[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 6 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2 3
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Bolsa de Investigación na Área de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, destinada a Licenciados/as Universitarios/as en Ciencias Biolóxicas

Bases | Modelo de solicitude | Corrección de erros
Aspirantes admitidos | Puntuacions

Convocatoria dunha bolsa, en réxime de concurrencia competitiva, para Licenciados/as Universitarios/ as en Ciencias Biolóxicas, con destino na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Sección Fitopatoloxía, da Deputación Provincial de Pontevedra.

De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, na que solicita a convocatoria dunha Beca de Licenciado/a Universitario/a en Ciencias Biolóxicas, especialidade Vexetal, para a realización de tarefas de investigación na Área de Fitopatoloxía en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigo 105 da Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia , esta Deputación Provincial convoca unha bolsa de Licenciados/as Universitarios, consonte as seguintes

BASES

1.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento para a concesión, por concurso de méritos, dunha bolsa, que ten por obxecto a realización de Tarefas de Investigación na Área de Fitopatolóxica da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, destinada a Licenciados/as Universitarios/as en Ciencias Biolóxicas.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título que se especifica a continuación, ou estar condicións de obtelona data na que remate o prazo de presentación de instancias.
    • Licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, especialidade Vexetal.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Esta bolsa figura cunha dotación económica de 1.000 €/mes por beneficiario/a, que se imputará á partida 08/714.714.481.01 do orzamento provincial.

O pagamento da bolsa ao beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da mesma para os casos nos que o bolseiro/a inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce da bolsa será incompatible con calesquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • 4.1.—As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:
    1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
    2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
    3. Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
    4. Méritos relacionados cos traballos de investigación que se vaian a desenvolver, debidamente xustificados.
    5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
    6. Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.
  • 4.2.—En canto á presentación das solicitudes, ademáis do recollido no apartado primeriro desta clásusula, os/as solicitantes estarán ao disposto no artigo 23.puntos 3,4 e 5 da Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, en todo aquello que lles sexa de aplicación.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    — Un deputado provincial.
    — O Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica.
    — Un funcionario Técnico Superior pertenencente a Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

Aos mesmos abonaráselle as contías establecidas a estos efectos no R,D. 462/2002 de 24 de maio sobre Indemnizacións por razóns do Servizo.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte

BAREMO:

  1. Expediente académico: Ata un máximo de (2) dous puntos.
    No caso de que no expediente académico non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.D. 1497/1987, modificado polo R.D. 1267/1994, será valorado con 0,00 (cero puntos).
  2. Méritos específicos: Ata un máximo de (2) dous puntos.
    • b.1) Por ter asistido a cursos de doutoramento relacionados coas actividades obxecto da Convocatoria, ata un máximo de (2) dous puntos, computados do xeito que se especifica a continuación:

      CréditosPuntuación
      1. De entre 3 e 5 créditos 0,30 puntos/curso
      2. De entre 1 e 2 créditos 0,20 puntos/curso


      • No suposto de non acreditarse a duración dos cursos, estes valoraranse a razón de 0,05 puntos por curso.
  3. Por acreditar experiencia laboral relacionada coas materias obxecto da Bolsa, ata un máximo de (3) tres puntos, computados do xeito que se especifica a continuación:

    CréditosPuntuación
    1. De 12 ou máis meses 0,15 puntos/mes
    2. De entre 6 e 9 meses 0,10 puntos/mes
    3. De entre 3 e 5 meses 0,05 puntos/mes


    A experiencia profesional deberá acreditarse mediante certificación acreditativa, expedida pola Administración Pública na que prestou servicios, facendo constar o posto de traballo que desempeñou e o cómputo total de días, meses ou anos traballados. Para tales efectos, non se terán en conta as fotocopias de contratos de traballo, nin a vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

  4. Entrevista e proxecto: Ata un máximo de tres (3)puntos. Manterase con cada un/unha dos/as aspirantes unha Entrevista Persoal, relacioada co obxecto da bolsa, e na que entre outras cousas, solicitarase a descripción dun Proxecto de Fitopatoloxía.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Comisión de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ao aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación de acordo có baremo especificado na cláusula sexta das presentes Bases.

O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o/a adxudicatario/a comezara o seu desempeño na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro (4) anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Comisión de Goberno.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario/a da bolsa comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina da Estación Fitopatolóxica do Areeiro có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. O beneficiario/a da Bolsa deberá suscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro Seguro Privado.
  6. A Comisión poderá convocar aos solicitantes para aclaracións que teñan relación cos seus curricula. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

9.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido este plazo, esta Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación.

10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases.

11.— RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria da Bolsa e a selección do bolseiro/a así como a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitarase ao previsto nas presentes Bases, e ademáis, ao disposto na Lei Xeral de Subvencións ( Lei 38/2003 de 17 de novembro) e na Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administraciós Públicas e Procedemento Administrativo Común ( Lei 30/1992 de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999).



Boletín Oficial da Provincia, data 21/10/08, número 204, páxina 42, anuncio 2008010564.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/11/2008 15:36
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/