[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina [1] 2 3
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

deputación de Pontevedra

Bases da convocatoria de dúas bolsas de licenciado universitario en Historia, con destino ó Servizo de Patriomonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Ponteveda

bases | Modelo de Solicitude | relación de aspirantes admitidos e excluídos
Candidatos propostos pola comisión seleccionadora
Relación de aspirantes en pdf
Candidatos propostos pola comisión seleccionadora EN PDF

Bases da convocatoria de dúas bolsas de Licenciado Universitario en Historia, con destino ao Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación Provincial de Pontevedra.

De conformidade coa proposta do xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, por acordo adoptado na Xunta de Goberno en sesión que tivo lugar o día 5 de agosto de 2009, esta Deputación convoca dúas bolsas de licenciados universitarios en Historia, consonte as seguintes

BASES

PRIMEIRA.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión de dúas bolsas, que teñen por obxecto a realización de tarefas de investigación e colaboración relacionadas cos arquivos municipais da provincia, e está destinada a licenciados universitarios en Historia.

SEGUNDA.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de licenciado en Historia, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.

TERCEIRA.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.100 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 09/454-451-481.01 do orzamento provincial.

O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de utilización da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O uso das bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.

CUARTA.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias nas que se solicite tomar parte no concurso dirixiranse ao presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
  4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que faga uso da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

QUINTA.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: O da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    • Un deputado provincial
    • O xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico
    • Un funcionario técnico superior pertencente á Deputación de Pontevedra
  • Secretario: O da Deputación de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SEXTA.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección dos bolseiros/as efectuarase mediante o sistema de Entrevista Persoal. A Entrevista será puntuada entre cero (0,00) e cinco (5,00) puntos e nela a Comisión Seleccionadora formulará cantas preguntas considere opòrtunas, sobre aspectos relacionados có desempeño da Bolsa, a fin de determinar a sua idoneidade a na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular.

Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios o listado de puntuacións obtidas.

SÉTIMA.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas aos aspirantes que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo co especificado na cláusula sexta das presentes bases.

O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

OITAVA.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que os adxudicatarios comezaron o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Xunta de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e utilización desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

NOVENA.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación resérvase o dereito a destruír dita documentación.

DÉCIMA.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes bases.

UNDÉCIMA.— DEREITOS SUPLETORIOS
A convocatoria da bolsa e a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ao previsto nas presentes bases e ademais, ao previsto na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 30 de xuño de 2009
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 20-08-2009, número 160, páxina 3, anuncio 2009009221.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/10/2009 12:42
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/