[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 23 DE XANEIRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Perfil do contratante
Subvencións, axudas, bolsas...
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

organismo autónomo Turismo Rías Baixas

Convocatoria pública para a concesión de subvencións
de bolsas de colaboración para realizar tarefas
de información en oficinas de Turismo
da Provincia de Pontevedra durante o ano 2009

bases
ANEXO I-SOLICITUDE 1 | ANEXO II-SOLICITUDE 2
ANEXO III-XUSTIFICACIÓN 1 | ANEXO IV-XUSTIFICACIÓN 2

BASES

1.- OBXECTO
Constitúe o obxecto das presentes bases definir as condicións e o proceso que se seguirá para a concesión de subvencións de bolsas de colaboración de Diplomados en Turismo ou Ciclo Superior de Información e Comercialización Turística, para realizar tarefas de información en oficinas de turismo da provincia de Pontevedra durante o ano 2009, que outorga o Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas, dependente da Deputación de Pontevedra.

2.- BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas subvencións aqueles Concellos, Mancomunidades ou entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que dispoñan dunha oficina de información turística aberta ó público na mesma.

3.- CARACTERÍSTICAS DAS BOLSAS DE COLABORACIÓN
Cada bolsa terá unha duración máxima de seis meses, sendo competencia do Consello Reitor deste organismo a aprobación do prazo definitivo, que poderá ser inferior tendo en conta o número de solicitudes recibidas e a dispoñibilidade orzamentaria.

Cada entidade interesada poderá solicitar un número máximo de tres bolseiros/as, a razón de 1000 € brutos/mes en xornadas de oito horas, ou en todo caso, o importe correspondente as horas traballadas, do cal este organismo financiará hasta un máximo do 50%.

4.- CARACTERÍSTICAS DOS BOLSEIROS/AS
Os bolseiros/as deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ser español/a ou nacional dun país membro da Unión Europea, residente en España , preferiblemente con residencia na provincia de Pontevedra.
  2. Estar en posesión do Título de Diplomado en Turismo ou Ciclo Superior de Información e Comercialización Turística.
  3. Non ter cumpridos 30 anos.

5.- ORZAMENTO
A dotación económica é de 180.000 € con cargo a partida 09/875.751.462.03 do presuposto do O.A.L. Turismo Rías Baixas, a distribuír entre as entidades beneficiarias, tendo en conta o período da bolsa e contía das subvencións aprobadas polo Consello Reitor deste organismo.

6.- SOLICITUDES
As solicitudes se formalizaran no modelo normalizado ANEXO I desta convocatoria, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e nas páxinas web do O.A.L. Turismo Rías Baixas www.riasbaixas.depo.es, e da Deputación de Pontevedra: www.depontevedra.es.

As entidades solicitantes desta axuda deberán especificar no ANEXO I da solicitude a duración das bolsas, que poderá ser en períodos discontinuos, tendo en conta ás necesidades de cada oficina de información turística.

Ditas solicitudes dirixiranse o Ilmo. Sr.Presidente do O.A.L.Turismo Rías Baixas, achegando a seguinte documentación:

  1. Certificado do Secretario de non estar incursa a entidade en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións, previsto no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. (ANEXO II)
  2. Certificado do Secretario de estar ó corrente das obrigas adquiridas con Turismo Rías Baixas por subvención recibidas en anos anteriores. (ANEXO II)
  3. Certificado de estar ó corrente das obrigas tributarias có Estado e cá Seguridade Social. No caso de concellos, poderán sustituir este requisito por unha declaración responsable.
  4. Certificado do Secretario de que esta entidade se compromete a financiar con fondos propios o 50% das bolsas que lle sexan concedidas. (ANEXO II)

7.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro do OAL Turismo Rías Baixas, de luns a venres en horario de 09:00 a 13:00 horas, durante 30 días naturais á contar dende o día seguinte a data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, pudendo presentarse por calquera dos procedementos establecidos polo artigo 38.4º da Lei 30/92 do 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo Común.

Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, deberá xustificarse a data e hora do envío antes de que finalice o prazo de presentación das solicitudes, mediante comunicación por fax ó numero 986 868 750 do .O.A.L.Turismo Rías Baixas

Se o último día de finalización do prazo coincidira en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado o mesmo ata ó seguinte día hábil.

O prazo de resolución de esta convocatoria será de seis meses, a contar dende a data de publicación da mesma no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

8.- OBRIGAS DA ENTIDADE BENEFICIARIA
Cada entidade beneficiaria deberá cumprir as seguintes obrigas:

  1. Costear con fondos propios como mínimo o 50% das bolsas concedidas.
  2. Velar polo correcto funcionamento do punto de información, dotándoo de material necesario para o correcto funcionamento.
  3. Cumprimento de horarios de apertura e peche da oficina de información turística aprobado polo Consello Reitor.
  4. Dar publicidade do financiamento por parte deste organismo, mediante a colocación dun cartel informativo sempre visible na oficina de información turística.
  5. Deberán aboar, de forma mensual, a cada bolseiro/a a cantidade de 1000 € brutos por xornada de oito horas, ou en todo caso, do importe correspondente as horas traballadas durante o período da bolsa.
  6. No caso de renuncia da subvención concedida, a entidade beneficiaria deberá comunicalo mediante escrito dirixido ó Consello Reitor de este organismo, indicando os motivos da mesma.
  7. No caso de variación do número de bolseiros/as e/ou o período solicitado inicialmente, a entidade deberá comunicalo mediante escrito dirixido o Consello Reitor de este organismo, indicando os motivos, número de bolseiros/as e período definitivo das bolsas.
  8. Cada entidade beneficiaria estará obrigada a garantizar que os bolseiros/as cumpran ca uniformidade establecida por este organismo.

9.- COMITÉ SELECCIONADOR DOS BOLSEIROS
Cada entidade beneficiaria, unha vez recibido o acordo de concesión da subvención, deberá formar un comité para a selección dos bolseiros/as, tendo en conta criterios de publicidade e concorrencia competitiva.

Entre os membros do comité seleccionador de cada bolseiro/a deberá figurar un técnico de Turismo do O.A.L. Turismo Rías Baixas, que será solicitado mediante escrito dirixido a este organismo, cunha antelación de tres días a data de celebración do mesmo.

En caso de que exista algún concello ou entidade que fixera a selección do bolseiro/a con anterioridade a concesión da subvención, deberá remitir ó expediente correspondente a mesma a Turismo Rías Baixas, para que dita selección sexa validada polo Consello Reitor deste organismo.

10.- UNIFORMIDADE DOS BOLSEIROS
Cara unha unificación dos criterios informativos a nivel provincial, o O.A.L. Turismo Rías Baixas establecerá unha xornada de presentación ou formación na súa sede (Palacete das Mendoza, pza. de Santa María s/n. Pontevedra), co obxectivo de establecer pautas a seguir para unha información óptima e de calidade, colocación de elementos comúns de soporte de materiais, enquisas, estatísticas de satisfacción do turista, etc.

Asemade, estableceranse criterios xerais de uniformidade e dotarase a cada bolseiro/a do vestiario correspondente, coa finalidade de unificar a imaxe de todos os bolseiros das oficinas de información turística da provincia.

11.- XUSTIFICACIÓN ECONÓMICA
O importe a aboar a cada entidade beneficiaria será satisfeito unha vez finalizada a duración da bolsa e presentada a correspondente xustificación da subvención, tendo en conta os criterios establecidos no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

A xustificación económica presentarase nun prazo máximo de dous meses a partires da finalización da bolsa, achegando a seguinte documentación:

  1. Declaración de que por parte da entidade se realizou publicidade da axuda recibida sinalando o importe da financiación por parte deste organismo (ANEXO III)
  2. Declaración de que tódolos documentos correspondentes a actividade subvencionada, se encontran no domicilio do beneficiario a disposición do O.A.L.Turismo Rías Baixas para o seu exame (ANEXO III)
  3. Certificado do Secretario de non recibir outras axudas para esta mesma finalidade (ANEXO III)
  4. Certificación do Secretario ou Interventor da entidade onde conste o número de bolseiros/as, importe aboado, período de duración e horas traballadas das bolsas concedicas. (ANEXO IV)
  5. Certificado de domiciliación bancaria co nº de conta da que é titular a entidade.

    No caso de entidades ou corporacións sen animo de lucro, ademais da anterior documentación, deberán presentar:

  6. Conta xustificativa de ingresos e gastos, firmada polo responsable da entidade.
  7. Copia compulsada de nóminas, comprobantes de pago ou documento probatorio similar do importe satisfeito ós bolseiros.

    No caso de que a entidade beneficiaria non presente a xustificación no prazo establecido, darase por perdida dita subvención.

12.- CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Para garantir o cumprimento das condicións que se esixen nesta convocatoria os técnicos de turismo do O.A.L.Turismo Rías Baixas velarán para que se realicen correctamente as actuacións previstas. Neste caso, poderán efectuarse as oportunas inspeccións, emitindo o correspondente informe de valoración, pudendo solicitar en calquera momento a información que consideren necesaria sobre a xestión e funcionamento da oficina de información.

13.- RÉXIME XURÍDICO
Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas Bases de Execución do Orzamento do O.A.L. Turismo Rías Baixas e da Deputación de Pontevedra para o 2009, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, así como, a demais normativa de pertinente aplicación.

Pontevedra, 16 de Marzo de 2009
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 01-04-09, número 62, páxina 18, anuncio 2009003221.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/11/2009 12:45
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/