[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 23 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
2009/2010
2010/2011
Trofeos Deputación de Pontevedra

DEPORTES 

Deputación de Pontevedra

Mundialito das Nacións

Grupos | Calendario competicións

O Mundialito das Nacións é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que nace co obxectivo de facilitar a integración dos inmigrantes da cidade de Vigo. Ofréceselles un proxecto no que se poden sentir identificados coas súas raíces e ó mesmo tempo adaptarse socialmente na súa nova situación. A idea é crear unha liga de todos e para todos, na que competirán equipos das diferentes nacionalidades presentes na cidade, cada un representando o seu país. Todo iso a través do fútbol, xa que pola súa condición global e integradora bríndalle a oportunidade a calquera colectivo de inmigrantes de gozar dun contexto idóneo no que se divertir co deporte e se desenvolver socialmente, afastándose así dos posibles problemas de marxinalidade ou rexeitamento social.

O Mundialito das Nacións disputarase os domingos pola tarde, desde o 13 de marzo ata o próximo 1 de maio. O campionato consta dunha fase previa, dividida en cinco xornadas en forma de liga, na que participarán todos os equipos segundo o calendario establecido, de eliminatorias posteriores cos equipos clasificados e dunha fase final. Na primeira fase os emparellamentos faranse de forma aleatoria en catro grupos de seis equipos, cada grupo identificarase por unha cor. Nestes grupos xogarase nun sistema de liga, todos contra todos a unha volta, e clasificaranse catro equipos por cada grupo para os oitavos de final, garantindo así un mínimo de cinco partidos para cada equipo. A partir de aí continuarase xogando en cuartos de final, semifinais e final, tamén haberá partidos para clasificar os postos do terceiro ó oitavo. Disputarase ademais un partido entre dous equipos femininos o día da fase final, xusto antes da final do torneo.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/05/2011 12:32
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/