[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 18 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 28 de xaneiro do ano 2004, adoptou entre outros o seguinte acordo:


PLAN CULTURAL 2004

B A S E S

1.- OBXECTO
A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, agrupacións, entidades e asociacións culturais, retribuirá coa cantidade fixada na partida 04/451.451.226.11 os grupos da provincia polas actuacións aprobadas e realizadas.

2.- DESTINATARIOS
Poderanse acoller a estas axudas as seguintes agrupacións da provincia:
  • Bandas de música
  • Masas corais
  • Grupos folclóricos
  • Grupos de gaitas
  • Roldas
  • Ballet e danza
  • Música clásica
  • Música tradicional
  • Teatro
  • Maxia e humor...

Non poderán participar nesta convocatoria os distintos grupos que baixo un mesmo CIF pretendan incluírse nunha mesma modalidade, especialidade ou xénero musical.

3.- PRAZO DE INCLUSIÓN
Os interesados cubrirán a solicitude de inclusión neste plan, que presentarán no rexistro xeral deste organismo desde o día seguinte ó da súa publicación no BOP deica o 17 de febreiro de 2004, no modelo oficial que facilitará o departamento de Cultura.

4.- DOCUMENTACIÓN
Os interesados achegarán, xunto co CIF do colectivo, a certificación da conta bancaria, o currículum e a documentación prevista na base 9.

As agrupacións interesadas na súa inclusión e carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación bancaria da conta aberta a nome do grupo.

5.- SELECCIÓN
A selección e inclusión dos grupos peticionarios levaraa a cabo a Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar o asesoramento necesario, contratando informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que han de avaliar os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva.

6.- RETRIBUCIÓN
Cada actuación será retribuída cos seguintes importes:

GRUPO IMPORTE / EUROS
BANDAS DE MÚSICA:
     Grupo A520
     Grupo B455
     Grupo C390
MASAS CORAIS:
     Grupo A260
     Grupo B230
GRUPOS FOLCLÓRICOS:
     Grupo A260
     Grupo B200
     Grupo C165
MÚSICA TRADICIONAL:
     Bandas de gaitas230
     Grupos de gaitas165
     Roldas230
     Folk260
MÚSICA CLÁSICA:
     Grupo A230
     Grupo B200
     Orquestras325
GRUPOS VARIOS:
     Ballet e danza230
     Maxia e humor200
     Outros....200
GRUPO DE TEATRO:
     Grupo A490
     Grupo B360


7.- PAGAMENTO
O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura debidamente cuberto, facilitado polo departamento de Cultura e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data de actuación, quedando sen efectos transcorrido o dito prazo.

Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF emitido por Facenda.

Os solistas e agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente no momento (R.d. 214/99, que aproba o Regulamento do IRPF) e modificacións posteriores.

8.- OBRIGA
As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio.

9.- CLASIFICACIÓN
As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira:


  1. BANDAS DE MÚSICA: as que teñan
    1. Un mínimo de 70 membros e unha escola de música.
    2. Un mínimo de 50 membros.
    3. Un mínimo de 35 membros.

    Para seren incluídas nos respectivos epígrafes presentarán como documentación:

    • Fotocopia do CIF da entidade.
    • Certificación da conta bancaria.
    • Relación nominal de compoñentes e DNI.
    • Relación de alumnos e profesorado da escola de música facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial.

  2. MASAS CORAIS: as que teñan
    1. Un mínimo de 50 membros.
    2. Un mínimo de 30 membros.

    Para seren incluídas nos respectivos epígrafes presentarán como documentación:

    • Fotocopia do CIF da entidade.
    • Certificación da conta bancaria.
    • Relación nominal de compoñentes co seu DNI.

  3. GRUPOS FOLCLÓRICOS: os que teñan
    1. 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc.
    2. 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile.
    3. 16 membros e grupo instrumental propio.

    Para ser incluídos nos respectivos epígrafes, presentarán como documentación:

    • Fotocopia do CIF da entidade.
    • Certificación da conta bancaria.
    • Relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI.
    • Relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI.
    • Relación de alumnos da escola de baile.

  4. MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL, VARIOS E TEATRO
    Para ser incluídos neste epígrafe, presentarán como documentación:
    • Fotocopia do CIF da entidade
    • Relación de compoñentes co seu DNI
    • Programación para desenvolver, custo de montaxe

    Música clásica:

    1. Grupo A: grupos de cámara.
    2. Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos.
    3. Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral
      (corda e vento).

Ó currículum dos interesados na inclusión do Plan Cultural 2004 achegarase a documentación acreditativa dos méritos expostos, que avaliarán os técnicos e expertos na materia para a súa posterior clasificación.

10.- SOLICITANTES DAS ACTUACIÓNS
As entidades solicitantes de grupos artísticos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectua-la súa actuación sen impedimento ningún. Débense poñer en contacto con eles para coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra.

11.- PRAZO DE SOLICITUDES
As peticións para actuacións destes grupos solicitaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración, non concedéndose máis dun grupo por cada acto que vaia ter lugar.

Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada.

12.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS
A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios, ponderando as seguintes circunstancias:

  • Adecuación da actuación ó interese provincial: 40%.
  • Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver: 20%.
  • Número posible de beneficiarios do evento: 20%.
  • Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación: 20%.

13.- VIXENCIA
O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2004, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.



Pontevedra, 29 de xaneiro de 2004.



O PRESIDENTE,
Asdo. Rafael Louzán Abal





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 30/01/04, número 20, páxina 2, anuncio 2004000745.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/02/2004 07:01
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/