[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 18 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 28 de xaneiro do ano 2004, adoptou, entre outros este acordo:

7.4989.— BASES REGULADORAS DE AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS
PARA DOTACIÓN DE SERVICIOS BÁSICOS A PRAIAS


Vistos os informes favorables emitidos por Asesoría Xurídica e o de Intervención no que certifica a existencia de consignación por importe de 520.000,00 € na partida 04/711.442.762.82 do vixente Presuposto Provincial, segundo retención de crédito número 200400004126; visto así mesmo o dictame favorable da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSOE, aproba-las Bases reguladoras de axudas a entidades locais para dotación de servicios básicos a praias e que son do teor literal seguinte:

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS
PARA A DOTACIÓN DOS SERVICIOS BÁSICOS ÁS PRAIAS


PRIMEIRA.— Principios xerais
A Deputación de Pontevedra, para mante-las praias da provincia e o seu contorno nas debidas condicións de limpeza e seguridade, vai continuar coas axudas para a dotación de servicios básicos ás praias iniciadas fai sete anos.

SEGUNDA.— Obxecto da convocatoria
Constitúe o obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida presupostaria 711.442.762.82, para dotar de servicios básicos ás praias e ó seu contorno, cun crédito inicial de CINCOCENTOS VINTE MIL EUROS ( 520.000,00 €).

TERCEIRA.— Actuacións susceptibles de axudas e contía da subvención

  1. Serán obxecto de axudas os investimentos realizados en equipamentos para o mantemento das praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade: duchas, puntos de auga potable, torres de vixilancia, megafonía para a advertencia de perigo, balizaxes para separación de zonas de baño, sinalización adecuada de servicios básicos e accesos, maquinaria de limpeza e demais equipamentos necesarios para ese fin que non se atopen aquí especificados.
  2. As axudas económicas poderán acada-lo 75% do investimento realizado ata un máximo de trinta e seis mil sesenta e un euros (36.061,00 €) por proxecto.

O Ilmo. Sr. Presidente ou o órgano competente desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión.

CUARTA.— Beneficiarios
Poderá solicita-la subvención calquera municipio costeiro que teña praias que se frecuenten habitualmente na época estival e que carezan dos servicios que se especifican no punto anterior, ou ben que desexen melloralos.

QUINTA.— Formalización das solicitudes

  1. As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándose a seguinte documentación:
    1. Memoria explicativa e detallada dos equipamentos que adquirirán. Na memoria debe figura-lo nome e maila extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de que sexa posible, co plano correspondente.
    2. Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevexa a adquisición.
    3. Presuposto desglosado dos equipos dos que se prevexa a adquisición.
    4. Certificado do acordo polo cal a Corporación se acolle á subvención e se compromete a realiza-la actuación.
    5. Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estas actuacións a outras Administracións Públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación.
  2. O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezan sobre a actuación proposta.

SEXTA.— Prazo de presentación de solicitudes
As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial.

Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a estas axudas fóra do prazo anteriormente sinalado.

SÉTIMA.— Condicións e selección de solicitudes

  1. Na presentación de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios:
    • Concello declarado de interese turístico galego.
    • Importancia turística do Municipio.
    • Número de usuarios das praias.
    • Praias candidatas para obteren a bandeira azul da CEE.
    • Número de praias.
  2. Os Concellos beneficiarios deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actuacións ou adquisicións que realicen.

OITAVA.— Xustificación e aboamento das subvencións

  1. Para recibi-las subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar directamente na Deputación Provincial os seguintes documentos:
    • Memoria detallada da actuación.
    • Escrito asinado polo Alcalde que se lle dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación solicitando que se efectúe o pagamento da subvención e indicando a contía e mailo concepto subvencionado, así como o número da conta corrente á que teña que envía-la transferencia.
    • Facturas orixinais, fotocopia compulsada das mesmas, ou certificación da obra realizada.
    • Certificado acreditativo, expedido polo Secretario, de que as facturas ou certificacións que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente.
    • Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para o mesmo fin a outras Administracións Públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación.
    • Certificacións de estar ó corrente de pago coa Seguridade Social e a AEAT, sendo suficiente telas presentadas ó principio do exercicio.
  2. A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2005.

NOVENA.— Control e seguimento das subvencions
Os servicios técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflictindo o resultado no correspondente informe, así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

DÉCIMA.— Responsabilidades
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

O que lle comunico a Vde. para o seu coñecemento e efectos, coa salvidade que establece o art. 206 do ROF.

Pontevedra, a 12 de febreiro de 2004.—



O SECRETARIO





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 20/02/04, número 35, páxina 10, anuncio 2004001301.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/02/2004 05:57
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/