[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 17 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
2009/2010
2010/2011
Trofeos Deputación de Pontevedra

Páxina [1] 2
DEPORTES 

Deputación de Vigo

I TORNEO INFANTIL FÚTBOL 7 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Bases | Formulario de participación | Participantes, fases e resultados | Fotos

Bases

DESTINATARIOS
Equipos de categoría infantil federados e escolas deportivas da Deputación de Pontevedra, na categoría infantil.

DATA E LUGAR
O Torneo Infantil Fútbol 7 Deputación de Pontevedra terá lugar do 18 ó 22 de abril de 2011 en distintos campos do concello de Vigo.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición publicarase e comunicaráselles a todos os equipos solicitantes o calendario coas datas, lugar e hora de competición.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A solicitude de inscrición (segundo modelo) deberá presentarse nas oficinas da sede de Vigo da Deputación de Pontevedra (r/Oporto, núm. 3, 36201 Vigo), ata o 31 de marzo de 2011, ou por calquera dos seguintes medios:

  • Fax: 986 229 622
  • Correo electrónico: info.vigo@depo.es

HORARIO
Os partidos xogaranse o luns, martes e mércores de tarde e o xoves e venres de mañá.

TEMPO DE XOGO
Cada partido terá dúas partes, de 20 minutos cada unha, cun descanso intermedio de 5 minutos.

SISTEMA DE COMPETICIÓN
Esta competición realizarase en grupos de catro.

Desenvolvemento:

  • Os primeiros de cada grupo enfrontaranse entre eles.
  • Os segundos de cada grupo enfrontaranse entre eles.
  • Os terceiros de cada grupo enfrontaranse entre eles.
  • Os cuartos de cada grupo enfrontaranse entre eles.

Deste xeito haberá un campión en cada grupo.

ARBITRAXES
A Federación Galega de Fútbol e o Colexio de Árbitros faranse cargo da arbitraxe dos partidos co único fin de colaborar e velar polo desenvolvemento normal da competición.

CRITERIOS DE CLASIFICACIÓN

  • 1º. Puntos
  • 2º. Resultado entre os equipos
  • 3º. Diferenza de goles
  • 4º. Goles a favor
  • 5º. Goles en contra

NORMAS DA COMPETICIÓN

  1. Non se permitirá a duplicidade de xogadores nos equipos do mesmo club ou escola deportiva.
  2. Todos os rapaces xogarán un mínimo de 10 minutos en cada partido, de non ser así perderá o partido.
  3. A tarxeta amarela implicará dous minutos de expulsión sen posibilidade de que entre outro xogador no terreo de xogo.
  4. Os cambios de xogadores efectuaranse comunicándoo na mesa da organización (non se parará o tempo).
  5. Se nun momento do partido algún equipo queda con menos de cinco xogadores no terreo de xogo perderá o partido. Se o resultado nese momento fose favorable ó infractor daráselle o partido por perdido 3-0. Se o resultado fose desfavorable sumaráselle o resultado dese momento 3-0.
  6. A expulsión por dobre amarela ou vermella directa implicará non xogar o seguinte partido.
  7. As sancións de cada xornada comunicaranse antes da xornada seguinte.
  8. Os xogadores pasarán pola mesa de anotación para identificarse 15 minutos antes do comezo de cada partido.

    As restantes normas de xogo rexeranse polo Regulamento de fútbol 7 da Real Federación Española de Fútbol.



Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/04/2011 14:13
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/