[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 15 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Perfil do contratante
Subvencións, axudas, bolsas...
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda
Descarga de formularios
para trámites administrativos

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

Bases de axudas Semanas Brancas 2009

bases | inscripción

bases

1.- OBXECTO
A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia de Pontevedra convoca para o ano 2009, axudas destinadas a subvencionar programas para os diferentes colectivos de idades co fin de potenciar o compañeirismo, a convivencia, a solidariedade á par que acadar un maior enriquecemento cultural.

2.- DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA
O Programa consiste en achegar o esquí ós centros escolares da ESO, fomentando o traballo en equipo e a convivencia entre os mozos e mozas, a través dun deporte practicado no medio natural.

O Programa inclue os traslados dende os colexios ata a Estación de San Isidro en León e viceversa, en autocares con antigüidade máxima de cinco anos, seguro de esquí e da viaxe, un cursillo de esquí dun total de 10 horas de duración (2 horas ó día) impartido por monitores, alquiler do material, forfait para os cinco días, monitores de tempo de lecer durante as 24 horas (1 por cada 10 escolares), aloxamento en habitacións dobres, triples e cuádruplos con baño ou aseo, réxime de pensión completa, visitas, actividades para as horas que non se practiquen clases de esquí, contemplaranse unha serie de actividades no caso de que as condicións metereolóxicas impidan o desenrolo normal da actividade. Otorgarase unha gratuidade por 20 alumnos/as, de 21 a 30 alumnos/as serán dúas gratuidades, de 31 a 40 alumnos/as tres gratuidades e así sucesivamente, para mestres/as, técnicos/as do Concello ou pais/nais acompañantes.

O custo do forfait para os 5 días, xunto coas clases impartidas polos monitores da Escola Española de Esquí, foi establecido mediante convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Deputación Provincial de León co fin de abaratar o prezo final do Programa.

3.- ADHESIÓNS DOS CONCELLOS
Todos os Concellos da provincia de Pontevedra que o desexen, poderán sumarse mediante acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitíndose certificación expedida polo Secretario do mencionado acordo, ato o 23 de xaneiro de 2009.

4.- PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS
O Procedemento de concesión das subvencións inherentes ao Programa de Semanas Brancas 2009, será o Procedemento Ordinario previsto nos artigos 22 e 23 da Lei Xeral de Subvencións, e tramitarase en réxime de concurrencia competitiva, mediante a comparación das solicitudes presentadas, establecendo unha prelación entre as mesmas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas Bases Reguladoras.

5.- CRITERIOS DE VALORACIÓN PARA SELECCIÓN DAS SOLICITUDES

  1. Nos Concellos adheridos ao Programa de Semanas Brancas 2009, cando as prazas a subvencionar fosen inferiores as demandadas, realizarase a selección das solicitudes dende os Servizos Sociais Municipais, seguindo os seguintes criterios de valoración:
    1. Ter participado ou non nuotras convocatorias
    2. Situación sociofamiliar (nº de membros da familia, nº de persoas con emprego na unidade familiar, etc.)

    Nestes supostos nos que a demanda de prazas supera á oferta, os escolares que excedan das prazas ofertadas poderán non obstante participar no Programa, achegando a parte das subvención que correspondería ao Concello.

  2. Nos Concellos non adheridos ao Programa, a Deputación de Pontevedra terá en conta o rexistro de entrada dos oficios dos Concello e dos Centros Educativos, nos que se acompañen as solicitudes debidamente cumplimentadas e asinadas. Estas circunstancia terase en conta se o número de prazas supera ó total a subvencionar segundo o orzamento do Programa.

6.- SELECCIÓN DE SOLICITUDES
Nos Concellos adheridos cando as prazas subvencionadas fosen inferiores ás demandadas, realizarase a selección dende os Servicios Sociais Municipais, seguindo criterios de valoración tales como o non participar noutras convocatorias e a situación sociofamiliar, dando a opción de que os escolares non subvencionados por límite de prazas poidan igualmente participar achegando a parte da subvención do Concello.

Na Deputación Provincial terase en conta o rexistro de entrada dos oficios dos Concellos e dos Centros Educativos (nos casos nos que os Concellos non se adhiran), nos que se acompañarán as solicitudes debidamente cumplimentadas e asinadas. Esta circunstancia terase en conta se o número de prazas supera ó total subvencionado segundo o orzamento.

7.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DOS BENEFICIARIOS
O prazo de presentación das solicitudes rematará o 30 de xaneiro de 2009.

A presentación de instancias farase nos Rexistros dos Concellos.

O rexistro poderá ser do oficio do listado final de participantes no que se adxunten todas as solicitudes debidamente una mentadas.

  • No caso dos Concellos que non se adhiran, as instancias presentaranse na Deputación en horario de 9 a 13 horas, una súa delegación de Vigo.
  • Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o art. 80 do R.D. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico.
  • Comunicaraselle ós Centros Públicos e Concertados a apertura do Programa co fin de que se poñan en contacto co seu Concello para saber si se adhiren ou non.

8.- REQUISITOS DOS/DAS PARTICIPANTES

  1. Poderán participar todos/as alumnos/as de 1º, 2º e 3º da ESO dos Centros Educativos Públicos pertencente a calquera Concello da Provincia de Pontevedra.
  2. No caso de que non houbese ningún mestre/a, técnico/a do Concello, pai, nai o outra persoa en quen se delegue, que quixese acompañar ó grupo de escolares, estes non poderían participar na actividade, posto que non se considera convinte que o grupo participe sen ningún adulto de referencia, a pesar de que o Programa inclúa un monitor por cada dez alumnos/as.

9.- PUBLICIDADE
En todas as medidas de difusión (carteis, dípticos, trípticos, etc.) que se elaboren deberase facer constar a colaboración da Deputación de Pontevedra, Área de Acción Social, segundo establece o art. 31 do RLXS

10.- DOCUMENTACIÓN
Os Concellos adheridos ao Programa, deberán remitir á Deputación a seguinte documentación:

  1. Acordo de adhesión polo órgano competente e certificación expedida polo Secretario sobre o mencionado acordo, ou Decreto da Alcaldía
  2. Listado nominal dos mozos/as participantes.
  3. Anexo co nome do mestre/a, pai/nai ou acompañante.
  4. Fichas orixinais de inscripción e autorizacións para cada un dos nenos/as, ou no seu defecto notificación do Concello no que se declare posuír dita documentación no seu haber, non sendo preciso enviar ditas fichas.

Có fin de axilizar os trámites, deberase enviar vía fax ou mail o listado nominal de alumnos/as e anexo de acompañantes que van participar, así como a semana que escollen para realizar a actividade, á axencia de viaxes encargada da xestión e organización do Programa.

11.- FINANCIAMENTO
A contía consignada para a realización do Programa ascende a 95.000,00 euros, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden asumir neste Programa de axudas, con cargo á partida 09/313.313.227.09 do orzamento ordinario da Deputación Provincial, sen perxuizo de que sexa ampliado o crédito da mesma ó longo do ano 2009. Unha vez adxudicada a empresa especializada en viaxes que resulte do proceso de contratación, comunicarase o prezo total por persoa da viaxe.

De dita cantidad: -A Deputación aportará 95 euros.

  • O Concello aportará 35 euros.
  • A cantidade restante será aboada polo mozo/a participante.

12.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN
Conforme establece o artigo 17.3.i) da LXS, para proceder ó pago da subvención, a empresa adxudicataria presentará xunto coas facturas, os listados dos escolares participantes por saída e colexio, cun prazo máximo dun mes a partir da última saída.

O pago das subvencións realizarase directamente no número de conta da empresa especializada en xestión de viaxes, así como tamén o pago do importe dos alumnos/as.

13.- PRAZO DE VIXENCIA
As presentes Bases terán unha vixencia correspondente a todo o exercicio do ano 2009.

14.- RECURSOS
Contra estas Bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar; neste caso poderá intepoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da lei 29/1998, da Xurisdicción Contencioso-administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Asemade, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado.

15.- DEREITO SUPLETORIO
Para o non desposto nas presentes Bases contemplarase o establecido nas Bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.

  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).
  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (RLXS)
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
  • R.D. Lex. 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
  • Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
  • Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
  • Bases de execución do orzamento de 2008.



Boletín Oficial da Provincia, data 23/12/2008, número 248, páxina 20, anuncio 2008012897.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/01/2009 08:19
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/