[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

Páxina [1] 2 3 4
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Bolsa de traballo Contratacións laborais
Cidade Infantil Príncipe Felipe

Bases | Listas | Situación dos candidatos | Suspensión bolsa

Bases

Segundo o disposto no artigo 35 do Real decreto 364/95, de 10 de marzo, poderase proceder á contratación de persoal laboral non permanente para a realización de traballos que non poidan ser atendidos por persoal laboral fixo, conforme os principios de mérito e capacidade.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 19 do I Convenio colectivo para persoal laboral desta Deputación Provincial poderanse establecer relacións de candidatos para a substitución temporal de traballadores, ben a partir de procesos de selección de persoal funcionario ou laboral de carácter fixo, ben mediante convocatoria pública e aplicación dun baremo consensuado para o efecto na Comisión paritaria mixta e, en todo caso, coa previa a autorización correspondente.

En consecuencia, considerando o disposto nos citados preceptos legais e co fin de establecer un procedemento baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade, que asegure unha adecuada celeridade na selección e contratación do persoal en casos de urxencia e necesidade, a proposta da Comisión paritaria mixta, RESOLVO aprobar a convocatoria pública de selección do persoal que integrará a bolsa de traballo da Deputación de Pontevedra para contratacións laborais temporais con destino á Cidade Infantil Príncipe Felipe, que se rexerá polas seguintes

BASES:

PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
Esta convocatoria ten por obxecto constituír unha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de diferente persoal con destino á Cidade Infantil Príncipe Felipe, cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

  • Necesidades do servizo, por incremento temporal e excepcional da carga de traballo e a fin de garantir un adecuado funcionamento do servizo
  • Incapacidade temporal para cubrir baixas por enfermidade
  • Permiso por maternidade ou paternidade
  • Uso do período de vacacións ou permiso por asuntos propios
  • Licenza por asuntos propios

A través desta convocatoria preténdese seleccionar o persoal que integrará a bolsa de traballo así como regular a cobertura dos postos ofertados cando concorra algunha das causas sinaladas no apartado anterior.

SEGUNDA.- POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS
A súa denominación e características relaciónanse no Anexo I.

Están excluídas aquelas contratacións que derivan de proxectos ou programas de colaboración con outras administracións e as subvencionadas con fondos europeos que nas súas bases establezan un determinado sistema de selección ou a necesidade de que se oferten a través do Servizo Galego de Colocación.

TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. Para seren admitidos na bolsa de traballo os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
    1. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
    2. Ter cumpridos os dezaoito anos de idade e non exceder da idade de xubilación.
    3. Posuír a titulación requirida no Anexo I para desempeñar o posto de traballo ó que opta. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá xustificarse a habilitación mediante un documento que acredite de modo fidedigno a súa homologación.
    4. Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
    5. Non estar separado do servizo de ningunha administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado, por sentenza firme, para o exercicio de funcións públicas.
  2. Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data en que se formalice o contrato.

CUARTA.- SOLICITUDES

  1. As persoas que desexen formar parte da bolsa de traballo deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. presidente da Deputación de Pontevedra. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e teléfono para poderen localizalo así como a denominación do posto ofertado ó que opta, achegándolle a seguinte documentación:
    • Fotocopia do documento nacional de identidade ou a tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios
    • Documentación acreditativa dos méritos alegados debidamente compulsada
    • Tarxeta de demandante de emprego
    • Certificado actualizado que acredite ser perceptor de prestación
    • Fotocopia do libro de familia

    Neste senso só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias, así como os méritos alegados dentro deste prazo que fosen xustificados con posterioridade no prazo de emenda de defectos formais.

    No rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de instancia incluído no Anexo II desta convocatoria.

    Os aspirantes deberán presentar unha instancia por cada un dos postos de traballo solicitados.

  2. O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  3. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, na sede da Deputación en Vigo, ou en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de correos antes de seren certificadas.
  4. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e achegar un certificado médico que acredite a súa capacidade para desempeñar o posto de traballo ó que opta.

QUINTA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES
Rematado o prazo de presentación de instancias o presidente ditará resolución aprobando a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos para cada un dos postos de traballo ofertados, que será publicada no Boletín Oficial da Provincia e exposta no taboleiro de anuncios do Pazo provincial, na sede de Vigo e na páxina web da Deputación.

Os aspirantes excluídos e omitidos disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da dita resolución no BOP para emendar o defecto que motivase a exclusión.

Ademáis, todos os aspirantes deberán achegar no mencionado prazo os documentos alegados na súa instancia non xustificados.

SEXTA.- SISTEMA DE SELECCIÓN
A selección do persoal levarase mediante a valoración dos méritos achegados polos interesados segundo o baremo que figura na base décimo oitava e a realización dunha entrevista persoal.

SÉTIMA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR

  1. O tribunal cualificador estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, sendo a su composición a seguinte: presidente, secretario e tres vogais (un en representación do Comité de empresa), que serán designados polo presidente xunto coa aprobación da lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos.
  2. De conformidade co disposto no artigo 4. e) do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, os vogais deberán posuír unha titulación ou especialización igual ou superior ás esixidas para accederen ós postos de traballo ofertados e terán voz e voto.
  3. Os membros do tribunal poderán coñecer o estado das listas e acceder ós informes das seleccións realizadas a fin de comprobar se a orde de chamamento se corresponde coa lista. Asemade, serán informados puntualmente das renuncias ou exclusións.

OITAVA.- CUALIFICACIÓN DOS MÉRITOS
O tribunal cualificador valorará os méritos específicos alegados e xustificados documentalmente adecuados ás características dos postos de traballo conforme o seguinte

BAREMO:

  1. Experiencia profesional: ata un máximo de 6 puntos.
    • Por servizos prestados na Deputación en postos de traballo de igual ou similar categoría profesional, 0'90 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 5 puntos.
    • Por servizos prestados en calquera administración pública en postos de traballo de igual ou similar categoría profesional, 0'40 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 3 puntos.
    • Por servizos prestados na Deputación de Pontevedra en postos de traballo de distinta categoría profesional, 0'10 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 2 puntos.
    • Por servizos prestados en calquera outra administración pública en postos de traballo de distinta categoría profesional, 0'10 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 1 punto.

    A experiencia profesional deberá acreditarse mediante certificación, expedida pola admón. pública na que prestou servizos, facendo constar o posto de traballo que desempeñou e o cómputo total de días, meses ou anos traballados no modelo Anexo II ou similar que conteña os datos requiridos.

    Para tal efecto non se terán en conta as fotocopias de contratos de traballo, nin a vida laboral expedida pola tesourería xeral da Seguridade Social.

  2. Méritos académicos: ata un máximo de 3 puntos
    • Por ter o título de doutor 1,50 puntos
    • Por tese de licenciatura ou exame de grao 0'20 puntos
    • Por posuír outros títulos académicos distintos ó esixido para desempeñar o posto ofertado ata un máximo de 1,50 puntos:
      1. Título de licenciado universitario: 1 punto
      2. Título de diplomado universitario: 0'75 puntos
      3. Titulo de bacharelato, FP-II ou equivalente: 0,50 puntos
    • Por ter realizado un máster ou curso de especialización relacionado co contido do posto de traballo ó que opta cunha duración superior a 400 horas 0,60 puntos/máster; e cunha duración superior a 150 horas 0,40 puntos/curso de especialización, ata un máximo de 2 puntos.
    • Por ter realizado os cursos de doutoramento: 0,75 puntos
    • Por ter realizado traballos de colaboración ou investigación como bolseiro relacionados co posto ofertado 0,15 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 2 puntos.
  3. Superación de probas selectivas: ata un máximo de 2 puntos

    Neste apartado só se puntuarán as probas selectivas superadas cunha anterioridade non superior a cinco anos, referida a data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

    • Por acreditar ter superado todos os exercicios de probas selectivas convocadas para acceder a unha praza ou posto de traballo de igual ou similar categoría profesional establécense as seguintes puntuacións:
    • Na Administración do Estado 0,30 puntos
    • Na Administración autonómica 0,40 puntos
    • Nos concellos 0,50 puntos
    • Na Deputación 1,00 puntos
    • Por acreditar ter superado algún exercicio de probas selectivas de carácter eliminatorio convocadas para acceder a unha praza ou posto de traballo de igual ou similar categoría profesional establécense as seguintes puntuacións:
    • Na Administración do Estado 0,05 puntos/exercicio
    • Na Administración autonómica 0,10 puntos/exercicio
    • Nos concellos 0,15 puntos/exercicio
    • Na Deputación 0,20 puntos/exercicio

    Neste caso só se computarán os exercicios teóricos e prácticos que estean relacionados co posto de traballo ofertado.

  4. Cursos:
    Por ter asistido a xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, comunidade autónoma e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública, directamente relacionados co posto ó que se opta (incluídos os organizados polos sindicatos no marco do Acordo Nacional de Formación Continua), ata un máximo de 2 puntos, computándose:
    1. De 100 ou máis horas de duración 0,25 puntos/curso
    2. De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos/curso
    3. De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos/curso
    4. De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos/curso
    1. De 10 ou máis créditos 0,25 puntos/curso
    2. De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos/curso
    3. De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos/curso
    4. De 1 ou 2 créditos 0,10 puntos/curso

    Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da xornada, congreso, simposio, seminario ou curso en créditos ou número de horas.

    Así mesmo, non se computarán as xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos cunha duración inferior a un crédito ou dez horas.

    En caso de empate na puntuación acudirase para dirimilo á outorgada nos méritos enunciados no apartado a) de persistir o empate acudirase á prevista no apartado b) e así sucesivamente.

NOVENA.- CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL E VALORACIÓN DOS MÉRITOS
Os tribunais cualificadores deberán constituírse na data que designe o presidente para valorar e cualificar os méritos achegados conforme o baremo que figura na base oitava.

A dita valoración publicarase no BOP, no taboleiro de anuncios do Pazo provincial, na sede de Vigo e na páxina web da Deputación antes do 28 de febreiro do 2010.

Contra esta valoración os interesados poderán formular alegacións perante o tribunal no prazo de dez días, contados a partir desta publicación. No suposto de producirse alegacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobar a lista definitiva, que será publicada no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios coas modificacións que procedan.

DÉCIMA.- CRITERIOS DE VALORACIÓN DA ENTREVISTA
A entrevista será cualificada de cero a sete puntos. Para súa valoración teranse en conta os seguintes criterios:

  1. Por estar inscrito como demandante de emprego ata un máximo de UN PUNTO. Acreditarase coa tarxeta de demanda de emprego
    • Por levar mais de dou anos 1 punto
    • Por un ano e 6 meses 0,75 puntos
    • Por un ano 0,50 puntos
    • Por seis meses 0,30 puntos
    • Por máis de un mes 0,20 puntos
  2. Ser perceptor de prestacións de desemprego ata un máximo de UN PUNTO. Acreditarase co certificado da oficina de emprego:
    • Por ser beneficiario do subsidio de desemprego 0,30 puntos
    • Por ser beneficiario da axuda familiar 0,50 puntos
    • Por ser beneficiario de calquera outra prestación de desemprego 0,35 puntos
    • Por non ser perceptor de ningunha prestación de desemprego 1,00 puntos
  3. Situación da unidade familiar ata un máximo de DOUS PUNTOS.

    Acreditarase mediante a fotocopia do libro de familia e a tarxeta de demanda de emprego de ser o familiar a cargo maior de 16 anos, de ser o caso:

    • Por ter esposa/o ó seu cargo 0,50 puntos
    • Por ter esposa/o e un fillo ó seu cargo 1,00 puntos
    • Por ter esposa/o e dous fillos ó seu cargo 1,50 puntos
    • Por ter esposa e tres ou mais fillos ó seu cargo 2,00 puntos
    • Por ter un fillo ó seu cargo 0,50 puntos
    • Por ter dous fillos ó seu cargo 1,00 puntos
    • Por ter tres fillos ó seu cargo 1,50 puntos
    • Por ter catro ou máis fillos 2,00 puntos
  4. Aptitudes e coñecementos teóricos e prácticos sobre o contido do posto de traballo ofertado: ata un máximo de TRES PUNTOS. Acreditarase na entrevista coas preguntas que formule o tribunal.

DÉCIMO PRIMEIRA.- ENTREVISTA
O lugar, a data e mais a hora na que se realizará a entrevista correspondente a cada proceso selectivo será determinado polo presidente mediante resolución, que se publicará no BOP, no taboleiro de anuncios da Deputación, na sede de Vigo e na páxina web.

Os aspirantes convocaranse nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os aspirantes que no comparezan a realizalo salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal. Ademais, deberán presentarse a entrevista provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal.

Finalizadas as entrevistas o tribunal publicará as puntuacións outorgadas no taboleiro de anuncios do Pazo Provincial, na sede de Vigo e na páxina web.

DÉCIMO SEGUNDA.- APROBACIÓN DA BOLSA DE TRABALLO
Sumadas as puntuacións do concurso de méritos e da entrevista o tribunal confeccionará a bolsa de contratación por orde de maior a menor puntuación, segundo o posto de traballo ofertado, que será sometida a aprobación do presidente para a súa publicación no taboleiro de anuncios do Pazo provincial, da sede de Vigo e na páxina web para coñecemento dos interesados e demais efectos legais.

A contratación de persoal para cada un dos postos de traballo ofertados efectuarase seguindo a orde de puntuación establecida na bolsa de traballo.

DÉCIMO TERCEIRA.- VIXENCIA DA BOLSA
A bolsa de traballo terá unha duración de un ano, momento a partir do cal esta lista deixaría de ter vixencia.

DÉCIMO CUARTA.- FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE TRABALLO
Cando se deba proceder a unha contratación temporal ofertarase o posto de traballo ó primeiro aspirante da lista, por teléfono e mediante telegrama, dándolle un prazo de 48 horas para que acepte ou renuncie ó posto ofertado. De non recollerse o telegrama sobreenténdese que renuncia ó posto e poderá efectuarse o chamamento do seguinte da lista.

Cando un integrante da lista remate o seu contrato temporal reincorporarase ó posto que lle corresponde por puntuación.

Os integrantes da bolsa deberán comunicarlle ó Servizo de Recursos Humanos e Formación calquera variación no seu enderezo ou teléfono con respecto ós sinalados na solicitude de participación.

DÉCIMO QUINTA.- RENUNCIAS
A non aceptación ou renuncia a unha cobertura temporal dará lugar ás seguintes medidas:

  • Primeira renuncia: último lugar da lista.
  • Segunda renuncia: catro meses de exclusión.
  • Terceira renuncia: exclusión da lista.

Esta sanción non será aplicable nos seguintes supostos:

  1. Períodos de embarazo, maternidade ou situacións asimiladas.
  2. Situación de baixa por incapacidade temporal.
  3. Por outras causas de carácter excepcionais que así o determine o tribunal.

DÉCIMO SEXTA.- CONTRATACIÓN
A resolución do presidente terá carácter vinculante para a formalización dos contratos laborais de duración determinada que correspondan.

DÉCIMO SÉTIMA.- CONTROL DO ESTADO DAS LISTAS
O estado das listas poderase consultar na páxina web da Deputación (www.depontevedra.es).

DÉCIMO OITAVA.- CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
As bases desta convocatoria vinculan á Administración provincial, ó tribunal cualificador e ós aspirantes que participen no proceso selectivo convocado.

DÉCIMO NOVENA.- INCIDENCIAS
O tribunal queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

VIXÉSIMA.- RETIRADA DE DOCUMENTOS
Ó acadar este proceso selectivo a documentación presentada xunto coa instancia será trasladada ó Arquivo provincial. Posteriormente, transcorrido un prazo de seis meses, procederase á súa destrución, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo.

VIXÉSIMO PRIMEIRA.- RÉXIME XURÍDICO
Este proceso selectivo rexerase polo disposto nas bases desta convocatoria e no I Convenio colectivo para persoal laboral desta Deputación. As contratacións que deriven deste proceso selectivo axustaranse o previsto no Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, e demais normas de pertinente e concordante aplicación.

VIXÉSIMA SEGUNDA.- DISPOSICIÓN FINAL
As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións do tribunal poderán ser impugnadas nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99.

Pontevedra, 13 de novembro de 2009
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 23/11/2009, número 226, páxina 32, anuncio 2009012930.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/03/2012 10:56
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/