[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Medio Natural
Páxina Principal
Servizos
Medio Natural
Pesca e Cultivos Mariños
Subvencións
Convenios
Medio Ambiente
Axudas
Residuos
Educación ambiental
Agricultura
Agricultura
Convenios
Prestación servizos
Axudas
Sector Forestal
Instalacións deportivas
Agricultura Biolóxica
Instalacións
Finca Castelo de Soutomaior

MEDIO NATURAL 

Deputación de Pontevedra

PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL “DESCUBRE A
NATUREZA EN PRIMAVERA”

Formulario de solicitude

O servizo de Medio Natural vai poñer en marcha o programa de educación ambiental Descubre a Natureza en Primavera, dirixido ós alumnos da provincia de Pontevedra que cursen estudos de 5º e 6º de Educación Primaria.

Desenvolverase na granxa-escola Kiriko nunha xornada dun día (desde as 10:00 h ata as 17:00 h), con comida incluída, de luns a venres, entre o 28 de marzo e o 15 de abril de 2011.

Os obxectivos que se perseguen con este programa son: promover o respecto polo noso contorno natural a través do seu coñecemento e as súas peculiaridades, facilitar a incorporación de contidos relativos á protección do medio ambiente nas actividades cotiás dos escolares e potenciar os valores de convivencia e a adquisición de hábitos saudables baseados nun maior contacto co noso medio natural.

A actividade comprende un percorrido de interpretación ambiental polo contorno da granxa-escola Kiriko, busca de indicios do tránsito de animais no bosque, xogos de educación ambiental e talleres de reciclaxe.

O número de alumnos participantes será de novecentos (900) e o custe total do programa ascende a 19.051,2 €.

O prazo de solicitude rematará o 25 de marzo de 2011. A selección dos colexios realizarase por rigorosa orde de entrada no rexistro, dándolles prioridade ós centros que non participaran no programa Exploradores da Natureza, que tivo lugar en decembro de 2010.



INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/03/2011 10:22
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/