[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 18 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Bases da convocatoria de dúas bolsas para Técnico Superior en Saúde Ambiental, con destino á Estación Fitopatolóxica
do Areeiro

Bases | Modelo de solicitude
Lista de admitidos e excluidos e data de entrevista | Adxudicación

De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica “Do Areeiro”, e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca dúas Bolsas, consonte as seguintes

BASES

PRIMEIRA.—OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se seguirá para a concesión de dúas bolsas, por concurso de méritos, que ten por obxecto a realización de tarefas na Área Fitopatolóxica da Estación Fitopatolóxica “Do Areeiro”, destinada a Técnicos Superiores en Saúde Ambiental. Estas tarefas consistirán na realización de mostraxes en campo, preparación de mostras para a súa análise no laboratorio, así coma detección e diagnóstico de F.circinatum en sementes e plantas.

SEGUNDA.—CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de Técnico Superior en Saúde Ambiental ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto das bolsas.

TERCEIRA.—DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.000 €/mes cada unha, que se imputarán á aplicación 10/413.413.481.01 do orzamento provincial.

O pagamento da bolsa ós beneficiarios realizaráse a partir da incorporación dos bolseiros, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce da bolsa será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.

CUARTA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación Provincial no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Certificado do expediente académico, Curriculum vitae e documentación acreditativa deste, así coma méritos relacionados cos traballos que se vaian a desenvolver, debidamente xustificados.
  4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

QUINTA.—COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    Un Deputado Provincial.
    O Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
    Un funcionario, Técnico Superior, pertenencente á Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SEXTA.—SELECCIÓN DOS BOLSEIROS
A selección dos bolseiros efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados, segundo o seguinte

BAREMO:

  1. Expediente académico: ata un máximo de 4,00 puntos. No caso de que no expediente académico non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.D. 1497/1987, modificado polo R.D. 1267/1994, será valorado con 0,00 puntos.
  2. Por acreditar experiencia laboral relacionada coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo de 3,00 puntos, computados do xeito que se especifica a continuación:
DURACIÓN PUNTUACIÓN
De 12 ou máis meses 0,15 puntos/mes
De entre 6 y 9 meses 0,10 puntos/mes
De entre 3 y 5 meses 0,05 puntos/mes

A experiencia acreditarase presentando certificado de empresa ou copia dos contratos de traballo.

No suposto de non acreditarse a duración, esta non será valorada.

ENTREVISTA PERSOAL:
A Comisión celebrará unha entrevista persoal, relacioada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, que será valorada de 0,00 a 3,00 puntos.

Os aspirantes serán convocados á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa publicación na páxina web do listado de admitidos, que incluirá a baremación dos méritos achegados, e onde se indicará a data e hora da súa celebración.

Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado de puntuacións obtidas.

SÉTIMA.—RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo co especificado na cláusula sexta das presentes Bases.

OITAVA.—CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración de un ano, a contar dende a data na que os adxudicatarios comecen o seu desempeño e poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de tres anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e goce destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de ditos bolseiros ó expresado organismo.
  5. Os beneficiarios das Bolsas deberán subscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar cuberto pola Seguridad Social ou por outro Seguro Privado.
  6. A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación con seu currículo. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

NOVENA.—DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación das bolsas. Transcurrido este plazo, esta Excma. Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación.

DÉCIMA.—INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso, así coma no non previsto nas presentes Bases.

UNDÉCIMA.—DEREITOS SUPLETORIOS
A convocatoria das bolsa e a selección dos bolseiros e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas, suxetaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademáis, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.



Boletín Oficial da Provincia, data 13/04/10, número 68, páxina 11, anuncio 2010003874.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/05/2010 10:15
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/