Medio Ambiente
Desde a Unidade de Medio Ambiente trabállase para cumprir o principal obxectivo que temos marcado, que non é outro que mellorar a calidade ambiental da provincia.
Mediante o coidado e o respecto do noso entorno, un uso racional e responsable dos recursos e dos nosos espacios naturais, poderemos entre todos acadar unha provincia cada vez máis comprometida coa defensa do patrimonio natural.
A actividade cotiá da Unidade de Medio Ambiente radica en colaborar cos concellos para manter e dotar de servicios as praias, crear e mellorar os espacios naturais e recreativos, adecuar os parques infantís adaptándoos á normativa vixente, aumentar en definitiva o valor ambiental da provincia.
Non debemos pasar por alto outras actuacións como son a entrega ós concellos de colectores para recoller os residuos sólidos urbanos, as axudas a colexios para adquiriren plantas e árbores, a participación en actividades de educación ambiental e a elaboración de informes sobre estudios de impacto de proxectos que afectan á provincia de Pontevedra.
|