[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 22 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura » Exposicións e certames » Festival Bandas
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Bienal Internacional de Arte
Certame novos valores
Certame de bandas de música
Concursos zonais de bandas
Exposición da camelia
Festival Bandas
Festivais de Corais
Festival Habaneras
Ligazóns

Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9
CULTURA 

Deputación de Pontevedra

I FESTIVAL ZONAL DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA"

Normas | Formulario de participación | Fotos

Normas

PRIMEIRA.-
A Deputación de Pontevedra, no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas de música desta provincia, convoca o Festival Zonal de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” que terá lugar nas seguintes datas:

SEGUNDA.-
Dado o carácter promocional que pretenden estes festivais, poderán participar neles todas as bandas de música da provincia de Pontevedra que o desexen.

TERCEIRA.-
Limítase o número de músicos, segundo as distintas categorías:

  • Sección primeira: de 61 músicos en adiante
  • Sección segunda: de 46 a 60 músicos
  • Sección terceira: ata 45 músicos

A organización verificará no momento da actuación que o número de músicos de cada banda corresponde cos esixidos na sección na que participa.

CUARTA.-
Para establecer a orde de actuación das bandas participantes, dentro de cada sección, realizarase un sorteo público.

QUINTA.-
Cada banda de música interpretará dúas obras de libre elección, unha delas será obrigatoriamente de autoría ou temática galega.(A Deputación de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras a interpretar).

A duración de cada unha das obras e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes:

  • Sección primeira: 15 ± 5 minutos
  • Sección segunda: 10 ± 5 minutos
  • Sección terceira: 10 ± 5minutos

SEXTA.-
As bandas de música percibirán en concepto de participación, con cargo á aplicación 11/330.334.481.06, as seguintes cantidades:

  • Sección primeira: 1.800 €
  • Sección segunda: 1.500 €
  • Sección terceira: 1.200 €

SÉTIMA.-
O prazo de inscrición remata o 25 de febreiro de 2011. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que se lle facilita, presentándoa no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra.

OITAVA.-
A inscrición no festival implica a completa aceptación das súas normas. Todas as bandas de música presentaranse no lugar da actuación coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización.

NOVENA.-
Cada agrupación participante recibirá un trofeo e un diploma acreditativo da súa participación no festival.



Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/03/2011 14:24
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/