[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Páxina Principal
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

ACCIÓN SOCIAL 

Deputación de Pontevedra

BASES DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL CON SEDE SOCIAL OU DELEGACIÓN PERMANENTE E CONTÍNUA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS NO ANO 2010

Bases | Solicitude. Anexo 1 | Proxecto. Anexo 2
Baremo. Anexo 3 | Declaración. Anexo 4.1 | Conta xustificativa. Anexo 5

Tendo en conta os artigos 14, 35 e 49 da Constitución Española que fan referencia a que todos os españois son iguais ante a lei sen discriminación por razóns de raza,…… ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social; que todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo e que os poderes públicos levarán a cabo unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e tratamento coas persoas con discapacidade, que lles prestarán a atención especializada que precisen e que os ampararán de forma especial para que disfruten dos dereitos que se outorgan a todos os cidadáns, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente das dificultades de numerosos colectivos para acadar a súa inserción social ou sociolaboral, convoca subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para a realización de proxectos formativos de Servizos Sociais Especializados encamiñados fundamentalmente á formación de colectivos específicos que lles permita incrementar as súas posibilidades e, en consecuencia, maiores oportunidades para súa integración sociolaboral ou social de acordo coas seguintes.

C L Á U S U L A S

PRIMEIRA: OBXECTO E DESTINATARIOS
Apoiar a entidades de iniciativa social (privadas e sen ánimo de lucro) que traballen de forma habitual en programas ou proxectos de formación ou capacitación orientados á integración sociolaboral ou social dos colectivos ou sectores de poboación que a continuación se especifican e que dispoñan dunha sede social ou delegación permanente e continua na Provincia de Pontevedra.

As áreas de intervención, definidas en función dos sectores de poboación e das problemáticas diferenciadas que se aborden en cada unha delas son:

  • Familia, infancia e mocidade
  • Discapacidade
  • Drogodependencias (incluídas as legais)
  • Minorías étnicas, inmigrantes e emigrantes retornados.
  • Reinserción de población penitenciaria
  • Outras problemáticas de exclusión ou marxinación social.

As entidades que soliciten unha subvención deben ter como finalidade institucional, recollida no seus estatutos na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, o apoio ou defensa dos colectivos para os que solicitan a subvención

Considéranse Servizos Socias Especializados segundo a Lei 13/2008 de 3 de decembro de servizos sociais de Galicia, aqueles que “están referenciados a un sector de poboación ou a unha necesidade determinada que demandan unha maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención ou unha base territorial de intervención de carácter supramunicipal”.

Non serán obxecto de subvención con cargo a esta convocatoria:

  • As solicitudes presentadas por Asociacións de carácter profesional.
  • As actividades dirixidas á Persoas Maiores o Mulleres por contar con axudas específicas a través do Servizo de Acción Social da Deputación.
  • As peticións dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación ou a entidade solicitante conte con eles para o desenvolvemento das actividades que organiza.
  • As actividades informativas, de asesoramento ou formativas anuais que forman parte da actividade xeral da Asociación durante todo o ano.
  • As solicitudes presentadas por Entidades que teñan asinado ou vaian a asinar un convenio para o desenvolvemento de programas concretos e específicos no presente exercicio, sempre que a contía de ambos non supere 30.000 €. No caso de que a decisión de establecer un convenio fose posterior á aprobación dunha subvención dirixida á presente convocatoria, a Asociación deberá renunciar a unha delas.
  • Aquelas entidades que non tiveran xustificadas subvencións de exercicios anteriores.

SEGUNDA: ACCIÓNS A SUBVENCIONAR
Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas aquelas accións que se desenvolvan durante o ano 2010, desde o 15 de marzo ao 15 de novembro.

As accións formativas obxecto de subvención desenvolveranse en función dos seguintes apartados:

  1. Accións formativas para a integración laboral dos colectivos ou sectores de poboación obxecto de atención. (Apartado 1 do ANEXO 3) Todos os proxectos: obradoiros, cursos, accións formativas de capacitación etc. de servizos sociais especializados, estarán orientadas a potenciar os coñecementos de ditos colectivos para facer viable a súa integración laboral. Primaranse, segundo queda recollido no citado apartado do anexo 3, aquelas accións que inclúan no programa módulos de prácticas en empresas, realicen formación no posto, emprego con apoio e/ou firmen compromiso de contratación dalgún usuario da actividade por un período mínimo de seis meses, situación que terá que facerse efectiva no momento da xustificación da subvención.

    Nestes proxectos de integración laboral as horas destinadas á formación específica para a que se solicita a subvención, deberá ser superior ao 80% do cómputo total de horas dedicadas ao mesmo.

    Tamén recibirán apoio económico as accións de carácter prelaboral, ocupacional, nun Centro Especial de Emprego e a posta en marcha de fórmulas de emprego, como as cooperativas... e o autoemprego.

  2. Accións Formativas dos colectivos obxecto de atención para a súa integración socio-familiar. (Apartado 2 ANEXO 3) Inclúense neste apartado todas aquelas accións de carácter socioeducativo, sociosanitario ou formativo que teñan como obxectivo que estas persoas acaden unha participación social que lles proporcione ou facilite unha maior autonomía e, en consecuencia, unha mellor calidade de vida tanto para elas como para as súas familias.
  3. Accións formativas orientadas ás familias, coidadores e outros axentes sociais. Neste apartado (3 do ANEXO 3) inclúense, por unha banda, os cursos formativos nas materias relacionadas coa problemática obxecto de atención por parte das entidades solicitantes orientados á integración laboral de familiares, coidadores ou outros profesionais e por outra, aquelas accións de información-formación e de apoio dirixidas ós mesmos colectivos, nos que se fomente a capacitación laboral e o aprendizaxe de habilidades sociais, coidados propios da problemática específica ós que van dirixidos etc., buscando un triple obxectivo:
    1. Cubrir as necesidades de atención dos colectivos de atención,
    2. Dotar á figura do coidador da formación necesaria para o coidado óptimo do afectado mellorando deste xeito a calidade de vida de ambos e
    3. Desenvolver unha bolsa de traballo de profesionais cualificados naquelas asociacións onde se organicen os cursos ou actividades.
  4. Prevención, sensibilización e divulgación. (apartado 4, ANEXO 3) Actividades ou campañas dirixidas a todos os ámbitos de actuación, axentes provedores de recursos (profesionais), poboación en xeral, colectivos, familiares etc. nas áreas correspondentes. Neste tipo de accións non se contabiliza o número de horas invertidas no desenvolvemento das mesmas, se non que se valoran as accións a desenvolver.
  5. Federacións ou Confederacións de Asociacións. Este apartado recolle a realización de proxectos de integración laboral nos que deberán participar usuarios/as de diferentes asociacións ou federacións que integren ás Federacións ou Confederacións solicitantes de subvencións. As accións a desenvolver estarán referidas a unha formación específica, non básica (esta será competencia de cada Asociación e destinada aos seus usuarios), que lles permita acadar á súa integración laboral, formación que deberá complementarse con prácticas en empresas públicas ou privadas e, no seu caso, con un axente de apoio ou preparador laboral (Formación no posto) durante a práctica laboral ou en casos de emprego con apoio (avalaranse ditos casos con contrato laboral e apoio dun preparador laboral)

Nos proxectos de integración laboral as horas destinadas á formación teórica e práctica obxecto do proxecto para o que se solicita a subvención, deberá ser superior ao 80% do cómputo total de horas dedicadas ao mesmo.

TERCEIRA: CURSOS

  • Considéranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizará o número de horas que a Asociación fai constar no seu proxecto.
  • No caso de elixir un curso formativo como acción a desenvolver, este irá dirixido a un só grupo de usuarios. No caso de dividilo, o cómputo de horas a realizar non será a suma das horas dos grupos nos que se divida, se non as que realice un so grupo
  • Só se subvencionarán cursos entre 100 e 300 horas de duración.
  • Na realización das accións recollidas nos apartados 1, 2 e 3 do “ANEXO 3” só se contabilizarán as horas reais da impartición da acción programada.
  • O Profesorado que imparta os cursos ou as actividades formativas programadas, deberá ter unha formación específica corresponde ós mesmos e facela constar no proxecto (Anexo 2) ou comunicala no momento de concretala.
  • O proxecto, tanto para a concesión da subvención como no momento da xustificación, terá queº presentar coherencia interna (obxectivos, contidos en relación co nº de horas solicitadas, accións desenvolvidas, resultados e relación entre todo isto e a xustificación presentada …)
  • Considérase “práctica laboral en Empresa” aquela que se realiza sen apoio técnico; “formación no posto”, cando a práctica é acompañada por un preparador laboral e “emprego con apoio” cando existe un contrato de traballo e acompañamento dun preparador laboral.

CUARTA: FINANCIAMENTO
A contía, que se consignará para este fin na aplicación 10/230.233.48002 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial, ascenderá a 300.000 €, que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida.

No caso de que unha vez valoradas as solicitudes o importe das subvencións supere o orzamento destinado ás mesmas, darase prioridade a aquelas que, reunindo todos os requisitos, se atopen incluídas no apartado 1 da cláusula segunda. En caso de igualdade, terase en conta a data e o número do Rexistro de entrada da Deputación.

QUINTA: REQUISITOS

  1. Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS) As Asociacións desenvolverán a súa actividade na Provincia de Pontevedra e deberán estar legalmente constituídas e constar recollidas no rexistro correspondente rexistro da Xunta e, si é o caso, como entidade prestadora de servizos sociais no rexistro no que está inscrita.
  2. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto, debidamente cumprimentado e que recolla cada un dos apartados que se sinalan no “ANEXO 2 ”. O orzamento deberá ser detallado especificando concepto e valoración económica.
  3. En toda a publicidade que as Asociacións fagan sobre a actividade subvencionada, terase que facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social.

Consideracións:

  1. No caso de que unha Asociación presente varios proxectos, só será seleccionado un deles.
  2. No caso das Federacións ou Confederacións de asociacións axustaranse ó referido ás mesmas na Cláusula 2ª.

SEXTA: CONCESIÓNS

  1. Só terán dereito a recibir unha subvención aquelas asociacións que no momento da concesión das axudas do 2010 tiveran xustificada ou rexeitada por escrito a actividade subvencionada pola Deputación en anos anteriores e se axusten ao contido da presente convocatoria.
  2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno.
  3. O prazo máximo para a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, esgotando a resolución que se dite na vía administrativa. Transcorrido o mesmo prazo sen que se comunique a concesión da subvención, entenderase esta desestimada por silencio administrativo, tal como se recolle no punto 5 do artigo 25 da Lei Xeral de Subvencións.

SÉTIMA. DOCUMENTACIÓN
Presentarase no Rexistro da Deputación Provincial, ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, debidamente cumprimentadas.

  1. Solicitude, no modelo normalizado “ANEXO 1” que se facilitará no Rexistro Xeral da Deputación (Pontevedra ou Oficina de Vigo), no Servizo de Acción Social ou na páxina web da Deputación:
  2. Proxecto “ANEXO 2”: debidamente cumprimentado, asinado e selado e o apartado destinado ó orzamento detallado especificando concepto e contía. En canto aos datos referidos ao apartado 3 (Proxecto) axuntaranse en documento aparte os seguintes apartados: Presentación concisa e concreta do Proxecto. Obxectivos en función da tipoloxía do mesmo (Anexo 3). Cronograma. Tipo de práctica no caso de que esta se realice en Empresa. Expectativas previstas. Formación da persoa/as que vai impartilo e lugar de celebración. No caso de realización de prácticas en Empresa a Asociación deberá deixar constancia de que o usuario estará cuberto por un seguro de responsabilidade civil.
  3. Fotocopia cotexada do DNI do representante legal da Asociación.
  4. Acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade ou copia da acta correspondente compulsada.
  5. CIF da entidade cotexado.
  6. Documento de estar incluído no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Consellería de T. e Benestar.
  7. No momento de presentar a solicitude: declaración, no “ANEXO 4.1”, do/a presidente/a da Asociación no que constan:
    • A relación de Axudas solicitadas pola Asociación e/ou xa concedidas para a mesma finalidade.
    • Que a Asociación e o declarante non se atopan incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
    • Autorización do/a presidente/a da Asociación á Deputación para obter documento de rexistro correspondente.
  8. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial.

De non presentarse a documentación solicitada, as deficiencias poderán ser subsanadas segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo, nun prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixera, entenderase que rexeita á petición.

NOTA: Sempre que se produzan cambios na xunta directiva ou na dirección da Asociación haberá que comunicalos ós Servizos Sociais da Deputación.

OITAVA. PRAZOS DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partires do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP.

NOVENA. CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS
Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento, seguindo os criterios expostos no “ANEXO 3” tendo en conta que as contías máximas a subvencionar serán as seguintes:

  1. Para proxectos formativos dirixidos á integración laboral das persoas a formar: 6.000,00 €. (baremo 1)
    Sempre que a contía da subvención non supere a contía máxima establecida nesta cláusula engadiranse:
    • 2 € por cada hora de práctica na empresa, sen preparador laboral, xustificada e ata un máximo de 50 horas
    • 4 € por cada hora xustificada de práctica na empresa con preparador laboral (formación no posto) e nos casos de emprego con apoio (situación no compatible co caso anterior) ata un máximo de 100 horas.
    • 300 € á Asociación pola contratación nunha empresa ordinaria, debidamente xustificada, de cada usuario unha vez rematado o curso, por un período mínimo de 6 meses. Neste caso a axuda poderá superar a contía máxima prevista neste apartado.
  2. Para proxectos de formación prelaboral, ocupacional ou en Centro Especial de Emprego das persoas obxecto de formación: 4.000,00 €. (baremo 2)
  3. Para a posta en marcha de algunha fórmula de emprego: ata un máximo de 7.200 € que estará en función da contía do proxecto. Esta subvención terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula ou os gastos de persoal.
  4. Para proxectos de formación para integración socio-familiar das persoas obxecto de formación: 4.000,00 € (baremo 2)
  5. Proxectos formativos de familiares, coidadores e outros axentes sociais:
    • Para cursos formativos dirixidos á inserción laboral: 6.000,00 € (baremo 1)
    • Para accións de información-formación e de apoio etc.: 2.000,00 € (baremo 3)
  6. Para actividades de Prevención, sensibilización, divulgación: 2.200 €

En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá superar o custo total da actividade.

DÉCIMA: MODIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS
Unha vez recaída a resolución da concesión, excepcionalmente e por causas xustificadas, poderase solicitar o cambio da subvención polo que respecta ao contido ou nomenclatura da actividade ou a reformulación de horas lectivas. A nova subvención deberá ser otorgada polo órgano competente para a súa concesión e, en todo caso, deberá respectar os requisitos da presente convocatoria.

DÉCIMO PRIMERA: XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade, de acordo co establecido no Artigo 30 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións, como data límite o 8 de decembro.

Excepcionalmente, previa solicitude da entidade interesada e trala exposición das causas, o órgano competente poderá conceder unha prórroga para o remate da actividade ata o 30 de Xaneiro de 2011, non podendo realizarse neste período mais dun terzo do número total de horas recollidas no proxecto presentado pola entidade no momento da solicitude e aprobado polo citado órgano, e para a xustificación da mesma ata o 15 de febreiro de 2011 En relación á solicitude de ampliación do prazo xustificativo, terá que ser efectuada antes de que remate o mesmo e sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiro (art. 70 RLXS) .

En aplicación do artigo 31 do Regulamento da LXS, débense xustificar as medidas de difusión do financiamento público da actividade e para proceder ó pago o preceptor de calquera subvención terá que acreditar non ser debedor da facenda provincial (art. 18-f) RLXS.

Xustificación da subvención. Para xustifica-lo cumprimento e posterior pagamento da subvención é necesario presentar:

  1. Memoria, asinada e selada, explicativa da actividade realizada indicando ademais do seu nome, unha breve descrición da mesma, nº de horas impartidas, teóricas y prácticas (salvo no caso das subvención recollidas no apartado 4 do anexo 3), prácticas laborais, si se cumpriron os obxectivos e as expectativas previstas cara o usuario proxecto presentado coa solicitude, repercusión social, nome e D.N.I. dos monitores e formación específica Tamén se fará constar que a relación de participantes e o seu D.N.I. consta nos arquivos da Asociación a disposición da Deputación si así o requirise.
  2. No caso de práctica laboral farase constar a existencia dun seguro de responsabilidade civil para os participantes en dita práctica.
  3. No caso de emprego con apoio farase constar a existencia de contrato do usuario na empresa ordinaria.
  4. Declaración de axudas segundo A HREF="http://pdf.depontevedra.es/ga/122/TqKoBqKjfr.pdf" TARGET="blank">ANEXO 4.2, modelo normalizado que se pode atopar na páxina web da Deputación
  5. Difusión publicitaria da subvención.
  6. Conta xustificativa de gastos, “ANEXO 5”, polo importe do presuposto total da actividade presentado pola Asociación na súa solicitude.
  7. Xustificación dos gastos, por importe da subvención concedida pola Deputación, con facturas, recibos e demais documentos fidedignos que reúnan os requisitos legais segundo o R.D. 1496/03 de 28 de novembro, sobre confección de facturas e recibos, especificando gastos por conceptos e sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto.
  8. Certificación de datos bancarios.

DÉCIMO SEGUNDA: REINTEGRO
No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas fixadas na presente Convocatoria, o beneficiario deberá reintegrar a cantidade percibida á Deputación.

DÉCIMO TERCERA: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

DÉCIMO CUARTA: CONTROL
. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que leve a cabo a Deputación Provincial, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida.

DÉCIMO QUINTA: DEREITO SUPLETORIO
En todo o que non prevea as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03 Xeral de Subvencións e demais lexislación de pertinente aplicación.

Anexos da convocatoria: Todos os anexos referidos nas presentes bases para a solicitude de subvencións, poderán atoparse na páxina web da Deputación www.depo.es



Boletín Oficial da Provincia, data 23/02/10, número 55, páxina 27, anuncio 2010003120.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/03/2010 14:50
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/