[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 20 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCION ACTIVIDADES (PAM)
ANO 2010

Bases | Solicitude | Anexo I
Anexo II | Reformulación de solicitude

Bases

A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e consciente da importancia de promover, fomentar e impulsar actividades para concellos e outras entidades locais, dadas as carencias de recursos das mesmas, aprobar as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas dentro do Plan de Acción Municipal, Sección Actividades para o exercicio 2010, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, que son as seguintes:

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCION ACTIVIDADES (PAM), PARA O EXERCICIO 2010

PRIMEIRA.- OBXECTO
A finalidade desta convocatoria é subvencionar aquelas actividades culturais e deportivas, xestionadas libremente polas entidades locais, coa finalidade de apoiar e contribuír ó desenvolvemento sociocultural e deportivo dos concellos e demais entidades locais da provincia na realización de actividades, durante o ano 2010.

O obxectivo das actividades que se acollan ás subvencións deste Programa de Acción Municipal, Sección Actividades, será asegurar a prestación integral e adecuada ós Servizos de competencia municipal, dirixido a tódolos concellos e outras entidades locais da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes.

Poderán ser obxecto da subvención as actividades organizadas polas entidades locais seguintes:

1º.- As actividades culturais, que contribúan ó desenvolvemento, cultural, educativo e social das persoas do municipio ou da entidade local beneficiaria ou que teñan relación co/a mesmo/a, e que o seu Plan de Execución teña lugar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do exercicio 2010. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención son as que deseguido relacionamos:

  1. Actividades de difusión cultural, favorecedoras da extensión e divulgación da cultura, como son as proxeccións de cine, vídeo, representacións teatrais, música, folclore e tradición, viaxes estritamente culturais dun día de duración ou máis e outros eventos semellantes.
  2. Actividades artísticas, favorecedoras da creatividade e a iniciativa cultural, como son o fomento dos grupos de teatro, grupos musicais, creacións literarias tales como revistas culturais, científicas, recitais, concursos literarios, etc.
  3. Actividades lúdicas, favorecedoras do esparcimento e ocio, como son festexos tradicionais folclóricos, semanas culturais, etc.
  4. Actividades formativas, favorecedoras da promoción educativa, cultural e profesional das persoas do municipio/entidade local como son cursos de formación xeral, ciclos culturais, conferencias socioculturais, encontros e xornadas de estudio, etc.
  5. Calquera outra actividade cultural semellante ás anteriores.

2º.- As actividades deportivas, que contribúan ó desenvolvemento deportivo e de esparcimento, con repercusión que incida na promoción deportiva dentro da provincia de Pontevedra, con Plan de Execución que teña lugar entre el 1 de xaneiro e o 31 de decembro do exercicio 2010, e que se detallan a continuación:

  1. Actividades organizativas de eventos deportivos puntuais, tales como a organización de campionatos, ligas, etc.
  2. Actividades participativas en eventos deportivos, de carácter puntual e extraordinario.
  3. Actividades de fomento deportivo, sendo a súa finalidade a promoción, fomento e formación deportiva con carácter específico ou inespecífico.
  4. Calquera outra actividade deportiva semellante ás anteriores.

SEGUNDA.- FINANCIAMENTO
O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases.

Dito Programa, por importe de oitocentos mil (800.000,00) euros, financiarase con cargo ó Orzamento de 2010, aplicación 10/942.942.462.00, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos.

TERCEIRA.- REQUISITOS
As actividades culturais e deportivas de ámbito local serán caracterizadas pola concorrencia dos seguintes requisitos:

  1. Libre determinación das entidades locais na elección das actividades que desexan realizar.
  2. Voluntariedade na participación e liberdade das entidades locais de organización de ditas actividades.

CUARTA.- BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas todos os concellos e demais entidades locais da provincia menores de 50.000 habitantes, que desexen acollerse a esta convocatoira e que teñan previsto realizar actividades deportivas e culturais no período comprendido dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano 2010.

Os beneficiarios da subvención estarán obrigados ó seguinte:

  1. A comunicar á Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, incluida a Deputación Provincial de Pontevedra, ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou extranxeiros.
  2. Difundir convenientemente e facer constar en toda información que a actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Pontevedra.
  3. Comunicar ó Servicio de Cooperación calquera eventualidade na actividade ou programa subvencionado, cando afecte a tal subvención e no momento en que aquela se produza.
  4. Proporcionar toda a información que lle sexa requerida polo Servicio de Cooperación encargado do seguimento e evolución das subvencións.

QUINTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACION
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, de luns a sábado, no rexistro da sede de Vigo, de luns a vernes, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

  1. Memoria explicativa da actividade a desenvolver, debidamente asinada polo representante.
  2. Orzamento da actividade a realizar, detallado e debidamente asinado polo representante.
  3. Resolución ou certificación do acordo do órgano competente da Entidade Local no que se determine a actividade e se solicite a subvención para a súa realización.
  4. Certificación do Secretario (ou Interventor) no que conste se a entidade local obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade a subvencionar, e compromiso de comunicar á Deputación as que se obteñan nun futuro.(Anexo I)
  5. Certificación Secretario (ou Interventor) de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo I)

As Entidades Locais deberán presentar as solicitudes especificando as actividades concretas, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude.

Calquera falsidade dos datos presentados dará lugar á pérda da subvención concedida, ademáis doutras medidas que para o caso poida arbitrar a Deputación de Pontevedra.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

SEXTA.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION
As solicitudes irán dirixidas ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, no Rexistro da Sede de Vigo, de luns a venres, ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comenzará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 30 días naturais.

SÉTIMA.- COMPATIBILIDADE
As axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para a mesma actividade, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o 100% do custo real da mesma. A tal efecto, comunicarase á Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, u outros entes públicos ou privados, nacionais ou extranxeiros.

Estas axudas non son compatibles con outras concedidas no exercicio 2010 por outros Servizos da Deputación para a mesma finalidade, nin Organismos Autónomos da mesma, debendo as Entidades Locais comunicar á Deputación ou Organimos Autónomos tal circunstancia de darse o caso.

OITAVA.- CRITERIOS DE CONCESIÓN
A asignación de subvencións ás distintas actividades, sexan culturais ou deportivas, farase en función dos seguintes criterios:

1º.- Porcentaxe de gastos do concello na área cultural-deportiva, con respecto ó orzamento total do concello, correspondente ó último exercicio liquidado. Valorarase ata 10 puntos.

2º.- Ingresos que xera para o concello a realización de actividades e a prestación de servizos culturais e deportivos, correspondentes ó último exercicio liquidado. Valorarase ata 10 puntos.

3º.- Importancia da actividade en función de: tipo de actividade, posibles beneficiarios, impacto e alcance territorial, colaboración con outras entidades (de se-lo caso) e calquera outro indicador que permita valora-la súa incidencia de cara ó fomento cultural-deportivo, que a xuizo da Comisión de Avaliación se deban considerar. Valorarase ata 20 puntos.

NOVENA.- INSTRUCION E RESOLUCION
A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó xefe do Servizo de Cooperación Municipal, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Así mesmo, deberá elaborar un informe-proposta provisional, explicando e motivando a aplicación dos criterios de concesión establecidos na base oitava.

O informe-proposta provisional será sometido a estudo e avaliado pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por:

  • Presidente: O presidente da Deputación ou deputado en quen delegue
  • Vogais: O presidente da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, a xefa do Servizo de Cooperación.
  • Secretario: Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cooperación.

A Comisión de Valoración poderá acadar cantos informes estime necesarios para resolver., e deberá emitir informe respecto das solicitudes de subvención.

Non poderá concederse subvención para unha actividade que teña un orzamento inferior a mil (1.000,00) euros.

O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos á Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se preveé na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. As propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización de Intervención.

Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo real da actividade a desenvolver polo beneficiario.

DÉCIMA.- REFORMULACION DE SUBVENCIONS
Os beneficiarios dunha subvención, por razóns xustificadas, poderán solicitar a reformulación da solicitude presentada cando o importe da subvención proposta sexa inferior ó solicitado. Será no momento da comunicación da proposta provisional de concesión cando os beneficiarios poidan reformular dita solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable e sempre antes de que o órgano competente acorde a concesión da mesma. A nova solicitude, terá que ser aprobada polo órgano competente para a súa concesión e, en todo caso, terá que respetar o obxecto da primeira solicitude, os requisitos previstos nas bases desta convocatoria e demais normas reguladoras de subvencións.

DÉCIMO PRIMEIRA.- PUBLICIDADE
As Entidades Locais que sexan beneficiarias da subvención, deberán darlle a adecuada publicidade do financiamento pola Deputación da actividade obxecto da mesma, mediante as medidas de difusión que consideren adecuadas dado o carácter da actividade, na que se inclúa a imaxe institucional da Deputación Provincial de Pontevedra.

DÉCIMO SEGUNDA.- MODIFICACIONS DE SUBVENCIONS
As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles contados desde a súa notificación.

Unha vez recaída a resolución de concesión, poderase solicitar o cambio ou modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria.

As circunstancias excepcionais serán as seguintes:

  • Non dispor de crédito suficiente, para levar a cabo a actividade.
  • Ter recibido axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados, que cubran o importe da actividade.
  • Ter prioridade na realización doutra actividade, e non conte con crédito de financiamento para levalo a cabo.
  • Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que impida a súa realización.

Non se admitirá o cambio de aplicación ou modificación da actividade subvencionada, se non se solicita antes do día 31 de decembro do 2010, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o presidente ou vicepresidente en quen delegue.

DÉCIMO TERCEIRA.- XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIONS

  1. Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade, os beneficiarios deberán xustificalas antes do día 1 de marzo do 2011
  2. No caso de non poder presentar a xustificación na data establecida no apartado anterior, as entidades beneficiarias poderán solicitar unha ampliación do prazo establecido para a xustificación sempre que non exceda da metade do mesmo e, en todo caso, non supere os tres meses, ademais de que non perxudique dereitos de terceiro.
  3. A solicitude de prórroga deberá obrar nesta Deputación antes de que finalice o prazo de xustificación da actividade subvencionada.
    Será esixida a xustificación do 100% do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención.
    No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención.
  4. Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos:
    1. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acreedor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou; información, no seu caso, das desviacións con relación ó orzamento que serviu de base á concesión). (Anexo II) Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.
    2. Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, debendo corresponder o gasto á actividade subvencionada, e con data comprendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2010 ambos inclusive. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida.
    3. Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade da actividade, con expresa mención dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante.
    4. Certificación do secretario ou interventor (ou funcionario competente) acreditativa de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron á actividade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. (Anexo II)
    5. Declaración do Concello/Entidade Local de darlle difusión á actividade subvencionada, facendo constar a colaboración da Deputación-Area de Cooperación (Anexo II).
      O Servizo de Inspección da Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non sé procederá o libramento da mesma.
    6. Declaración de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas para a finalidade subvencionada ou, de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada (Anexo II).
    7. Declaración responsable de terse realizado a actividade de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención (Anexo II).

O aboamento da subvención practicarase directamente á Entidade Local beneficiaria da subvención.

DÉCIMO CUARTA.- DEVOLUCIÓN E REINTEGRO
As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos:

  1. Por obtelas falseando as condicións requeridas.
  2. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida.
  3. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases.

As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación.

DÉCIMO QUINTA.- APROBACIÓN DAS BASES
De acordo co establecido na Base 16.2 das de execución do orzamento para o 2010 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

DÉCIMO SEXTA.- DEREITO SUPLETORIO
Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOGA nº. 121 de 25/06/2007) e demais lexislación aplicable.

DÉCIMO SÉTIMA.- RECLAMACIÓNS
Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo reguladora da xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei.

ANEXOS DA CONVOCATORIA E MODELOS DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
Todos os anexos referidos nas presentes bases ou modelos normalizados para a solicitude destas subvencións, serán facilitados polo Servizo de Cooperación ou ben a través da súa páxina web (www.depontevedra.es).

Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente.

Pontevedra, 05 de febreiro de 2010
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 09/02/10, número 26, páxina 43, anuncio 20100001219.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/02/2010 11:07
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/