[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 25 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Asociacións culturais
sen ánimo de lucro
Subvencións a escolas e conservatorios de música
Feiras exposicións e congresos
Recuperación do patrimonio
Conservatorios e escolas
de música
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

CULTURA 

Deputación de Pontevedra

Axudas a escolas de música públicas

Bases | Modelo de solicitude | Declaración

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 25 de xuño de 2008, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

BASES PARA A CONCESIÓN DE axudas a escolas de música públicas

Esta Deputación é consciente de que determinados concellos da nosa provincia desenvolven un importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas regradas de música que sinala o artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que no seu art. 39.5º establece que os estudos de música se poderán cursar, sen límite de idade, en escolas específicas.

A notable demanda das ensinanzas de música xustifica o crecemento do número de escolas de titularidade pública para lles achegar á mocidade e ós afeccionados a posibilidade de cursar estes estudos, tanto para realizar unha actividade de formación artística como para continuar posteriormente estudos regrados de música en conservatorios ou centros autorizados.

Co fin de potenciar o funcionamento destas escolas de música das que son titulares determinados entes públicos, a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a escolas de música públicas:

1.— OBXECTO
Esta convocatoria destínase a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra, desde o 1 de xaneiro de 2008 ata o 31 de decembro de 2008.

O importe total das axudas será de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) que se financiarán con cargo á partida 08/451.422.462.06 do orzamento provincial para o ano 2008.

2.— SOLICITANTES
Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra.

3.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de setembro de 2008.

4.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

  1. Orzamento que dedica o Concello para a Escola de Música asinado polo interventor/a
  2. Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinado
  3. Número de alumnos matriculados no curso 2007/08, detallado por especialidades ou materias, debidamente asinado
  4. Certificado da conta bancaria a nome do solicitante
  5. Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades
  6. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria
  7. Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

5.— VALORACIÓN DAS SOLICITUDES
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, os seguintes criterios:

  1. Número de alumnos matriculados no curso 2007/08, ata 25 puntos.
  2. Número de profesores, ata 15 puntos.
  3. Orzamento da escola de música, ata 35 puntos.
  4. Grao de desenvolvemento artístico na zona, ata 25 puntos

As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente.

Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes.

6.— PAGAMENTO
As subvencións estarán condicionadas aos orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado).

Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo de Intervención.

O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade.

O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25ª.8ª – 2.f) de execución do orzamento 2008, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade, no prazo máximo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2009.

7.— OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra.

8.— ÓRGANO COMPETENTE PARA A APROBACIÓN DE BASES
De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2008 e para dar cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

9.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercizo 2008 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.



Boletín Oficial da Provincia, data 08/07/08, número 131, páxina 13, anuncio 2008007016.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/07/2008 11:07
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/