[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Ponteareas » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Ponteareas
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
PONTEAREAS 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariouse un total de 2.839 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas dende 1836 a 2003. Supón isto a conservación dunha porcentaxe considerable da documentación producida, especialmente nas últimas décadas, correspondendo na súa maior parte ó século XX.

Destaca do fondo a conservación case que total das actas do Concello, Comisión Permanente, de Goberno. O maior volume corresponde á documentación presupostaria, dende 1886; á contribución territorial rústica, dende 1853; ás obras municipais, dende 1890 e ó control das licencias de obras a particulares dende 1928.

Son moitas as series onde é notable a perda documental; entre elas destaca a referida ás eleccións, con documentación só dende 1946; ás quintas e milicias, dende 1938; á poboación, dende 1924 e ó persoal municipal, dende .

A totalidade deste conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 18.685 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 13:31
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/