[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

CULTURA 

Deputación de Pontevedra

Bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a entidades para actividades e investimentos
Ano-2010

Bases |Modelo de solicitude

anuncio

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 19 de febreiro de 2010, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS. ANO-2010

A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia.

1.— OBXECTO
A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas físicas e xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercizo actual, así como as destinadas a recuperar e conservar o patrimonio provincial, sendo prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais contribuíndo á modernización e recuperación da nosa cultura así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno.

A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010, convocándose as subvencións que a continuación se detallan:

MATERIA CULTURA
ProgramaAplicación orzamentaria Orzamento
A/10 Actividades culturais xerais 10/330.334.489.05 350.000,00 €
B/10 a.—Instrumentos
b.—Vestiario
10/330.334.789.00 115.000,00 €
C/10 Infraestrutura 10/330.334.789.04 500.000,00 €
D/10 Participación cidadá 10/330.924.489.10 80.000,00 €

O programa A/10 “actividades culturais xerais” diríxese ó financiamento de concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, certames, conferencias, etc.

O programa B/10 “instrumentos ou vestiario” diríxese a financiar ós grupos e ás asociacións musicais da nosa provincia para a adquisición de instrumental ou vestiario propio destes, debendo figurar na solicitude un único concepto.

O programa C/10 “infraestrutura” diríxese ó financiamento para a construción ou a rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc.

O programa D/10 “participación cidadá” diríxese a financiar congresos, feiras, etc. organizadas por entidades, fundacións ou federacións.

2.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro (acreditándose en declaración responsable do representante).
  2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia.
  3. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
  4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

3.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

  • Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade.
  • Fotocopia cotexada do DNI do representante legal.
  • Memoria explicativa dunha actividade concreta ou do investimento a realizar, asinada polo representante.
  • Orzamento detallado dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento a realizar, asinado polo representante. A entidade haberá de solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00 €, para realizar obras, ou superior a 12.000,00 € para adquirir equipamento.
  • No caso de realización de obras ou investimentos, acreditación da titularidade ou, no seu caso, a cesión de uso do ben para o que se solicita a subvención.
  • Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou o investimento para subvencionar.
  • Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria.
  • Certificación ou declaración responsable de estar ó corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social.
  • Declaración do número de socios da entidade.
  • Certificación orixinal dos datos bancarios, ou ben copia cotexada, co nome da entidade peticionaria.

As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social.

As entidades só poderán solicitar unha única subvención por cada programa, presentando expedientes completos por cada solicitude que realicen.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art.70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites.

4.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación:

  • Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
  • Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres)

Ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

5.— VALORACIÓN E CONCESIÓN
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das axudas os seguintes criterios:

  1. Difusión da actividade: de ámbito local, provincial, nacional, internacional, ata 15 puntos.
  2. Número de persoas que participan e se benefician da actividade, ata 15 puntos.
  3. Número de socios da asociación, ata 10 puntos.
  4. Orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos.
  5. Adecuación das actividades ou investimentos ó interese provincial, ata 30 puntos.

O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo da actividade ou investimento que desenvolva o beneficiario.

6.— PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó xefe do Servizo de Cultura, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei xeral de subvencións.

As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por:

  • Presidente: o deputado-presidente da Comisión de Cultura
  • Vogais: dous/dúas técnicos/as do Servizo de Cultura un/unha técnico/a do Servizo de Intervención
  • Secretario: actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cultura

A Comisión de Valoración poderá:

  1. Acadar cantos informes estime necesarios para resolver
  2. Emitir informe respecto das solicitudes de subvención

O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, ó longo do exercizo orzamentario poderanse resolver aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial.

As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente.

A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte no que remate o prazo de presentación da solicitude, sen notificarse a resolución, lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención.

7.— MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN
Tal como establece o art. 64 do Regulamento da Lei xeral de subvencións (Rd 887/2006, de 21 de xullo), unha vez notificada a resolución de concesión, despois de solicitude razoada, o beneficiario da subvención poderá solicitar a modificación do seu contido sempre que se manteña a finalidade da subvención, que poderá autorizarse sempre que non se danen dereitos de terceiros.

Esta solicitude de modificación deberá presentarse no prazo dun mes dende a notificación da concesión e será obxecto de resolución da Presidencia, logo da proposta previa da comisión avaliadora que deberá ter en conta as seguintes circunstancias:

  • Se o orzamento da nova actividade ou investimento é superior ou igual ó orzamento subvencionado inicial, manteranse ditas condicións da subvención concedida: importe da subvención e orzamento subvencionado.
  • Se o orzamento da nova actividade ou investimento é inferior ó orzamento subvencionado inicial, a comisión avaliadora, logo do informe previo do Servizo de Cultura, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo orzamento subvencionado, que serán inferiores ós inicialmente establecidos.

8.— XUSTIFICACIÓN
Unha vez notificada a aprobación das axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento os beneficiarios deberán xustificalas antes do 31 de marzo de 2011.

Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e máis o custo total de cada unidade.
  2. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña demanifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8ª. 2.c das de execución do vixente orzamento provincial.
  3. Os gastos xustificados deberán axustarse no posible ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.
  4. No caso de subvencións de execución de obras ou instalacións que superen os 12.000,00 € poderase esixir un informe previo do técnico provincial.
  5. Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada.
  6. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención.
  7. A xustificación deberá ir xunto cunha memoria da actividade ou do investimento realizado dos resultados obtidos.
  8. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito.

9.— PAGAMENTO
Para pagar a subvención terase en conta o seguinte:

  • No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
  • No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da subvención, que non será de aplicación cando esta sexa de importe inferior a 600 €.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.

Os gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos admitiranse soamente cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta. Os gastos de manutención non superarán o 50% da subvención concedida, obrigándose ós beneficiarios a explicalos detalladamente.

10.— DEVOLUCIÓN E REINTEGRO
As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos:

  1. Por obtelas falseando as condicións requiridas.
  2. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida.
  3. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases.

11.— ÓRGANO DE APROBACIÓN
De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para o ano 2010 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

12.— XURISDICIÓN APLICABLE
Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Asemade, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado.

13.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercizo 2010 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.

Pontevedra, a 22 de febreiro do 2010
O XEFE DO SERVIZO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 01/03/10, número 40, páxina 34, anuncio 2010002045.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/01/2011 09:54
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/