[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 26 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Medio Natural » Agricultura » Sector Forestal
Páxina Principal
Servizos
Medio Natural
Pesca e Cultivos Mariños
Subvencións
Convenios
Medio Ambiente
Axudas
Residuos
Educación ambiental
Agricultura
Agricultura
Convenios
Prestación servizos
Axudas
Sector Forestal
Instalacións deportivas
Agricultura Biolóxica
Instalacións
Finca Castelo de Soutomaior

MEDIO NATURAL 

Sector Forestal

En relación coa riqueza forestal e repoboación de montes, as actuación remóntanse ó ano 1841, data en que a Deputación se implica na plantación e conservación de montes comunais. En 1867 tráense sementes de eucaliptos desde Sevilla. Nos anos posteriores é moi importante o labor de repoboación, en particular na zona do Morrazo, e créase a Caixa de Anticipos Forestais.

Actualmente e desde hai anos colaboramos na prevención de incendios forestais, favorecendo a entrega de maquinaria, equipamento de brigadas de pronto auxilio e establecendo convenios coa Consellería de Medio Ambiente.

Aínda que o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán non é competencia da Deputación, as súas instalacións cedeullas a institución provincial ó Centro Rexional de Ensinanza, Investigación e Experimentos Forestais, por un período inicial de 20 anos e renovado posteriormente por 50 anos máis. Os traballos de investigación céntranse na introducción de especies forestais, xenética forestal, restauración con frondosas nos montes da Comunidade Autónoma, patoloxía e entomoloxía forestal, ordenación e silvicultura, fertilidade forestal, etc.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/03/2004 09:32
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/