[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 20 DE MARZO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios » Promoción económica e do fomento do emprego » Plan formación para o emprego
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Promoción económica e do fomento do emprego
Plan formación para o emprego
SIL
Servizo de orientación laboral
Servizo de asesoramento a emprendedores
Oficina de atención ao inmigrante
Obradoiros de emprego
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Comercio
Área de Comercio
REDIC
OPIC
Proxectos europeos
Fomento emprego: Aquelando II
Medio Ambiente: Ecoredesaneasol
Turismo: Nea II
Proxectos finalizados
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Subvención Global
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio

Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Plan de formación para o emprego

A formación para o emprego é unha vía fundamental para incrementar a competencia, a empregabilidade e as posibilidades de inserción laboral dos desempregados. As accións que se realizan constitúen un dos elementos máis salientables dentro da Estratexia europea de emprego, que acordou o Consello Europeo extraordinario de Luxemburgo, e da estatal, de acordo co Plan nacional de acción para o emprego, para mellorar a empregabilidade dos traballadores desocupados.

O Servizo de Desenvolvemento Local da Deputación de Pontevedra ten como tarefa implantar as políticas activas de emprego na provincia, un conxunto de programas e medidas de orientación, emprego e formación para mellorar as posibilidades de acceso ó mercado laboral das persoas desocupadas e para fomentar o emprendemento e a economía social.

Para acadar este obxectivo este Servizo deseña anualmente un plan formativo composto por diferentes cursos, que se axustan ás necesidades actuais do mercado de traballo e se basean nos requirimentos de competitividade das empresas da nosa provincia e nas necesidades de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos desempregados, ós que capacita para acceder ó emprego e para desempeñar de maneira cualificada as diferentes profesións.

No 2009 realizáronse 47 cursos, que sumaron 14.120 horas e contaron cunha participación de 990 alumnos. Centráronse na formación dirixida ós diferentes sectores económicos coma a construción, administración, hostalería, atención ás persoas; tamén foi importante a difusión da cultura emprendedora para fomentar a creación de novas actividades empresariais.

No 2010 o Plan de formación para o emprego desenvolve 50 accións formativas, entre as que destacan as do Plan AFD, financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia (electricista de edificacións, instalación de enerxías renovables en edificios, axente comercial, formador ocupacional, idiomas, secretariado de dirección, experto en xestión de salarios e seguros sociais, deseño de planos en 2D e 3D, etc.)

O equipo de xestión do Plan de formación para o emprego está formado por axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDLs) e orientadores/as laborais que pertencen a diferentes ramas de especialidade.

Fotos entrega de diplomas a inmigrantes extracomunitarios

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/03/2011 14:37
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/