Deputación de Pontevedra
CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADOS EN HISTORIA, CON DESTINO AO
SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO
De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude
das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca dúas Bolsas de Licenciados Universitarios en Historia, consonte as seguintes
BA S E S
PRIMEIRA.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión de dúas bolsas,que teñen por
obxecto a realización de tarefas de colaboración de inventariado e catalogación dos distintos arquivos da
provincia.
SEGUNDA.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e
non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
- Estar en posesión do título de Licenciado/a en Historia ou en condicións de obtelo na data na que
remate o prazo de presentación de instancias.
- Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
- Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da
actividade obxecto da bolsa.
- Non haber sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra.
TERCEIRA.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200 €/mes por beneficiario, que se imputará á
aplicación 332.330.481.01 do orzamento provincial.
O pagamento da bolsa ós beneficiarios/as realizarase a partir da incorporación dos bolseiros/as, por
mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce das bolsas para os casos nos que o
bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.
O goce da bolsa será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das
Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.
CUARTA.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial
de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de 5 días naturais,
contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de
Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
- Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na
data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- Curriculum vitae e documentación acreditativa deste. A estes efectos, valoraranse a realización de
cursos relacionados con arquivística, inventariado, catalogación, especialmente arquivos gráficos,
fotografía, gravado-estampación, tarxeta postal.
- Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo
de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
- Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade que poida
impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada
do solicitante conforme este requisito se cumpre.
QUINTA.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que
estará integrada polos seguintes membros:
- Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado
provincial en quen delegue.
- Vogais:
- Un Deputado provincial.
- O Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.
- Un funcionario Técnico Superior pertenencente a Deputación Provincial de Pontevedra.
- Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación
superior en quen delegue.
Todos os membros terán voz e voto.
A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.
SEXTA.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a celebración dunha Entrevista Persoal, relacionada co
obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, que será valorada de (0.00 á 5.00 ) cero a cinco puntos, e na que se valorará os coñecementos relacionados có obxecto da bolsa, os cursos realizados e a experiencia profesional acreditada.
Os /aspirantes serán convocados á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa
publicación na páxina web do listado de admitidos, onde se indicará a data e hora de celebración da mesma.
Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado de puntuacións obtidas.
SÉTIMA.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación
desta bolsa ao aspirante que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo có especificado na cláusula sexta das presentes Bases.
OITAVA.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:
- As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario comece
o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas
por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo de Patrimonio
Documental e Bibliográfico e o acordo da Xunta de Goberno.
- A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que
sexa a natureza desta última.
- Os beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do
Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico có fin de non entorpecer o labor do persoal do
centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
- A aceptación e goce destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación
Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior
incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
- A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir
da publicación da convocatoria.
NOVENA.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Excma. Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación.
DÉCIMA.—I NTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases.
UNDÉCIMA.— DEREITOS SUPLETORIOS
A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxetaranse ao previsto nas presentes Bases, e ademáis, ao previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Pontevedra, a 22 de febreiro de 2011
|