[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS, EN RÉXIME DE CONCURRENCIA COMPETITIVA, CON DESTINO Ó SERVIZO DE MEDIO NATURAL

Bases | Solicitude | Admitidos e data entrevista
Resultados

De conformidade coa proposta do Servizo de Medio Natural, na que solicita a convocatoria de dúas Bolsas dirixidas a Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, para a realización de tarefas de investigación e colaboración, co fin de mellorar e prestar asistencia técnica reforzar o asesoramento en materia de viticultura e horta, das plantacións de viñedos e cultivos da provincia de Pontevedra, en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de Xulio, da Administración Local de Galicia , esta Deputación Provincial convoca dúas Bolsas de traballo, consonte as seguintes

BA S E S

PRIMEIRA.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento para a concesión, de dúas Bolsas, que teñen por obxecto a realización de Tarefas de investigación e colaboración, co fin de mellorar e prestar asistencia técnica reforzar o asesoramento en materia de viticultura e horta, das plantacións de viñedos e cultivos da provincia de Pontevedra, con destino no Servizo de Medio Natural.

Titulación: As bolsas están dirixidas a Enxeñeiros Técnicos Agrícolas.

SEGUNDA.—CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión da titulación exixida, ou estar condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non haber sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra.

TERCEIRA.—DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200,00 €, que se imputará á aplicación presupuestaria 410.410.481.01 do orzamento provincial.

O pagamento das bolsas ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da mesma para os casos nos que se inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce das bolsas será incompatible con calesquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión.

CUARTA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • 4.1.—As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:
    1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
    2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
    3. Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
    4. Méritos relacionados cos traballos de investigación que se vaian a desenvolver, debidamente xustificados.
    5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
    6. Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.
  • 4.2.—En canto á presentación das solicitudes,ademáis do recollido no apartado primeriro desta clásusula, os/as solicitantes estarán ao disposto no artigo 23.puntos 3,4 e 5 da Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, en todo aquello que lles sexa de aplicación.

QUINTA.—COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    Un Deputado provincial.
    O Xefe do Servizo De Medio Natural.
    Un funcionario Técnico Superior pertenencente a Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros,titulares ou suplentes indistintamente.

SEXTA.—SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección do bolseiro/a efectuarase mediante o sistema de Entrevista Persoal. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase o listado de admitidos no Taboleiro de Anuncios do Pazo Provincial e na páxina web, convocándose ós/as aspirantes para a celebración da Entrevista.

A Entrevista será puntuada entre cero (0,00) e cinco (5,00) puntos, e nela a Comisión Seleccionadora formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados có desempeño das Bolsas, a fin de determinar a sua idoneidade a na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web o resultado.

SÉTIMA.—RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ao aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación.

O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

OITAVA.—CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que os/as adxudicatarios/as comezarán o seu desempeño no Servizo de Medio Natural e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Medio Natural có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e goce desta Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. O beneficiario/a da Bolsa deberán suscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro Seguro Privado.
  6. A Comisión poderá convocar aos solicitantes para aclaracións que teñan relación cos seus curricula. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

NOVENA.—DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido este plazo, esta Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación.

DÉCIMA.—INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases.

UNDÉCIMA.—RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria das Bolsas e a selección dos bolseiros/as así como a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas, suxeitarase ao previsto nas presentes Bases, e ademáis, ao disposto na Lei Xeral de Subvencións ( Lei 38/2003 de 17 de novembro) e na Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administraciós Públicas e Procedemento Administrativo Común ( Lei 30/1992 de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999).



Boletín Oficial da Provincia, data 22/03/11, número 56, páxina 15, anuncio 2011002670.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/04/2011 10:28
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/