[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 25 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Convocatoria de tres bolsas de licenciados en Historia, con destino ao Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da deputación provincial de pontevedra.

Bases | Modelo de solicitude | Lista de admitidos e data da entrevista
Adxudicación

De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca tres Bolsas de Licenciados Universitarios en Historia, consonte as seguintes:

BASES

PRIMEIRA.—OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, tres bolsas,que teñen por obxecto a realización de tarefas de colaboración de inventariado e catalogación dos distintos arquivos da provincia.

SEGUNDA.—CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de Licenciado/a en Historia ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa.

TERCEIRA.—DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200 €/mes por beneficiario, que se imputará á aplicación 332.330.481.01 do orzamento provincial.

O pagamento da bolsa ós beneficiarios/as realizarase a partir da incorporación dos bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce das bolsas para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce da bolsa será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.

CUARTA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de 5 días naturales, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Curriculum vitae e documentación acreditativa deste. A estos efectos, valoraranse a realización de cursos relacionados con arquivística, inventariado, catalogación, especialmente arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampación, tarxeta postal.
  4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade quepoida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

QUINTA.—COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    • Un Deputado provincial.
    • O Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.
    • Un funcionario Técnico Superior pertenencente a Deputación Provincial de Pontevedra.
    • Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SEXTA.—SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a celebración dunha Entrevista Persoal, relacioada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, que será valorada de (0,00 á 5:00 ) cero a cinco puntos, e na que se valorará os coñecementos relacionados có obxecto da bolsa, os cursos realizados e a experiencia profesional acreditada.

Os /aspirantes serán convocados á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa publicación na páxina web do listado de admitidos, onde se indicará a data e hora de celebración da mesma.

Concluída esta fase, a Comisión publicará no

Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado de puntuacións obtidas.

SÉTIMA.—RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ao aspirante que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo có especificado na cláusula sexta das presentes Bases.

OITAVA.—CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario comence o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Xunta de Goberno.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e goce destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

NOVENA.—DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido este plazo, esta Excma. Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación.

DÉCIMA.—INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases.

UNDÉCIMA.—DEREITOS SUPLETORIOS
A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/ a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxetaranse ao previsto nas presentes Bases, e ademáis, ao previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Pontevedra, 23 de xuño de 2010
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 01-07-2010, número 124, páxina 32, anuncio 2010009007.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/07/2010 13:22
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/