[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 15 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2 3 4 5 6
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN BIOLOXÍA PARA ESTUDIO, CRÍA E POSTA A PUNTO DE NEMÁTODOS ENTOMOPATÓXENOS DA FINCA AREEIRO DEPENDENTE DO SERVICIO AGRARIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL.

De conformidade coa proposta do Xefe do Servicio Agrario e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Excma. Deputación Provincial convoca unha bolsa de Licenciado en Bioloxía para estudio, cría e posta a punto de nemátodos entomopatóxenos na Finca Areeiro, consonte as seguintes

B A S E S

1.— OBXECTO
Esta bolsa ten por obxecto o estudio, cría e posta a punto de nemátodos entomopatóxenos presentes nosa Comunidade coa finalidade de encontrar cepas autóctonas que poder multiplicar para iniciar un programa de loita biolóxica orientada a especies como o gorgoxo da vide e a Tipula paludosa .

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:

  1. Ser español.
  2. Estar en posesión do título de Licenciado en Bioloxía , ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 04/711.711.481.01 do orzamento provincial

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria, dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia acompañarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión do título de Licenciado en Ciencias Biolóxicas ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instacias.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae, e documentación acreditativa do mesmo.
  4. Méritos relacionados con los trabajos de investigación a realizar debidamente justificados.
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que disfrute da bolsa.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos aportados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal, ou Deputado Provincial en quen delegue.
  • Vocais: Un Deputado Provincial, un representante da Finca Areeiro, un funcionario Técnico Superior pertencente á Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario: O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue

Tódolos membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de mais da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados conforme o seguinte baremo:

  1. Expediente académico ata un máximo de tres puntos.
  2. Outros méritos ata un máximo de tres puntos
    1. Por haber realizado a tesina ata un máximo de un punto
    2. Por haber realizado masters ou cursos relacionados coas materias obxecto da bolsa ata un máximo de un punto
    3. Por acreditar outros méritos non comprendidos nos apartados anteriores e relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo de un punto.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporá á Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que considere máis idóneo para realizar o traballo de estudio, cría e posta a punto de nematodos entomopatóxenos na Finca Areeiro

Dito acordo publicarase no Taboleiro de Edictos do Pazo Provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración dun ano a contar dende a data na que o adxudicatario comece o disfrute da mesma na Finca Areeiro e poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe do Servicio Agrario e acordo da Comisión de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observa-lo horario de traballo e disciplina da Finca Areeiro co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e disfrute destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de ditos bolseiros ó expresado Organismo.
  5. A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu curriculm. O fallo da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

9.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolve-las dúbidas que se lle presenten e toma-los acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes Bases.

Pontevedra, 9 de febrero de 2004.



O PRESIDENTE,
Asdo. Rafael Louzán Abal





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 27/02/04, número 40, páxina 41, anuncio 2004001614.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4 5 6

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/05/2004 11:39
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/