[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 10 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina [1] 2
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Cursos de linguaxe administrativa galega

Bases | Descrición dos cusos | Solicitude

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a lexislación local vixente, ditou a seguinte RESOLUCIóN:

“A Lei 3/1983 de normalización lingüística, recollendo o que dispoñen a Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia, establece que o galego é a lingua oficial en Galicia. En consonancia, recoñéceselles ós cidadáns o dereito de usalo, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración pública no ámbito territorial da Comunidade Autónoma. Ademais, para facer efectivo este dereito, encoméndase ós poderes públicos autonómicos que promovan a progresiva capacitación nouso do galego do persoal da Administración pública galega e das empresas de carácter público en Galicia.

Entre as funcións e competencias da Secretaría Xeral de Política lingüística, figura a de fomentar o uso do idioma galego nos diferentes ámbitos sociais e económicos de Galicia. O Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 22 de setembro de 2004, contén, entre outras, varias medidas dirixidas á Administración, encamiñadas a renovar a política lingüística con respecto ó uso do galego, adaptándoa ós tempos actuais, co fin de equilibrar unha situación social de desigualdade entre os dous idiomas, e que esixe medidas favorables ó galego para alcanzar o devandito equilibrio.

Co fin de materializar a cooperación para potenciar actividades de normalización do uso do galego e ó estimar que concorren as circunstancias que así o aconsellan, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria -Secretaría Xeral de Política lingüística-, e a Deputación provincial de Pontevedra, acordan subscribir un Convenio de colaboración para realizar un programa de actuacións en materia de normalización lingüística, que inclúe impartir cursos específicos de lingua galega.

Tal e como se establece na cláusula segunda do Convenio, a Deputación encargarase de organizar, xestionar e executar todas as actividades incluídas neste Convenio, así como de facilitar o persoal, infraestruturas e os medios de que dispón para a súa execución.

De acordo co exposto, e no uso das facultades que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997 do 22 de xullo da Administración local de Galicia, RESOLVO convocar, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, dúas edicións do Curso de Linguaxe Administrativa Galega nivel medio e unha edición do curso de Linguaxe Administra Galega de nivel superior, cuxas bases, características e contido son detallados no seguinte Anexo:

A N E X O I

CONVOCATORIA E BASES CURSOS

LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA. NIVEL MEDIO (2 edicións)

LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA. NIVEL SUPERIOR (1 edición)

PRIMEIRA. OBXECTO
Anúnciase, con carácter gratuíto e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a convocatoria de dúas (2) edicións do curso de linguaxe administrativa galega de nivel medio e unha (1) edición do curso de linguaxe administrativa galega de nivel superior.

Os obxectivos dos cursos son fomentar o uso do galego por parte do persoal da Administración local de toda a provincia de Pontevedra, así como mellorar as súas capacidades neste eido co fin de garantir o dereito dos cidadáns a seren atendidos no idioma oficial de Galicia.

  1. Número de prazas: 25 por curso
  2. Datas: os cursos impartiranse do 4 ó 30 de novembro de 2010 (luns, martes, mércores e xoves).
  3. Horario: de tarde de 16:30 h a 20:30 h

SEGUNDA. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

  1. Os cursos van dirixidos ó persoal funcionario e laboral da Administración local de toda a provincia de Pontevedra que se atopen en situación de servizo activo, excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar ou o persoal que estea gozando dun permiso posparto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo permanente ou simple ou adopción internacional.
  2. Toda persoa solicitante que ó inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.
  3. Para solicitar os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio deberá ter superado ou validado o curso básico de linguaxe administrativa galega, de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de lingua galega 4 (Celga 4).
  4. Para acceder ós cursos de linguaxe administrativa galega de nivel superior deberá ter superado ou validado o curso medio de linguaxe administrativa galega.

TERCEIRA. SOLICITUDES

  1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria.
  2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.
  3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, que non se axusten ó formulario de solicitude ou que sexan presentadas fóra de prazo.
  4. O prazo para a presentación de solicitudes será ata o día 22 de outubro de 2010.

CUARTA. CRITERIOS DE SELECCIÓN

  1. Ter a condición de posible adxudicatario por estar incluído entre os colectivos que poidan participar nos cursos.
  2. Dado que o contido do curso ten relación directa con todos os postos de traballo aplicaranse os criterios establecidos con carácter xeral na Deputación Provincial de Pontevedra, sen prexuízo da reserva do 50% das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para igualdade de mulleres e homes. De non existir suficientes solicitudes de participación de mulleres as prazas sobrantes acrecentarán as da quenda xeral.
  3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos nalgún curso poderá completarse o número de alumnos asignado a este mediante a apertura dun novo prazo con suficiente antelación para que teña lugar unha adecuada selección das novas persoas candidatas.
  4. Para os cursos de nivel medio quedarán excluídas aquelas persoas que estean en posesión da certificación ou diploma dos cursos equivalentes (de linguaxe administrativa, cursos de linguaxe xurídica galega e cursos de linguaxe xurídica galega para asesores xurídicos da Xunta de Galicia), expedidos pola Escola Galega de Administración Pública ou homologados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ou por calquera dos certificados a que se refire a Orde do 1 de abril de 2005 (DOG nº 71, do 14 de abril).

QUINTA. PUBLICACIÓN DAS RELACIÓNS DO PERSOAL SELECCIONADO

  1. A Deputación de Pontevedra enviaralles notificación de admisión soamente ós candidatos seleccionados, mediante correo ordinario e fax. É obrigatorio, unha vez recibida a notificación de admisión ó curso por parte do interesado, confirmar a asistencia (por teléfono ó teléfono 986 804 100, fax 986 804 141 ou e-mail a formacion@depo.es).
  2. Unha vez efectuada a programación dos cursos a Deputación de Pontevedra comunicaralla á Secretaría Xeral de Política Lingüística para a designación de profesorado.

    O persoal seleccionado só poderá renunciar ó curso por causa de forza maior suficientemente xustificada, necesidade do servizo ou outras causas xustificadas sempre que así o acredite documentalmente a persoa responsable do servizo en que desenvolva o seu labor ou a través dun documento que acredite o feito alegado.

  3. A renuncia débeselle comunicar por escrito ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, por correo electrónico ó enderezo formacion@depo.es ou por fax ó número 986 804 141, cunha antelación de dous días hábiles anteriores ó inicio do curso co fin de cubrir a vacante. A renuncia non xustificada ou non acreditada documentalmente suporá a exclusión en calquera outra actividade formativa no transcurso da actual e seguinte convocatoria ó coñecemento desta circunstancia.
  4. Non serán admitidos en ningún caso cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
  5. Os candidatos seleccionados para os cursos de nivel medio deberán presentar nas aulas o día do comezo do curso unha copia compulsada da certificación que acredite que teñen superado ou validado o curso básico de linguaxe administrativa galega, de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de lingua galega 4 (Celga 4).
  6. Os candidatos seleccionados para os cursos de nivel superior deberán presentar nas aulas o día do comezo do curso unha copia compulsada da certificación que acredite que teñen superado ou validado o curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega.

SEXTA. CONTIDO E AVALIACIÓN DOS CURSOS

  1. Os cursos terán unha duración de 75 horas: 60 horas lectivas, coa obrigada presenza de todo o alumnado, e 15 horas de tratamento individualizado, en que o alumnado poderá realizar actividades presenciais específicas de reforzo e/ou actividades prácticas complementarias e corresponderalle ao profesor a programación destas horas, de acordo coas necesidades e o desenvolvemento do curso. Neles impartiranse os contidos sinalados na Orde do 1 de abril de 2005 (DOG nº 71, do 14 de abril).
  2. A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia de cada un dos asistentes non poderá ser superior ó 10% da duración total do curso.
  3. Durante a realización das actividades formativas levarase un control permanente de asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto e, así mesmo, constarán como incidencia as ausencias dentro de cada sesión. Isto implica que o persoal que participe nos cursos terá que anotar a hora de chegada ou saída, no caso de facelo durante a duración oficial do curso, para poder acreditar o tempo que faltou. De non facelo así e realizarse un control de asistencia extraordinario, perderá o dereito a recibir o certificado.
  4. A avaliación que se efectúe nestes cursos deberá responder ós principios de progresiva e continua e terá en conta, entre outros elementos, o dominio da materia, o traballo diario na aula, os traballos teóricos e prácticos e a asistencia. ó remate de cada curso, ós asistentes que superaran as distintas fases de avaliación outorgaráselles un certificado coa cualificación de apto, expedido de forma conxunta pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Deputación Provincial de Pontevedra.

SÉTIMA. PROFESORADO
A Secretaría Xeral de Política Lingüística designará o profesorado encargado dos cursos entre as persoas que figuren na lista de profesorado colaborador para impartir cursos de galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que acreditasen ser licenciadas en Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica, sección de galego-portugués, que sexan demandantes de emprego e que teñan superados os cursos de formación do profesorado de linguaxe administrativa galega impartidos pola citada Secretaría Xeral.

Todo iso sen prexuízo de que se, de forma excepcional, tivesen que impartir algún curso profesoras ou profesores que sexan funcionarios, estarán obrigados ao cumprimento da normativa específica sobre o réxime de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (Lei 53/1984 e Real decreto 598/1985, do 30 de abril, sobre incompatibilidades).

OITAVA. NORMATIVA APLICABLE
Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse, no tocante á normativa e ao uso correcto do idioma (tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística), ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo do ano 2003. Do mesmo xeito acordarase especialmente o respecto rigoroso do uso da toponimia oficial nos temas previstos no artigo 10 da citada lei.

NOVENA. INCIDENCIAS

  1. A Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Política Lingüística resolverán aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e a xestión dos cursos. A Deputación Provincial de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Política Lingüística poderán modificar o desenvolvemento e os contidos dos cursos, as datas e os lugares, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.
  2. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Política Lingüística reservan para si o dereito a suspender, cancelar ou agruparen varias edicións das actividades, caso no que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

Pontevedra, 13 de outubro de 2010
O PRESIDENTE
ilexible
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 19/10/10, número 201, páxina 39, anuncio 2010011036.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/10/2010 15:11
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/