 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal sobre o contido do posto de traballo a desempeñar, que será valorado de cero a dez puntos e o tribunal determinará o número mínimo de respostas acertadas que se requiren para superar a proba. A segunda, de carácter obrigatorio e eliminitario, consistirá na realización dunha entrevista sobre aspectos relacionados co desempeño do posto de traballo obxecto desta contratación, a fin de determinar a súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular, que será valorada de cero a cinco puntos

  • Postos de traballo de catalogador de biblioteca

A selección constará dunha entrevista persoal, na que o tribunal formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño do posto de traballo obxecto desta contratación, a fin de determinar a súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular. A mesma será valorada de cero a cinco puntos

Novena.- Lugar e datas en que terá lugar a selección

  • Posto de traballo de subalterno: Na Cidade Infantil Príncipe Felipe, o día 10 de xullo ás 9,00 horas.
  • Postos de traballo de auxiliar técnico gabinete didáctico: Na Cidade Infantil Príncipe Felipe, o día 10 de xullo ás 11,00 horas.
  • Postos de traballo de catalogador de biblioteca: Na Cidade Infantil Príncipe Felipe, o día 10 de xullo ás 13,00 horas.

Pontevedra, 2 de xullo de 2008
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8 9

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/07/2008 14:39
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/