[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 22 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Convocatoria polo procedemento de concorrencia competitiva tres bolsas de colaboración co Organismo Autónomo
"Museo Provincial de Pontevedra”

Bases | Modelo de solicitude

O Consello Reitor do Organismo Autónomo “Museo Provincial de Pontevedra”, na súa reunión do pasado 17 de marzo de 2010, a proposta do seu Director e tomando en consideración as vacantes existentes, acordou convocar un concurso para outorgar tres (3) bolsas de colaboración co Museo, de acordo coas seguintes

B A S E S:

1.— BOLSAS QUE SE CONVOCAN

  • Para perfeccionamento e prácticas na catalogación do Arquivo Gráfico, unha (1) bolsa.
  • Para perfeccionamento e prácticas na catalogación do Arquivo Documental, 2 (dúas) bolsas.

2.— REQUISITOS E CONDICIÓNS

  1. Ser español/la ou nacional dun país membro da Unión Europea, residente en España no momento da convocatoria desta bolsa, posuíndo plena capacidade de obrar.
  2. Posuír título de Licenciado/a en Historia da Arte, ou equivalente, para a de Arquivo Gráfico e Licenciado/a ou Diplomado/a en Biblioteconomía e Documentación, ou equivalente, para as de Arquivo Documental, tendo que ser en ambos casos a antigüidade de titulación inferior a tres anos no momento en que a presente convocatoria se faga pública. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar convalidados ou recoñecidos, ou deberase xustificar documentalmente que está en trámite esa convalidación ou recoñecemento no momento de solicitar a bolsa.
  3. Non ter emprego retribuído, nin disfrutar de bolsa algunha, nin ter sido bolseiro/a do Museo Provincial de Pontevedra.
  4. Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
  5. Estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (Estado e Deputación) e fronte á Seguridade Social, o que se acreditará mediante declaración responsable.
  6. Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, que tamén se acreditará mediante declaración responsable.
  7. Os estudos, colaboracións e prácticas do/a bolseiro/a servirán para o seu perfeccionamento profesional e haberán de realizarse baixo a supervisión e na forma e horarios que sinale a Dirección do Museo.
  8. A bolsa non establece ningunha relación funcionarial nin laboral coa Excma. Deputación Provincial nin co Organismo Autónomo “Museo Provincial de Pontevedra”, nin supón tampouco ningún compromiso para a incorporación posterior do/a bolseiro/a ó cadro de persoal deste.

3.— DOTACIÓN E DURACIÓN

  1. A bolsa estará dotada coa cantidade de 13.200,00 euros anuais cada unha, pagables por doceavas partes, a razón de 1.100,00 euros brutos mensuais, que se imputará á partida 481.02 do orzamento do Organismo Autónomo “Museo Provincial de Pontevedra”.
  2. A duración da bolsa será dun ano natural. O/a beneficiario/a non poderá renunciar á bolsa, a non ser por causa xustificada, sen ter transcorrido, cando menos, seis meses consecutivos, contados desde a data en que, como tal, comece a disfrutala.
  3. A Dirección do Museo poderá propoñer ó Consello Reitor o cese no disfrute da bolsa por falta de dedicación ou por incumprimento das normas sinaladas para o desempeño do labor do/a bolseiro/ a.

4.— DOCUMENTACIÓN E PRAZOS

  1. Os/as interesados/as deberán presentar:
    1. Instancia de solicitude cos datos persoais, dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente do Organismo Autónomo “Museo Provincial de Pontevedra”.
    2. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou de calquera outro que o substitúa.
    3. Documento acreditativo de estar en posesión do título requerido no Apartado II 2) que precede ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
    4. “Curriculum vitae”, con certificación académica que inclúa o expediente, especificando, ademais, os méritos científicos que consideren oportunos.
    5. Acreditación de cursos ou ciclos de especialización.
    6. Declaración xurada de non ter emprego nin disfrutar de ningunha outra bolsa.
  2. O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días naturais, contados a partir doseguinte ó da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia, debendo facelo na Secretaría do Museo (Rúa Pasantería, núm. 2-10, Apartado de Correos 104. 36080 - Pontevedra) ou nos rexistros a que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC e cos datos que se sinalan no artigo 70 da mesma norma.

5.— COMISIÓN SELECCIONADORA
Para poder valorar os méritos achegados polos/as interesados/as constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: a Presidenta Executiva do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, ou persoa en quen delegue.
  • Vocais: o Director e o Director de Xestión do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, ou persoas nas que deleguen.
  • Secretario: o do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” ou funcionario de carreira en quen delegue, con voz e sen voto. A Comisión reunirase dentro dos quince días naturais seguintes ó de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6.— SELECCIÓN
A selección do/a bolseiro/a efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos/as interesados/ as segundo o seguinte baremo:

  1. Expediente académico, ata un máximo de seis (6) puntos.
  2. Por outras licenciaturas, un (1) punto.
  3. Por outras ensinanzas relacionadas coa bolsa, ata un (1) punto.
  4. Por bolsas disfrutadas, relacionadas coa temática da bolsa obxecto da convocatoria, medio (0,5) punto por ano ou fracción superior a seis meses.
  5. Por contratos de traballo en postos similares ou relacionados coa bolsa obxecto da convocatoria, un (1) punto por ano ou fracción superior a seis meses.
  6. Por publicacións relacionadas coa bolsa obxecto da convocatoria, ata medio (0,5) punto.
  7. Por asistencia a cursos relacionados coa temática da bolsa, ata medio (0,5) punto.
  8. Por outros méritos, ata medio (0,5) punto.

Os cinco aspirantes que acaden a maior puntuación na de Arquivo Gráfico e os oito nas de Arquivo Documental pasarán a unha entrevista persoal, que será valorada ata un máximo de cinco (5) puntos.

7.— RESOLUCIÓN
Á vista da proposta da Comisión Seleccionadora, unha vez evaluado todo o relacionado no apartado anterior, a Presidenta Executiva adxudicará a bolsa ó aspirante que obtivese a maior puntuación na de Arquivo Gráfico e ós dous aspirantes que a obtivesen nas de Arquivo Documental, sendo comunicado o acordo ós/ás seleccionados/as.

8.— REQUISITOS A CUMPRIR POLO/A BOLSEIRO/A

  1. Os que resulten bolseiros/as presentarán documentación oficial acreditativa de tódolos extremos do “curriculum” e das súas circunstancias académicas, como requisito previo para iniciar o disfrute da bolsa, que perderán de non cumprir este trámite.
  2. As persoas que obteñan as bolsas han de incorporarse o día 1 do próximo mes de xuño, séndolles expedida pola Dirección do Museo certificación acreditativa do comezo dos estudos e prácticas.
  3. Os beneficiarios das bolsas presentarán ó remate da mesma unha Memoria de Actividades na que se contemplarán tanto as tarefas de investigación persoal como as derivadas da participación nos traballos e labores especificamente desenvolvidos no Museo.
  4. Finalizados os estudos e prácticas poderá emitirse, a petición de parte, informe sobre os mesmos pola Dirección do Museo. 5.—Ademais das obrigas mencionadas nos apartados anteriores, os/as bolseiros/as estarán suxeitos ós deberes que, con carácter xeral, se establecen no artigo 14 da Lei Xeral de Subvencións. Así mesmo terán a obriga de facilitar a información que lles sexa requerida polo Tribunal de Contas.

9.— RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria da bolsa, a selección do bolseiro e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa suxeitaranse ó previsto nas presentes bases e ademais ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e á Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

10.— CLÁUSULA FINAL
A concorrencia á presente convocatoria supón a total aceptación das Bases da mesma.

Pontevedra, 6 de abril de 2010
O PRESIDENTE
ilexible
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 07-05-2010, número 86, páxina 36, anuncio 2010005043.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/05/2010 11:51
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/