[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 17 DE XANEIRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA DUNHA BOLSA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA LICENCIADO/ A UNIVERSITARIO/A OU ENXEÑEIRO/A SUPERIOR OU TITULACIÓNS SUPERIORES AFÍNS, PARA REALIZAR TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN NA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO, EN COLABORACIÓN COA MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

bases | Solicitude de admisión
Relación de aspirantes admitidos e excluídos | Resultado da selección

De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigo 105 da Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia , esta Deputación Provincial convoca unha Bolsa de Licenciado/a Universitario ou Enxeñeiro/a Superior ou titulacións superiores afíns, para a realización de traballos de investigación na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia consonte as seguintes bases:

PRIMEIRA.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se seguirá para a concesión, por concurso de méritos dunha bolsa que ten por obxecto a realización de tarefas de Investigación dentro das liñas de traballo “PAPEL DOS COMPOSTOS FENOLÍCOS NOS MECANISMOS DE DEFENSA DA VIDE FRONTE A PATÓXENOS DE ORIXE FÚNXICA”, baixo a dirección de D.Pedro Mansilla Vázquez (Estación Fitopatolóxica do Areeiro) e D. Antón Masa Vázquez (Misión Biolóxica de Galicia).

SEGUNDA.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de Licenciado en Bioloxía ou Enxeñeiro Superior Agrónomo ou titulacións universitarias superiores afíns, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa.

TERCEIRA.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Esta bolsa figura cunha dotación económica de 1.100€/mes, que se imputarán a la partida presupuestaria 714.714.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da mesma para os casos nos que o bolseiro/a inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce da bolsa será incompatible con calesquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión.

CUARTA.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  1. As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:
    1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
    2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
    3. Certificado do expediente académico, onde deberá figurar a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no RD 1497/87, modificado por RD 1267/94, así coma curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
    4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
    5. Memoria anteproxecto do traballo de investigación que se propón có visto e prace dos investigadores responsables da dirección da bolsa.
    6. Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.
  2. En canto á presentación das solicitudes,ademáis do recollido no apartado primeriro desta clásusula, os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23 puntos 3,4 e 5 de Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, en todo aquello que lles sexa de aplicación.

QUINTA.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Secretario: o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira, con titulación superior, en quen delegue.
  • Vogais:
    • Un deputado provincial, ou persoa en quen delegue.
    • O Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica ou persoa en quen delegue.
    • Un especialista no tema obxecto do traballo de investigación, a designar pola Deputación de Pontevedra.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SEXTA.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección dos bolseiros efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:

  1. Polo expediente académico ata un máximo de catro (4) puntos. No caso de que no mesmo, non conste a nota media exixida na cláusula 4.1.c), será valorado con (0,00) cero puntos.
  2. Pola memoria, anteproxecto, ata un máximo de dous (2) puntos.
  3. Por ter asistido a xornadas, congresos, seminarios ou cursos de formación e perfeccionamiento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidade Autónoma e Administración Local, universidades, colexios oficiais ou escolas de Administración Pública relacionados coa actividade obxecto da convocatoria, ata un máximo de dous (2) puntos, computándose do xeito que se indica a continuación:
    DURACIÓN/HORASPUNTUACIÓN
    1.De 100 ou máis horas0,25 puntos
    2.De entre 60 e 99 horas0,20 puntos
    3.De entre 30 e 59 horas0,15 puntos
    4.De entre 10 e 29 horas0,10 puntos
    5.De 10 ou máis créditos0,25 puntos
    6.De entre 6 e 9 créditos0,20 puntos
    7.De entre 3 e 5 créditos0,15 puntos
    8.De entre 1 a 2 créditos0,10 puntos

No suposto de non acreditarse a duración dos cursos, estes valoraranse a razón de 0,05 puntos por curso.

ENTREVISTA: Manterase unha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, e na que, entre outras cousas, os membros da Comisión formularán as preguntas e aclaracións que consideren pertinentes sobre o proxecto proposto na Memoria-anteproxecto, cuxa valoración non excederá de dous (2) puntos.

Os listados de aspirantes admitidos e excluídos e data e lugar de celebración da Entrevista, será publicados no Taboleiro de Anuncios da Deputación Provincial de Pontevedra e na páxina web www.depo.es.

SÉTIMA.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación de acordo co baremo especificado na cláusula sexta das presentes Bases. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

OITAVA.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o/a adxudicatario/a comece o seu desempeño na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, prorrogables por un único período de seis meses, previo informe favorable do Xefe do Servizo.
  2. A bolsa serán incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O/a beneficiario/a da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina dos centros onde se desenvolva o traballo de investigación, có fin de non entorpecer o labor do persoal dos centros e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado cos citados centros.
  4. O/a beneficiario/a da Bolsa deberán suscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro Seguro Privado.
  5. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  6. A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación cos seus curriculum.

A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

NOVENA.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación.

DÉCIMA.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do proceso así coma no non previsto nas presentes Bases.

UNDÉCIMA.— RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria da bolsa e a selección do bolseiro/a así como a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ao previsto nas presentes Bases, e ademáis, ó disposto na Lei Xeral de Subvencións (Lei 38/2003 de 17 de novembro) e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común ( Lei 30/1992 de 26 de novembro, modificada pola lei 4/1999).

Pontevedra, 14 de outubro de 2009
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 23-10-2009, número 205, páxina 41, anuncio 20090011520.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/11/2009 15:09
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/