[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

BASES REGULADORAS DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. ANO 2010

Bases | Formulario de solicitude

Anuncio

A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó exercicio 2010.

1.— OBXECTO
Constitúe o obxecto das presentes bases definilo conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que otorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de cento oitenta mil (180.000) euros con cargo á aplicación presupostaria 10/410.415. 779.02, para a adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra.

Materia: PESCA.

Programa: Axudas á adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros na provincia de Pontevedra (Axudas a acuicultura). Partida: 10/410-415-779.02. Orzamento: 180.000 €

2.— TIPOS DE INVESTIMENTOS QUE PODERÁN ACCEDER A UNHA AXUDA
As axudas destinaránse á adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros, podendo acadar ata o 50% da axuda solicitada, valorándose en base ós orzamentos e os proxectos presentados.

Estas axudas serán compatibles con outras cós mesmos obxectivos.

3.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas as confrarías de pescadores e asociacións de confrarías da provincia de Pontevedra, que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Estar acollidas a un plan de explotación marisqueiro avalado pola Consellería do Mar
  2. Carecer de fins de lucro.
  3. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.

4.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Medio Natural ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es.

Ditas solicitudes asinadas polo patrón maior da confraría, ou presidente da asociación, dirixiránse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando a seguinte documentación:

  • Copia do plan de explotación marisqueira ou proxecto técnico de rexeneración proposto cara ó ano 2010, cunha memoria explicativa das accións a desenvolver, asinada polo patrón maior da confraría, cos obxectivos que se pretenden acadar, prezos descompostos das distintas actividades a desenrolar, cronograma dos traballos, accións de seguimento e número de personas y/ou embarcacións beneficiadas polo proxecto.
  • Presuposto da empresa que suministra a semente.
  • Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin.
  • Declaración asinada polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación conforme a confraría ou asociación que representa non está incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para para poder percibir subvencións da administración, conforme o disposto no atigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, e coñece e acepta as Bases da convocatoria.
  • Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas.
  • Certificado de estar ó corrente de pago das obrigas coa Deputación Provincial.
  • Certificación bancaria na que conste o titular, o número e conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda.

As entidades poderán solicitar só unha subvención por cada proxecto.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

O Servicio de Medio Natural da Deputación Provincial poderá solicita-las aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezcan sobre a actuación proposta.

5.— VALORACIÓN E CONCESIÓN DAS AXUDAS
Os proxectos serán valorados polo Servizo de Medio Natural, unha vez vistas as solicitudes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

  • N.º de persoas beneficiadas pola actuación, ata 30 puntos.
  • Adecuación da solicitude ao plan de rexeneración de zonas improductivas da Consellería do Mar, ata 30 puntos.
  • Orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 20 puntos.
  • Características e interese da actuación, ata 20 puntos.

A concesión destas axudas será competencia da Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños.

Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, aquelas solicitudes que, por circunstancias imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito destinado a estas axudas para a sua concesión directa, tal e como se establece na Base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial.

6.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación o una súa sede de Vigo e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes.

7.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, éstas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación das accións de rexeneración, que deberá facerse tendo en conta o establecido no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servizo de Medio Natural informarán sobre a realidade do investimento.

Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.

Para o pago da subvención terase en conta o seguinte:

  1. No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
  2. No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada pola entidade beneficiaria.

Para cobra-la subvención as entidades deberán presenta-la seguinte documentación:

  1. Conta xustificativa dos gastos, asinada polo representante legal da entidade, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda.
  2. Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación coa data do día no que se presente dita xustificación.
  3. Certificación do técnico da confraría ou asociación, conforme as accións obxecto do proxecto foron realizadas cumprindo as condicións impostas na concesión da axuda.
  4. Autorización de inmersión expedida pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
  5. Si os traballos de rexeneración precisasen autorización de outras administracións competentes, deberán aportarse os informes favorables para levar as actuacións previstas.
  6. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito.
  7. Relación detallada das axudas económicas concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin, para dar cumprimento ó establecido no artigo 72.1 do reulamento da lei Xeral de Subvencións.
  8. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servicio provincial de Intervención. Asimesmo esixirase non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, tal e como prevê a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase nun prazo de seis meses a partir da data de concesión da axuda polo Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, se ben antes de finaliza-lo prazo, éste poderá ampliarse solicitando a entidade interesada por escrito prórroga do mesmo.

Tendo en conta que a sementeira de ameixa se realiza, maiormente, nos meses de febreiro, marzo e abril, poderanse presentar facturas, a efectos de xustificación, con data anterior á da notificación da concesión da axuda, sempre que sexa do ano 2010.

O prazo máximo para resolver e notifica-la resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda.

8.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS ACTUACIÓNS SUBVENCIONADAS
Os técnicos do Servizo de Medio Natural da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflictindo o resultado no correspondente informe, así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

9.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recaudación.

10.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2010, o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación.



Boletín Oficial da Provincia, data 16/09/10, número 179, páxina 2, anuncio 2010009764.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/09/2010 14:35
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/