[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Organismo Autónomo Turismo Rías Baixas

Bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo da
provincia de pontevedra ano 2011

Anexo I. Solicitude | Anexo II. Declaración | Anexo III. Declaración
Anexo IV. Declaración | Anexo V. Certificado

1.— OBXECTO
Proceder á convocatoria de subvencións a entidades locais, en réxime de concorrencia competitiva, para a financiación de bolsas de colaboración de Técnicos Superiores en Información e Comercialización Turística e Diplomados en Turismo, ou equivalente, nas oficinas de turismo da provincia de Pontevedra durante o ano 2011.

2.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas subvencións os Concellos, Organismos Autónomos Locais, Mancomunidades de municipios e entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que dispoñan, alomenos, dunha oficina de información turística aberta ó público na mesma, debendo estas últimas estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT).

Non poderá adquirir a condición de beneficiario quen se atope incurso nalgunha das circunstancias ás que se refiren os apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA E CRÉDITO ORZAMENTARIO
O crédito dispoñible para a adxudicación das axudas indicadas na presente convocatoria será con cargo á aplicación equivalente á actual 843.432.462.03 do orzamento do O.A.L. Turismo Rías Baixas para o ano 2011, por importe total de 180.000 euros. En todo caso, a concesión das axudas quedará suxeita á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas da concesión durante o ano 2011.

4.— DOTACIÓNS MÁXIMAS DAS AXUDAS PARA A AS BOLSAS DE COLABORACIÓN
Cada entidade poderá solicitar axudas para un número máximo de dúas bolsas de colaboración, sempre que estas se realicen durante o ano 2011. O período de realización das bolsas poderá ser descontinuo, dependendo das necesidades de cada entidade.

O O.A.L. Turismo Rías Baixas financiará o 50% do importe bruto abonado pola entidade local a cada bolseiro, considerando que este será de 7,5 €/hora. Calquera variación da contía á alza será a cargo da entidade solicitante.

A axuda máxima concedida a cada entidade local será de 9.000 €. As axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para a mesma finalidade, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o 100% do custo real da mesma. A tal efecto, comunicarase ó O.A.L. Turismo Rías Baixas a obtención ou solicitude doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, u outros entes públicos ou privados, nacionais ou extranxeiros.

5.— CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS
As subvencións outorgaranse coa seguinte preferencia, tendo en conta as medidas de difusión que lle dará cada entidade á subvención concedida polo O.A.L. Turismo Rías Baixas – Deputación de Pontevedra:

  1. Municipios de interese turístico ………………………………………. 10 puntos
  2. Demais Concellos da provincia …………………………………………. 8 puntos
  3. Entidades sen ánimo de lucro …………………………………………… 5 puntos

6.— CARACTERÍSTICAS DOS BOLSEIROS CON CARGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA
Para poder optar á condición de becario con cargo as axudas concedidas en base a esta convocatoria, deberá ser membro dun país da Unión Europea e residente en España, e estar en posesión do título de Diplomado en Turismo ou equivalente, ou Técnico Superior de Información e Comercialización Turística, no momento da convocatoria de selección. A titulación debera ser, cando menos, obtida no ano 2002 ou con posterioridade a esta data.

Os títulos obtidos no extranxeiro ou en centros españois non estatais deberán ser validados ou recoñecidos.

7.— SELECCIÓN DE BOLSEIROS
A selección dos bolseiros efectuarase mediante valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:

  • Méritos académicos - ata un máximo de 10 puntos
    Expediente académico dos Diplomados en Turismo, tendo en conta a nota media:
    • Matrícula de honra: 5 puntos
    • Sobresaínte: 4 puntos
    • Notable: 3 puntos
    • Ben: 2 puntos
    • Aprobado: 1 punto
  • Expediente académico para os Técnicos Superiores de Información e Comercialización Turística, tendo en conta a nota media:
    • Matrícula de honra: 2,5 puntos
    • Sobresaínte: 2 puntos
    • Notable: 1,5 puntos
    • Ben: 1 punto
    • Aprobado: 0,5 puntos
  • Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos en Centros Oficiais, Universidades, Colexios Oficiais ou Escolas de Administración Pública relacionadas coas materias obxeto desta convocatoria – ata un máximo de 2 puntos
  • Master ou Postgrado (relacionado co sector turístico) 1 punto
    DURACIÓN / HORAS PUNTOS
    100 ou máis horas 0.25 puntos
    De 60 a 99 horas 0.20 puntos
    De 30 a 59 horas 0.15 puntos
    De 10 a 29 horas 0.10 puntos
    9 ou menos horas 0.05 puntos
    DURACIÓN / HORAS PUNTOS
    10 ou máis créditos 0.25 puntos
    De 6 a 9 créditos 0.20 puntos
    De 3 a 5 créditos 0.15 puntos
    De 1 a 5 créditos 0.10 puntos

    No suposto de que non se acredite a duración dos cursos, serán valorados a razón de 0.05 puntos.

  • Coñecemento de idiomas – ata un máximo de 2,50 puntos e serán computables un máximo de dous idiomas, a razón de un máximo de 1,25 puntos cada idioma.

    No caso de que os cursos de idiomas sexan valorados polo número de horas, aplicarase o baremo dos cursos.

    No caso de que os cursos de idiomas sexan dunha Escola Oficial o baremo será o seguinte:

    Nivel Básico Nivel Medio Nivel Avanzado
    0.75 puntos 1 punto 1.25 puntos
  • Coñecemento acreditado do idioma galego: ata un máximo de 0.50 puntos (no caso de ter varios cursos terase en conta só o de maior puntuación):
    Curso de iniciación ou Celga 3 0.25 puntos
    Curso de Perfeccionamento ou Celga 4 0.50 puntos
  • Selección: será realizada por parte da entidade beneficiaria co fin de valorar o coñecemento e capacidade dos bolseiros. A selección poderá ser a través dunha entrevista ou exame, ainda que non é de obrigado cumprimento.

8.— ÓRGANO COMPETENTE PARA A XESTIÓN DA SUBVENCIÓN E PARA DITAR RESOLUCIÓN
A ordenación e instrución do procedemento de concesión das axudas corresponderá o servizo técnico de turismo do O.A.L. Turismo Rías Baixas, que elevará a proposta de resolución, conforme todo o actuado, ó Consello Reitor do Organismo, quen adoptará a resolución en virtude da cal se outorgarán ou denegarán as subvencións solicitadas, en exercizo das competencias previstas no artigo 9 dos Estatutos do O.A.L. Turismo Rías Baixas e das bases de execución do orzamento do organismo para o ano 2011.

Con carácter previo, someterase a informe de fiscalización do servizo de Intervención.

9.— RESOLUCIÓN
A resolución e notificación desta convocatoria terá lugar no prazo máximo de seis meses a partires do día seguinte ó da finalización de presentación das solicitudes. Esgotado este prazo sen resolución expresa, poderá entenderse desestimada a petición correspondente.

Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6 b) da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a notificación individual poderá ser substituída pola publicación no B.O.P. ou na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou ben directamente recurso contencioso - administrativo, no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Pontevedra, conforme dispoñen os artigos 8, 44 e 46 da Lei 29/1998 reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

10.—SOLICITUDES
As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado ANEXO I desta convocatoria, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e nas páxinas web do O.A.L. Turismo Rías Baixas www.riasbaixas.depo.es, e da Deputación de Pontevedra: www.depontevedra.es.

Ditas solicitudes dirixiranse o Ilmo. Sr.Presidente do O.A.L.Turismo Rías Baixas, achegando a seguinte documentación:

  1. Solicitude de participación na convocatoria na que conste a identidade do representante e do solicitante e copia cotexada do seu N.I.F. ou C.I.F., segundo modelo do ANEXO I.
  2. No caso de entidades sen ánimo de lucro, fotocopia cotexada do certificado de estar inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.
  3. Declaración,debidamente asinada polo representante, onde se exprese a necesidade de contar con persoal destinado ás oficinas de información turística e o orzamento concretando o período de duración da bolsa, horas de traballo ó mes e custe total da bolsa de colaboración. Deberá figurar tamén o horario de apertura de cada oficina de información, así como as medidas de difusión na que se inclúa a imaxe institucional de “Turismo Rías Baixas – Deputación de Pontevedra” (ANEXO II)
  4. Declaración responsable, na que conste se a entidade obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien ditas bolsas e compromiso de comunicarlle ó Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas as que se obteñan nun futuro (ANEXO III)
  5. Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (ANEXO III)
  6. No caso de entidades sen ánimo de lucro, certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias co Estado e coa Seguridade Social e non ter débedas coa Deputación de Pontevedra, así como autorización ao O.A.L. Turismo rías Baixas, de obter, de forma directa, a acreditación do cumprimento das obrigas antes referidas, podendo, o solicitante, denegar expresamente o consentimento.
  7. Resolución ou certificación do acordo do órgano competente da entidade local no que se determine a actividade e se solicite a subvención para a súa realización.
  8. Certificado de domiciliación bancaria co número de conta da que é titular a entidade,

Cando a solicitude non reúna os requisitos solicitados ou non se acompañe da documentación que resulte esixible conforme ás presentes Bases, requirirase ó interesado para que no prazo máximo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

As solicitudes presentadas con anterioridade a esta convocatoria quedarán sen efecto, no caso de pretender a súa inclusión nesta convocatoria deberán formular nova petición acompañada da documentación correspondente.

11.—PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro do OAL Turismo Rías Baixas, de luns a venres en horario de 09:00 a 13:00 horas, durante 30 días naturais á contar dende o día seguinte á data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, podendo presentarse por calquera dos procedementos establecidos polo artigo 38.4º da Lei 30/92 do 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, deberá xustificarse a data e hora do envío antes de que finalice o prazo de presentación das solicitudes, mediante comunicación por Fax ó numero 986 868 750 do O.A.L.Turismo Rías Baixas ou mediante correo electrónico dirixido a: administracion.riasbaixas@depo.es. Transcorridos dez días dende a finalización do prazo de admisión, non se admitirá ningunha solicitude que chegue por estes outros medios.

Se o último día de finalización do prazo coincidira en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado o mesmo ata ó seguinte día hábil.

12.—OBRIGAS DA ENTIDADE BENEFICIARIA
Cada entidade beneficiaria deberá cumprir as seguintes obrigas:

  1. Velar polo correcto funcionamento do punto de información, dotándoo de material necesario para o correcto funcionamento.
  2. Cumprir o horario de apertura e peche da oficina de información turística comunicado a Turismo Rías Baixas na declaración acompañada coa solicitude.
  3. Dar publicidade do financiamento por parte deste organismo, que deberá ser acreditado á hora de xustificar a subvención.
  4. Aboar as becas, de forma mensual, a cada bolseiro/a.
  5. No caso de renuncia da subvención concedida, a entidade beneficiaria deberá comunicalo mediante escrito dirixido ó Consello Reitor de este organismo, indicando os motivos da mesma.
  6. No caso de variación do número de bolseiros/as, período e/ou horas de traballo solicitado inicialmente, a entidade deberá comunicalo mediante escrito indicando os motivos, e axuntando novamente o anexo II coas modificacións definitivas.
  7. Garantir que os bolseiros con cargo a estas axudas cumpran coa uniformidade establecida no apartado 13 destas bases.
  8. Realizar a selección dos bolseiros conforme o previsto na base 7ª.
  9. Permitir a asistencia dos bolseiros ós cursos de formación cuxa asistencia considere obrigatoria o O.A.L. Turismo Rías Baixas.
  10. Realizar as enquisas facilitadas polo O.A.L. Turismo Rías Baixas, seguindo as pautas proporcionadas por este organismo e facilitar os datos ó responsable designado polo organismo no momento que este determine de forma mensual. Estos datos estatísticos serán destinados ó Observatorio Turístico das Rías Baixas.
  11. Manter aberta ó público a oficina de información turística durante os días festivos da Semana Santa do ano 2011.

13.—PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DOS BOLSEIROS POR PARTE DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS
Cada entidade beneficiaria, unha vez recibido o acordo de concesión da subvención, deberá formar un comité para a selección dos bolseiros/as, tendo en conta os criterios de selección. As persoas seleccionadas deberán ter a titulación referida no apartado 6 destas bases.

Ó finalizar a selección dos bolseiros, a entidade beneficiaria deberá enviar unha copia da acta coa adxudicación das becas o O.A.L. Turismo Rías Baixas.

14.—CRITERIOS DE UNIFORMIDADE DOS BOLSEIROS
Cara a unha unificación dos criterios informativos a nivel provincial, o O.A.L. Turismo Rías Baixas– Deputación de Pontevedra establecerá unha xornada de presentación ou formación, co obxectivo de establecer pautas a seguir para unha información óptima e de calidade.

Asemade, estableceranse criterios xerais de uniformidade e dotarase a cada bolseiro/a do vestiario correspondente, coa finalidade de unificar a imaxe de todos os bolseiros das oficinas de información turística da provincia, cuxa utilización é de obrigado cumprimento.

15.—XUSTIFICACIÓN ECONÓMICA
O importe a aboar a cada entidade beneficiaria será satisfeito unha vez finalizada a duración da bolsa e presentada a correspondente xustificación da subvención, tendo en conta os criterios establecidos no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Será esixida a xustificación do 100% do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención concedida.

A xustificación económica presentarase nun prazo máximo de dous meses a partires da finalización de tódalas bolsas formalizadas pola entidade local con cargo a estas axudas, achegando a seguinte documentación:

  • XUSTIFICACIóN DOS GASTOS
    1. Conta xustificativa dos gastos, na que se incluirá o custo total das bolsas formalizadas ó amparo desta convocatoria, detallando as nóminas ou documento acreditativo de pago.
    2. Xustificación con copia compulsada dos documentos que acreditan o pago ós bolseiros, co importe da subvención concedida.
    3. Declaración responsable de que por parte da entidade se realizou publicidade da axuda recibida sinalando o importe da financiación por parte deste organismo. Dita publicidade deberá ser demostrada. (ANEXO IV)
    4. Declaración responsable de que tódolos documentos correspondentes a actividade subvencionada, se atopan no domicilio do beneficiario a disposición do O.A.L.Turismo Rías Baixas para o seu exame (ANEXO IV)
    5. Certificado emitido polo Secretario da entidade, no que consten os datos dos bolseiros, período de duración da bolsa, horas traballadas e importe bruto e liquido satisfeito. (ANEXO V)
    6. Copia compulsada do Documento Nacional de Identidade do persoal bolseiro, ou calquera outro que o sustitúa.
    7. Documento acreditativo de estar en posesión do título de Diplomado Turismo ou equivalente, ou Ciclo Superior en Comercialización e Información Turística de cada un dos bolseiros con cargo as axudas establecidas nestas bases.
  • XUSTIFICACIÓN DOS INGRESOS
    1. Detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada (indicando entidades, organismos, particulares, etc.). Non se esixirá no caso de administracións públicas.
    2. Financiamento propio.
    3. Declaración responsable de que os ingresos ou recursos alleos obtidos non superan o custo ou gastos da finalidade subvencionada.
  • XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS No caso de que a entidade beneficiaria non presente a xustificación no prazo establecido, darase por perdida dita subvención.

16.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Para garantir o cumprimento das condicións que se esixen nesta convocatoria os técnicos de turismo do O.A.L.Turismo Rías Baixas velarán para que se realicen correctamente as actuacións previstas. Neste caso, poderán efectuarse as oportunas inspeccións, emitindo o correspondente informe de valoración, podendo solicitar en calquera momento a información que consideren necesaria sobre a xestión e funcionamento da oficina de información.

17.— INCUMPRIMENTO DAS OBRIGAS, REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS E RÉXIME SANCIONADOR
O incumprimento das obrigas impostas como consecuencia da concesión das subvencións reguladas nas presentes bases, na resolución da concesión ou das establecidas con carácter xeral no artigo 14 da Lei 38/2003 de 17 de Novembro, Xeral de Subvencións, dará lugar á perda total ou parcial das axudas concedidas, sen prexuízo doutras responsabilidades nas que puidera incorrirse. En consecuencia, procederase a deixar sen efecto a resolución de concesión da subvención, previo trámite de audiencia e, no seu caso, ó reintegro das cantidades percibidas máis o interese de demora previsto legalmente en cada momento, conforme o disposto no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións.

Os importes a reintegran serán proporcionais ó grado de incumprimento no desenvolvemento da finalidade para a que foi concedida inicialmente a subvención e determinarase conforme os seguintes criterios:

  1. O incumprimento total da finalidade para a que se concedeu a subvención, da formalización das bolsas ou da obriga da xustificación, dará lugar á perdida do dereito de cobro ou o reintegro do 100% da subvención concedida.
  2. O incumprimento parcial, non determinante, da finalidade para a que se concedeu a subvención, da formalización das bolsas anunciadas ou da obriga da xustificación, dará lugar á pérdida do dereito de cobro ou reintegro parcial da subvención concedida no porcentaxe correspondente a actuación non efectuada ou non xustificada.

Ás subvencións reguladas nestas bases, no referido a infraccións e sancións, seralles de aplicación o previsto nos artigos 52 a 69 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

18.— RÉXIME XURÍDICO
Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas Bases de Execución do Orzamento do O.A.L. Turismo Rías Baixas e da Deputación de Pontevedra para o ano 2011, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e na Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común, así como, a demais normativa de pertinente aplicación.

Pontevedra, 01 de xullo de 2010
O PRESIDENTE
José Manuel Figueroa Vila
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 29/10/10, número 209, páxina 36, anuncio 2010011336.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/10/2010 11:32
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/