[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes » Escolas deportivas » 2010/2011
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
2012-2013
2011/2012
2010/2011
2009/2010
Trofeos Deputación de Pontevedra

Páxina [1] 2 3
DEPORTES 



ESCOLAS DEPORTIVAS PROVINCIAIS

Fútbol, balonmán, judo, patinaxe, fútbol sala, rugby, atletismo (escola de marcha), natación son as actividades que se ofertan para os nenos de toda a provincia, desde o 4 de outubro ata o 31 de maio.

A Deputación de Pontevedra segue apostando un ano máis polo deporte de base na provincia. Por cuarto ano consecutivo, e a través do Servizo de Deportes, dálles continuidade ás escolas deportivas provinciais, que lles permitirán ós nenos pontevedreses desenvolver actividades deportivas de maneira totalmente gratuíta.

Nesta ocasión as modalidades deportivas serán fútbol, balonmán, judo, patinaxe, fútbol sala, rugby, atletismo (escola de marcha) e natación. A Deputación creou escolas por toda a provincia para que todos os nenos poidan acceder a estas actividades. A organización e o financiamento da iniciativa corre a cargo da Deputación de Pontevedra. Ademais, conta coa organización técnica das federacións galegas de Fútbol, Balonmán, Patinaxe, Judo, Atletismo, do Coruxo F. C ., do Vigo Rugby Club e do Club de Natación Galaico.

As diferentes modalidades deportivas contarán con persoal para coordinar os máis de douscentos monitores que se distribúen por toda a provincia. Profesionais da talla do vigués Belarmino Alonso Costas, coñecido como Milucho (ex-adestrador de equipos como o Pontevedra C. F.), Covelo (ex-adestrador de porteiros do Real Club Celta de Vigo e ex-porteiro do F. C. Barcelona) e Rodolfo (ex-xogador do Atlético de Madrid) serán os encargados de que os rapaces se inicien ou afonden na práctica do fútbol.

Tamén terán grandes mestres os nenos que escollan patinaxe, disciplina na que Alberto e Mercedes Covelo, considerados uns dos mellores adestradores de patinaxe de España, lles intentarán mostrar ós seus alumnos a calidade artística deste deporte. Antonio Plaza, ex-adestrador da liga Asobal e director técnico da Federación Galega de Balonmán, é o responsable de mover a dous mil nenos que neste momento compiten en toda a provincia.

A modalidade de judo contará cos mellores profesionais, con técnicos considerados a nivel internacional, entre os que se atopan Luis Rodríguez Lamas, cinto branco-vermello 7º dan; Juan Carlos Garabato, seleccionador galego de categorías inferiores, e María Victoria Rodríguez, campiona galega. Outros, coma Ángel Villar González e Andrea Soria Domínguez, coordinan e asesoran tecnicamente estas escolas.

A coordinación de atletismo lévase a cabo desde a Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do deportista olímpico Santiago Pérez. Esta disciplina desenvólvese en concentracións periódicas, cuxo calendario fixará a Federación.

A modalidade de rugby estará coordinada polo Vigo Rugby Club, que desenvolve un importante labor de aprendizaxe deste deporte nas instalacións do complexo universitario de Vigo. O Coruxo F. C. é o equipo que ensinará a práctica deportiva do fútbol sala, que nos últimos anos acadou un importante aumento de nenos/as en diversas zonas da provincia. O Club Natación Galaico, cos seus monitores, imparte clases baixo as directrices da súa dirección técnica.

Todas as actividades se engloban no proxecto deportivo 2007-2011 da Deputación de Pontevedra.

As cifras avalan o proxecto do organismo provincial: máis de 7.000 rapaces están a participar nas actividades do programa en escolas repartidas por toda a provincia.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 01/08/2011 23:59
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/