[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 16 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Perfil do contratante
Subvencións, axudas, bolsas...
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Bases de axudas a confrarías de pescadores,
federación provincial e asociacións de confrarías
da provincia de Pontevedra 2009

bases | anexos

anuncio

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación provincial na súa sesión ordinaria do día 15 de xullo de 2009, adoptou, entre outros o seguinte acordo:

A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó exercicio 2009.

1.— OBXECTO

Constitúe o obxecto das presentes bases definilo conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que otorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de CENTO VINTECINCO MIL (125.000,00) EUROS con cargo á partida presupostaria 09/711.711.779.02, para a mellora de infraestructuras e equipamento.

MateriaProgramaPartidaOrzamento
PESCA Axudas a confrarías de pescadores, federación provincial e asociacións de confrarías de pescadores da provincia 09/711-711-779.02. 125.000,00 €


2.— TIPOS DE INVESTIMENTOS QUE PODERÁN ACCEDER A UNHA AXUDA
As axudas destinaranse ó finanzamento de proxectos que melloren a infraestructura e equipamento destas entidades nas seguintes materias:

  • Mellora na comecialización, equipamento das lonxas, puntos de control, etc.
  • Inversións relativas á seguridade, hixiene e saúde no traballo.
  • Reparación e equipamento dos edificios sociais.
  • Equipamento para a execución das labores de vixíancia.

Estas axudas serán compatibles con outras cós mesmos obxectivos, de tal maneira que o importe da subvención concedida en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concurrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade a desenvolver polo beneficiario.

O importe da axuda non poderá superar o 50% do custo da finalidade que se subvenciona, salvo casos especíais debidamente acreditados, nos que por razóns de interese público, económico ou social da provincia se poida conceder unha porcentaxe superior.

3.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas as confrarías de pescadores e asociacións de confrarías da provincia de Pontevedra.

4.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, na súa sede de Vigo, no Servicio Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es

Ditas solicitudes asinadas polo patrón maior da confraría ou presidente da entidade, dirixiránse ó lmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando a seguinte documentación:

  • Proxecto da inversión proposta cara ó ano 2009, asinada polo patrón maior da confraria ou presidente da federación ou asociación, no seu caso, cunha memoria explicativa das accións a desenvolver, os obxectivos que se pretenden acadar, prezos descompostos das distintas actividades a desenrolar, cronograma dos traballos, accións de seguimento e número de personas beneficiadas polo proxecto.
  • No caso que os gastos subvencionables superen os 30.000,00.—€ no caso de execución de obras, ou 12.000,00 € no caso de suministros de bens de equipo, servios, etc, deberán presentarse tres ofertas xustificando a preferencia da adxudicación efectuada.
  • Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin.
  • Declaración asinada polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación conforme a confraría ou asociación que representa non está incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para para poder percibir subvencións da administración, conforme o disposto no atigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, e coñece e acepta as Bases da convocatoria.
  • Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas.
  • Certificación bancaria na que conste o titular, o número e conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda.

As entidades poderán solicitar só unha subvención por cada proxecto con cargo á presente convocatoria.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicita-las aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezcan sobre a actuación proposta.

5.— VALORACIÓN E CONCESIÓN DAS AXUDAS
Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación, unha vez vistas as solicitudes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

  • nº de persoas beneficidas pola actuación ata un máximo de 10 puntos.
  • características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos.

As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños.

O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños.

6.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación o una súa sede de Vigo e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes.

Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, aquelas solicitudes que, por circunstancias imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito destinado a estas axudas para a sua concesión directa, tal e como se establece na Base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial.

7.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, éstas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación, nun prazo máximo de seis (6) meses, da realización das accións previstas, que deberá facerse tendo en conta o establecido no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servicio Agrario informarán sobre a realidade do investimento.

Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.

Para o pago da subvención terase en conta o seguinte:

  1. No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
  2. No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.

Para cobra-la subvención as entidades deberán presenta-la seguinte documentación:

  • Memoria xustificativa conforme as accións obxecto do proxecto foron realizadas cumprindo as condicións impostas na concesión da axuda.
  • Conta xustificativa dos gastos, asinada polo representante legal da entidade, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda.
  • Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación coa data do día no que se presente dita xustificación.
  • Relación detallada das axudas económicas concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin, para dar cumprimento ó establecido no artigo 72.1 do reulamento da lei Xeral de Subvencións.
  • Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito.
  • Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servicio provincial de Intervención. Asimesmo esixirase non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, tal e como prevê a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase nun prazo de seis meses a partir da data de concesión da axuda, se ben antes de finaliza-lo prazo éste poderá ampliarse un máximo de tres meses solicitando a entidade interesada por escrito prórroga do mesmo.

O prazo máximo para resolver e notifica-la resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda.

8.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Os técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflictindo o resultado no correspondente informe, así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

9.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recaudación.

10.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2008, o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación.

Pontevedra, 3 de Agosto de 2009


Boletín Oficial da Provincia, data 03-08-2009, número 147, páxina 9, anuncio 2009008527.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/08/2009 14:47
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/