[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 23 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Cursos
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Perfil do contratante
Subvencións, axudas, bolsas...
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda
Descarga de formularios
para trámites administrativos

Páxina [1] 2
CURSOS 

deputación de pontevedra

Bases reguladoras da acción formativa de
monitor de actividades de tempo libre

anuncio | modelo de inscripción
listado de admitidos e suplentes

anuncio

PRIMEIRA: OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para cubrir 25 prazas no curso de Monitor de actividades de tempo libre, que forma parte das accións formativas do servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios da Excma. Deputación de Pontevedra

Este curso ten una duración de 350 horas ( 200 horas teóricas e 150 horas prácticas) . A parte teórica se desenvolverá nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe os venres en horario de 18:00 a 22:00 horas, os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e os domingos de 10:00 a 14:00 horas. A parte práctica realizarase principalmente en actividades desenvolvidas pola Excma. Deputación de Pontevedra durante un prazo máximo de 2 anos dende que termina a parte teórica.

A acción formativa levarase a cabo entre os meses de Febreiro e Abril de 2009, con data prevista de comezo o 13 de Febreiro de 2009.

SEGUNDA: CONTIDO DO CURSO
O contido do curso está fixado pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia Decreto 50/2000 do 20 de xaneiro (DOG nº 49 de 10 de marzo de 2000).

TERCEIRA: REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Requisitos mínimos:

  • Ter 18 anos cumpridos.
  • Ser persoa inscrita no Servizo Público de Emprego.
  • Nivel académico: graduado escolar.
  • Condicións físicas: aquelas que non impidan o desenvolvemento da profesión.

CUARTA: SOLICITUDES
As solicitudes para o curso presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación (en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado). O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais dende a publicación das bases, que quedarán expostas no taboleiro da Deputación e na páxina web.

QUINTA: DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Ficha de inscripción segundo modelo facilitado en Rexistro da Deputación ou ben na páxina web.
  • DNI ou pasaporte.
  • Tarxeta do INEM.

SEXTA: COMISIÓN DE SELECCIÓN
A Comisión de selección dos beneficiarios desta acción formativa do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: o xefe do Servizo Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios ou en quen delegue.
  • O secretario da corporación ou en quen delegue.
  • Vogais: dous axentes de emprego e desenvolvemento local ou en quen delegue.

SÉTIMA: PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O proceso selectivo constará dunha entrevista persoal que versará, entre outros criterios, sobre a experiencia profesional no sector, formación relacionada, actitude , establecéndose unha puntuación máxima de 5 puntos.

A data prevista para as entrevistas serán os días 26, 27 e 28 de Enero, e o 2, 3 e 4 de Febreiro , en horario de 9:00h. a 13:00h., no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra. A selección de usuarios/as para a entrevista realizarase en dúas quendas por orde rigorosa de apelido: do A ó M, horario de 9:00h. da mañá; do N ó Z a partir das 12:00h.

OCTAVA: PROPOSTA DE SELECCIÓN
Ó día seguinte da realización da entrevista publicarase na páxina web e no taboleiro da Deputación a lista de admitidos para o curso. Así mesmo tamén se publicará unha lista de reserva,en función da puntuación acadada na entrevista, para que, en caso de baixas, poidan incorporarse novos/as alumnos/as.

NOVENA: INTERPRETACIÓN
A comisión de selección queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.

Pontevedra, 02 de Enero de 2009
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 05/02/2009 11:03
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/