[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 23 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes » Escolas deportivas » 2009/2010
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
2012-2013
2011/2012
2010/2011
2009/2010
Trofeos Deputación de Pontevedra

Páxina [1] 2 3
DEPORTES 



ESCOLAS DEPORTIVAS PROVINCIAIS

Fútbol, balonmán, judo, patinaxe, fútbol sala, rugby, atletismo e xadrez online son as actividades ofertadas para os nenos de toda a provincia, que comezaron a practicalas a partir do 5 de outubro ata o 28 de maio.

A Deputación de Pontevedra segue apostando un ano máis polo deporte de base na provincia pontevedresa. Por terceiro ano consecutivo o organismo provincial, por medio do Servizo de Deportes, dálles continuidade ás Escolas Deportivas Provinciais, que lles permitirán ós nenos pontevedreses poder desenvolver actividades deportivas en diferentes modalidades e de modo totalmente gratuíto e así continuar na formación e nos valores deportivos dos máis cativos.

Nesta ocasión as modalidades deportivas ofertadas serán balonmán, judo, patinaxe, fútbol sala, rugby , atletismo e xadrez online. A Deputación creou para a ocasión escolas repartidas por toda a xeografía provincial para que todos os nenos poidan ter acceso ás actividades ofertadas. A organización e o financiamento da iniciativa corre a cargo da Deputación de Pontevedra. Ademais, conta coa organización técnica da Federación Galega de Fútbol, a Federación Galega de Balonmán, a Federación Galega de Patinaxe e a Federación Galega de judo, a Federación Galega de Atletismo, o Coruxo F.C .e o Vigo Rugby Club.

Máis de 6.000 nenos se están a beneficiar do desenvolvemento da terceira edición das Escolas Deportivas.

As diferentes modalidades deportivas contarán con coordinadores, que levarán a cabo o traballo de aprendizaxe desenvolvido polos case douscentos monitores distribuídos por toda a provincia.

Profesionais da talla do vigués Belarmino Alonso Costas, coñecido como Milucho (ex adestrador de equipos como o Pontevedra C.F.), Ramón Carnero (ex adestrador do Real Club Celta de Vigo e ex porteiro do F.C. Barcelona) serán os encargados de que os rapaces se inicien ou afonden na práctica do fútbol.

Tamén contarán con grandes mestres os nenos que escollan patinaxe, modalidade na que Alberto Covelo e Mercedes Covelo, considerados uns dos mellores adestradores de patinaxe de Galicia, lles intentarán mostrar ós seus alumnos a calidade artística deste deporte. Antonio Plaza, ex adestrador da liga Asobal e director técnico da Federación Galega de Balonmán é o responsable de mover os máis de cento sesenta equipos que neste momento compiten en toda a provincia.

A modalidade de judo tamén contará cos mellores profesionais, con técnicos considerados a nivel internacional, entre os que se atopan: Luis Rodríguez Lamas, cinto branco-vermello 7ª dan, Juan Carlos Garabato, seleccionador galego de categorías inferiores, e María Victoria Rodríguez, campioa galega . Outros coma Ángel Villar González e Andrea Soria Domínguez coordinan e asesoran tecnicamente estas escolas.

A coordinación de atletismo lévase a cabo dende a Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do deportista olímpico Santiago Pérez. Esta modalidade desenvólvese en concentracións periódicas, cuxo calendario estará fixado pola Federación.

A modalidade de rugby estará coordinado polo Vigo Rugbi Club, que desenvolve un importante labor de aprendizaxe deste deporte nas instalacións do complexo universitario de Vigo.

O Coruxo F.C. é o equipo que ensinará a práctica deportiva do fútbol sala, que nos últimos anos acadou un importante aumento de nenos/as en diversas zonas da provincia.

Todas as actividades están englobadas no proxecto deportivo 2007-2011 da Deputación de Pontevedra.

As cifras avalan o proxecto do organismo provincial: máis de 6.000 rapaces están a participar das actividades desenvolvidas no programa en escolas repartidas por toda a provincia de Pontevedra.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/12/2010 13:19
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/