[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 21 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Plan agrupado de formación continua para o ano 2009
2º semestre

Bases | Persoal Deputación | Zona Pontevedra | Zona do Salnés | Zona Sur Semipresenciais | Academia Galega de Seguridade Pública | Cursos do INAP
Cursos de Especialización | Modelo de solicitude | Modelo de declaración

No Marco do IV Acordo de Formación Continua nas Administracións públicas e con cargo á subvención do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) para o Plan Agrupado de Formación Continua do ano 2009, a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial en sesión celebrada o día 26 de agosto de 2009, acordou aprobar a Convocatoria das Accións Formativas programadas para o segundo semestre de 2009 coa participación dos Concellos interesados, Instituto Nacional de Administración Pública e Academia Galega de Seguridade, que se rexerá polas seguintes:

BASES

PRIMEIRA.- Destinatarios
Persoal da Deputación Provincial e Organismos Autónomos e dos Concellos que se adheriron ó Plan Agrupado de Formación, do que forman parte os seguintes: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas de Morrazo, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelo de Montes, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.

SEGUNDA.- Normas xerais de inscripción

  1. Poderán participar nas accións formativas que se convoquen, os destinatarios contemplados na Base Primeira, que se atopen en Servicio Activo ou o persoal que estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, adopción internacional ou en excedencia por coidado de fillos e familiares, que poderán participar nos cursos consonte establece o artigo 57.4 e 76.4 do Decreto Lexislativo 1/2008 de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia.
  2. Durante o ano soamente se poderá solicitar un máximo de seis (6) Cursos.
  3. En ningún caso se poderá participar nun curso se xa se fixo previamente, excepto si fai máis de cinco anos que se realizou e haxa menos solicitudes que prazas.
  4. Non se poderá participar nunha actividade formativa se ao inicio do curso se está en situación de incapacidade temporal, quedando automáticamente excluído/a da relación de aspirantes seleccionados.
    Esta circunstancia deberá ser comunicada por escrito ó Servizo de RR.HH. e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir a vacante e evitar a penalización, que suporá o non ser admitido en ninguna outra actividade formativa no transcurso dos doce (12) meses seguintes ó coñecemento desta circunstancia, así como a non expedición do Diploma correspondente á Acción Formativa na que participou.
  5. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nas mesmas datas. No caso de que se detecte con posterioridade, non se acreditará ningún dos cursos.
  6. A falsidade ou ocultación de datos para a xestión dos cursos, dará lugar á exclusión automática do curso ou cursos solicitados, así como a imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano, computado desde a data na que se detecte o feito.
  7. No caso de que o profesional seleccionado para a realización dunha actividade formativa decide non asistir a ela, deberá comunicar a súa renuncia ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, como mínimo con un (1) día naturais de antelación á data de inicio. De non facelo así, salvo causa xustificada debidamente valorada, non será admitido en ninguna outra actividade formativa no transcurso dos doce (12) meses seguintes ó coñecemento desta circunstancia.
    A renuncia fóra de prazo ou o abandono das actividades en causa xustificada documentalmente, levará unha valoración negativa das solicitudes que realice durante o prazo dun ano, computada desde a data na que se produzca o feito.

TERCEIRA.- Solicitudes
As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da Convocatoria, Anexo I cuberto en tódolos epígrafes. As solicitudes dirixidas ó Sr. Presidente da Corporación Provincial, presentaranse a través do Rexistro Xeral deste Organismo Provincial ata o día 10 de setembro de 2009.

Poderán ser excluídas automáticamente aquelas solicitudes que non teñan correctamente cubertos os datos necesarios para realizar o proceso de selección de alumnos.

CUARTA.- Agrupación por zonas
Nas actividades formativas detalladas no Anexo I agrupadas por zonas, serán destinatarios preferentes os traballadores/as dos Concellos que formen parte de cada una delas, se ben para os supostos nos que non haxa suficientes solicitudes, poderán participar os empregados/as doutros Concellos.

QUINTA.- Selección
Os participantes serán seleccionados consonte os seguintes criterios:

1º. Ser necesariamente destinatario, de conformidad co establecido no Anexo para cada curso. Serán excluídos os que xa teñan feito o mesmo curso, nos termos detallados na Base segunda, punto terceiro.

2º. Unha vez aplicado o criterio anterior, de existir máis solicitudes que prazas, Terán preferencia na selección os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e os obxectivos do curso.

3º. En caso de empate, terán preferencia aqueles alumnos que teñan menor número de cursos realizados no ano anterior.

4º. Terán prioridade os empregados públicos con vínculo fixo sobre os temporais.

5º.Terán prioridade os empregados con maior número de tempo de servizos prestados, acreditados coa certificación correspondente.

6º. Os que posúan o menor número de cursos realizados nesta Deputación, Escolas, Institutos de Administración Pública ou outros similares.

SEXTA.- Modificacións
A Deputación Provincial resérvase a facultade de interpretar e resolvelas incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

SÉTIMA.- Certificado de asistencia
Outorgaráselles un certificado de asistenza ós alumnos que participen con regularidade nos cursos, sempre e cando a súa inasistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 10 % das horas lectivas programadas.

A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado.

OITAVA.- Outros Cursos
Os cursos programados para o ano 2009, en colaboración có INAP, rexeranse pola súa normativa específica.

Pontevedra, 26 de agosto de 2009
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data , número , páxina , anuncio .

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/09/2009 13:23
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/