[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 25 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 2 3 4 [5] 6
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE ENXEÑEIRO TÉCNICO FORESTAL OU AGRÍCOLA PARA A ÁREA DE FRUTICULTURA DA “FINCA AREEIRO”, DEPENDENTE DO SERVICIO AGRARIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL.

De conformidade coa proposta do xefe do Servicio Agrario e, en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta Deputación convoca unha bolsa de enxeñeiro técnico forestal ou agrícola para a área de fruticultura da Finca Areeiro consonte as seguintes

B A S E S

1.— OBXECTO
Esta bolsa ten por obxecto a realización de traballos de investigación na área de fruticultura da Finca Areeiro dependente do Servicio Agrario da Deputación.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán reunir as seguintes condicións:

  1. Ser español.
  2. Estar en posesión do título de enxeñeiro técnico forestal ou agrícola, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 04/711.711.481.01 do orzamento provincial

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia achegarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de posuír o título de enxeñeiro técnico forestal ou agrícola ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instacias.
  3. Certificado do expediente académico, curriculum vitae e a súa documentación acreditativa.
  4. Méritos relacionados cos traballos de investigación que se vaian desenvolver debidamente xustificados.
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, no caso de que fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que dure a bolsa.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vocais: un deputado provincial, un representante da Finca Areeiro e un funcionario técnico superior pertencente á Deputación.
  • Secretario: o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior no que delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:

  1. Expediente académico, ata un máximo de tres (3,00) puntos
  2. Outros méritos, ata un máximo de tres (3,00) puntos
    1. Por ter realizado o proxecto fin de carreira, ata un máximo dun (1,00) punto.
    2. Por ter realizado másters ou cursos relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo dun (1,00) punto.
    3. Por acreditar outros méritos non comprendidos nos apartados anteriores e relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo dun (1,00) punto.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión seleccionadora proporalle á Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que considere máis idóneo para desenvolveren estes traballos de investigación na área de fruticultura da Finca Areeiro.

Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas, que terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comece a facer uso dela na Finca Areeiro, poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do xefe do Servicio Agrario e o acordo da Comisión de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina da Finca Areeiro co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique unha relación de traballo laboral remunerado.
  4. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de ditos bolseiros ó citado organismo.
  5. A Comisión poderá convocar os solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu curriculum. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

9.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nestas bases.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2004.



O PRESIDENTE,
Asdo. Rafael Louzán Abal





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 27/02/04, número 40, páxina 38, anuncio 2004001615.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/05/2004 11:39
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/