[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura » Plan Cultural » Plan Cultural 2010
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Plan Cultural 2013
Plan Cultural 2012
Plan Cultural 2011
Plan Cultural 2010
Plan Cultural 2009
Plan Cultural 2008
Plan Cultural 2007
Plan Cultural 2006
Plan Cultural 2005
Plan Cultural 2004
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

PLAN CULTURAL 2012 

Deputación de Pontevedra

Plan Cultural 2010

Bases | Solicitude de inclusión
Solicitude de actuación | Relación de grupos

Bases

1.- OBXECTO
A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, agrupacións, entidades e asociacións culturais, retribuirá coas contías que se establecen para este fin por un importe total de 400.000,00 €, con cargo á aplicación 10/330.334.226.09 do orzamento provincial do ano 2010, ós grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ó longo do presente exercizo.

2.- DESTINATARIOS
Poderanse acoller a estas axudas as seguintes agrupacións da provincia:

Bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc.

3.- PRAZO
Os interesados cubrirán a solicitude de inclusión neste plan, que presentarán no rexistro xeral deste organismo desde o día seguinte ó da súa publicación no BOP deica o 15 de febreiro de 2010, no modelo oficial que facilitará o departamento de Cultura, acompañada da documentación prevista na base 8.

As agrupacións interesadas na súa inclusión e carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo.

4.- SELECCIÓN
A selección e inclusión dos grupos peticionarios levaraa a cabo a Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva.

5.- RETRIBUCIÓN
Cada actuación retribuirase cos seguintes importes:



TIPO DE GRUPOImporte/€
ANIMACIÓN INFANTIL 210,00 €
BAILE MODERNO 210,00 €
BALLET 240,00 €
BANDAS DE GAITAS 240,00 €
BANDAS DE MÚSICA (A) 600,00 €
BANDAS DE MÚSICA (B) 500,00 €
BANDAS DE MÚSICA (C) 450,00 €
CANTAUTORES 210,00 €
CLÁSICOS (A) 240,00 €
CLÁSICOS (B) 210,00 €
GRUPOS DE GAITAS 170,00 €
GRUPOS DE PLAYBACK 210,00 €
GRUPOS FLOCLÓRICOS (A) 270,00 €
GRUPOS FLOCLÓRICOS (B) 210,00 €
GRUPOS FLOCLÓRICOS (C) 170,00 €
GRUPOS FOLK 270,00 €
GRUPOS MÚSICO-VOCAL 210,00 €
HUMORISTAS 210,00 €
MAJORETTES 210,00 €
MASAS CORAIS(A) 270,00 €
MASAS CORAIS (B) 240,00 €
ORQUESTRAS CLÁSICAS 340,00 €
OUTROS FOLCLORES210,00 €
PANDERETEIRAS 240,00 €
POETAS 210,00 €
GRUPOS DE POP-ROCK 210,00 €
ROLDAS 240,00 €
GRUPOS DE TEATRO (A) 500,00 €
GRUPOS DE TEATRO (B)375,00 €
MAXIA 300,00 €

6.- PAGAMENTO
O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura, facilitado polo departamento de Cultura, debidamente cuberto e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria xunto coa copia da autorización da actuación. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data de actuación, quedando sen efectos transcorrido o dito prazo.

Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF emitido por Facenda.

Os solistas e agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) e a lexislación de desenvolvemento.

7.- OBRIGAS DAS AGRUPACIÓNS
As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio.

8.- DOCUMENTACIÓN
Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación:

  1. Fotocopia do CIF da entidade
  2. Certificación da conta bancaria
  3. Relación nominal de compoñentes e DNI

De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que ser presentada se xa se presentou nos derradeiros anos, sempre que non houbera variación nela.

9.- CLASIFICACIÓN
As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira:

  1. BANDAS DE MÚSICA: as que teñan
    1. un mínimo de 70 membros e unha escola de música
    2. un mínimo de 50 membros
    3. un mínimo de 35 membros

    Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar:

    • Relación de alumnos e profesorado da escola de música facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial.
  2. MASAS CORAIS: as que teñan
    1. un mínimo de 50 membros
    2. un mínimo de 30 membros
  3. GRUPOS FOLCLÓRICOS: os que teñan
    1. 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc.
    2. 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile
    3. 16 membros e grupo instrumental propio

    Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar:

    • Relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI
    • Relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI
    • Relación de alumnos da escola de baile
  4. TEATRO Para ser incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar:
    • Programación para desenvolver e custo de montaxe
  5. MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL E VARIOS Música clásica:
    1. Grupo A: grupos de cámara
    2. Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos
    3. Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento)

10.- SOLICITUDES DAS ACTUACIÓNS
As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para: concretar a data de actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún.

As peticións para actuacións destes grupos solicitaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración. Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada.

11.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS
A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios e porcentaxes:

  • Adecuación da actuación ó interese provincial 40%
  • Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver 20%
  • Número posible de beneficiarios do evento 20%
  • Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación 20%

12.- VIXENCIA
O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2010, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.



Boletín Oficial da Provincia, data 19-01-2010, número 11, páxina 31, anuncio 2010000205.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/04/2010 10:31
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/