A través do Servizo de Vías e Obras pretendemos contribuír á mellora das vía de comunicación da provincia, tendo como función a xestión da Rede de Estradas dependentes da Deputación, a cal constitúe a Rede Provincial. Realízanse traballos de mantemento e conservación, mellora de trazado, novas estradas, concesión de licencias, tramitación de expedientes sancionadores, convenios de colaboración, etc.
O labor de mantemento faise a través de oito brigadas que teñen como base catro parques comarcais: Gondomar, Ponteareas, Codeseda ( A Estrada ) e Lalín.
Desde a páxina web queremos dar a coñecer os máis de 1.600 quilómetros que compoñen a rede provincial, así coma o seu estado e as obras que se estean a realizar.
A rede de estradas provinciais consta de 1.600 quilómetros, cun desequilibrio, por exemplo, entre os concellos da Estrada con 1212,472 quilómetros e A Guarda con 1, 018 quilómetros. |