Deputación de Pontevedra
BASES DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO/A CON DESTINO A FINCA MOURISCADE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
De conformidade coa proposta da Xefa do Servizo da Finca Mouriscade e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca unha Licenciado Universitario/a, consonte as seguintes
B A S E S
PRIMEIRA.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, dunha bolsa,que teñen por obxecto a realización de tarefas de investigación
e apoio no laboratorio da Finca Mouriscade.
SEGUNDA.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de
obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
- Estar en posesión do título de : Licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, Ciencias Químicas, Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia e Enxeñería
Agrónoma, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación
de instancias.
- Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
- Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa.
TERCEIRA.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200 €/mes por beneficiario, que se imputará á aplicación 412.412.481.01 do orzamento provincial.
O pagamento da bolsa ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional
ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.
O goce da bolsa será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir
da súa concesión.
CUARTA.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro
xeral da Corporación Provincial no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial
da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
- Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación
de solicitudes.
- Curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
- Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante
o tempo que goce da bolsa.
- Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade que
poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme
este requisito se cumpre.
QUINTA.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:
- Presidente:
o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue.
- Vogais:
- Un Deputado provincial.
- O Xefe do Servizo da Finca Mouriscade.
- Un funcionario Técnico Superior pertenencente a Deputación Provincial de Pontevedra.
- Secretario:
O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.
Todos os membros terán voz e voto.
A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.
SEXTA.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a celebración dunha Entrevista Persoal, relacioada co
obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, que será valorada de (0,00 á 5:00 ) cero a cinco puntos.
Os /aspirantes serán convocados á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias,
coa publicación na páxina web do listado de admitidos, onde se indicará a data e hora de celebración
da mesma.
Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación
o listado de puntuacións obtidas.
SÉTIMA.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación
desta bolsa ao aspirante que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo có especificado na cláusula sexta das
presentes Bases.
OITAVA.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:
- As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario comence o seu desempeño na Finca Mouriscade e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno.
- A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera
que sexa a natureza desta última.
- O beneficiario/a da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
- A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando
en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
- O beneficiario/a de Bolsa deberá subscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar cuberto pola Seguridad
Social ou por outro Seguro Privado.
- A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.
NOVENA.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo
de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido
este plazo, esta Excma. Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación.
DÉCIMA.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios
para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases.
UNDÉCIMA.— DEREITOS SUPLETORIOS
A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito
á bolsa, suxetaranse ao previsto nas presentes Bases, e ademáis, ao previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións
Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Pontevedra, 25 de febreiro de 2010
|