[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 23 DE MARZO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Páxina Principal
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

ACCIÓN SOCIAL 

PROGRAMA COÑECE A TÚA PROVINCIA 2012

Formulario solicitude de participación

OBXECTO DO PROGRAMA: • Fomentar a convivencia e o asociacionismo de distintos colectivos de persoas (maiores, mulleres, discapacitados, estudantes, etc…), conforme a Lei de Servizos Sociais de Galicia, á par que contribuír ó seu enriquecemento cultural, a través de visitas diarias guiadas a centros integrantes do Patrimonio desta Excma. Deputación Provincial (Museo de Pontevedra, Pazo Provincial, Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Pazo de Lourizán, Castelo de Soutomaior, etc.…), e outros lugares de interese da nosa Provincia (Carabela de Baiona, Adegas do Salnés, Ruta Arqueolóxica de Campo Lameiro, Empresas do téxtil e de alimentos da zona do Deza,…).

O programa consiste nun día de convivencia con desprazamentos en autocar a ditos centros, cun xantar entre a mañá e a tarde, rematando sempre cunha visita.

BENEFICIARIOS: Asociacións de persoas maiores, de mulleres, discapacitados, veciños, da Provincia de Pontevedra.

CUSTO TOTAL DO PROGRAMA: 132.000 € con cargo á Aplicación presupostaría 12/232.230.227.07

CUSTO POR PRAZA: 21 € dos cales a Deputación subvencionará 11, 54 € e o beneficiario 10 €.

OBRIGAS DA EMPRESA ADXUDICATARIA :

  1. Transporte dos participantes en modernos autocares (con antigüidade inferior a 2 anos), dende os puntos de saída (Concellos) ata os lugares a visitar e viceversa. Os autobuses levarán carteis identificativos do Programa.
  2. Guías informativas que acompañen ás asociacións durante todo o percorrido.
  3. Enviar á Deputación semanalmente, os cuestionarios e a relación das persoas que participan nos diferentes itinerarios (nome e apelidos, DNI, asociación, e o concello ó que pertence ), no caso de que existan baixas especificar o motivo das mesmas.
  4. Seguro de Viaxe, que dea cobertura ás persoas dende que suban ó autobús ata que remate a viaxe.
  5. Realizar un máximo de tres chamadas a cada unha das persoas participantes, para indicarlles a data e a hora de saída, e o itinerario realizar, no caso de non obter resposta, ou de non estar dacordo coas datas alternativas, a asociación automaticamente será dada de baixa.
  6. Comida cun menú que incluia, primeiro e segundo prato, postre, bebidas e café.
  7. Redacción dun informe final de avaliación do Programa, no que se relacionen as asociacións que non participaron e o motivo.
  8. Para toda a publicidade que se elabore en relación ó Programa, a empresa debe de poñerse en contacto coa seguinte dirección de correo electrónico: imaxe@depo.es

ITINERARIOS PARA ESCOLLER

  • Ruta Patronato: Deputación de Pontevedra, Palacete das Mendoza, Pazo Lourizán, Museo Pontevedra, Castelo Soutomaior.
  • Ruta do Descubremento-Baiona: Conxunto Histórico - Artístico de Baiona, Virxe da Roca.
  • Ruta Adegas:Conxunto Histórico - Artístico de Cambados, Museo Etnográfico do Viño, Muiños de Barrantes, Adega
  • Ruta Pazo de Oca- Lalín y Pazo de Anzuxao (Fábrica de queixos): Pazo de Oca, visita a Lalín, Fábrica de queixos Anzuxao, Pazo de Oca
  • Ruta de Poio e Combarro: Visita a Poio, Monte Castrove, Mosteiro de Poio, visita a a Mosteiro de Armenteira, Mosteiro de Poio, vila de Combarro.
  • Ruta Mouriscade: Visita ó laboratorio e Finca Mouriscade, Museo Etnográfico, Parque Arqueolóxico de Campolameiro, Rodeiro, Cerdedo.
  • Ruta da Armenteira: Mosteiro de Armenteira, Meis, Monte Castrove, Pazo Señoráns
  • Ruta Arqueolóxica: Parque Arqueolóxico de Campolameiro, Rodeiro, Cerdedo
  • Ruta Marítima Isla San Simón e Redondela: Praia de Cesantes - Redondela, Ruta marítima con destino á Illa de San Simón
  • Ruta Marítima Ría de Arousa: O Grove, A Toxa, Praia de A Lanzada, Portonovo, Sanxenxo, Monte Siradella
  • Ruta Marítima Illas Cíes e Vigo: Ruta marítima pola Illas Cíes, Visita guiada polo Berbés, Monte da Guía.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/11/2012 13:59
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/