[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 18 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Promoción económica e do fomento do emprego
Plan formación para o emprego
SIL
Servizo de orientación laboral
Servizo de asesoramento a emprendedores
Oficina de atención ao inmigrante
Obradoiros de emprego
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Comercio
Área de Comercio
REDIC
OPIC
Proxectos europeos
Fomento emprego: Aquelando II
Medio Ambiente: Ecoredesaneasol
Turismo: Nea II
Proxectos finalizados
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Subvención Global
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio

Páxina [1] 2 3 4
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Deputación de Pontevedra

BASES DE SUBVENCIÓNS EN ESPECIE PARA A INSTALACIÓN EN UNHA ESTRUCTURA NÁUTICA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE SISTEMAS DE MELLORAS MEDIOAMBIENTAIS E DOTACIÓNS DE MELLORAS DE ACCESIBILIDADE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO MARCO DO PROXECTO NEA 2 COFINANCIADO POLO PROGRAMA TRANSNACIONAL ESPAZO ATLÁNTICO DO F.E.D.E.R.

Bases | Formulario de solicitude
ENTIDADES ADMITIDAS/EXCLUÍDAS
Resolución provisional
Resolución definitiva
Resolución presidencial

Bases

Con data 24 de outubro de 2011 foi formulada polo instrutor, o xefe do servizo de desenvolvemento local e Fondos Comunitarios, a seguinte proposta de resolución provisional:

De conformidade co estipulado no arto 24.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e concordantes, e á vista da acta-informe emitida pala comisión de valoración de data 29 de agosto de 2011, o instructor que subscribe formula PROPOSTA DE RESOLUCiÓN PROVISIONAL segundo a relación que figura mais abaixo:

Con data de 20 de setembro de 2007, a Comisión Europea aprobou o Programa Operativo de Cooperación Territorial Europea relativo á Cooperación Transnacional do Espazo Atlántico para o período 2007-2013 concedendo a axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (F.E.D.E.R.).

O comité de seguimento deste programa publicou o 14 de marzo de 2008 a primeira convocatoria para a presentación de proxectos para ser cofinanciados polo FEDER ao abeiro deste programa.

Neste contexto, a Deputación Provincial de Pontevedra presto u a súa colaboración para a presentación do proxecto "NEA 2/1 con diversos socios do espazo atlántico a esta convocatoria liderados polo Conseil Général de Bretagne, ca fin de ser cofinanciado polo FEDER. O obxectivo xeral do proxecto é a promoción do sector náutico da provincia de Pontevedra e das augas interiores, a mellora medioambiental das estruturas náuticas, a formación e accesibilidade ao litoral dirixida a discapacitados e o fomento da náutica sostible a través da realización de material publicitario, eventos, seminarios, conferencias, coloquios, etc.

Con data de 20 de abril de 2009, o Conseil Général de Bretagne enviou escrito con rexistro de entrada nesta Deputación número 15729 de data 27 de abril de 2009. Este escrito achega carta oficial de concesión dunha axuda FEDER de 124.243,00 €uros para un partenariado formado por 23 socios, entre os que se atopa a Deputación de Pontevedra.

Con data do 11 de abril de 2011 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases de subvencións en especie para a instalación en un ha estrutura náutica da provincia de Pontevedra de sistemas de melloras medioambientais e dotacións de mellaras de accesibilidade para persoas con discapacidade no marco do proxecto NEA 2 cofinanciado polo programa transnacional Espazo Atlántico do F.E.D.E.R.

As solicitudes presentadas foron as que se relacionan a continuación :

Entidades admitidas:

NomeLocalidadeCIF
Real Club Náutico de VigoVigoG-36612752
Concello de AgoladaAgoladaP-3602000-F
Club Náutico de PanxónNigránG-36626026
Club Náutico de RaxóPoioG-36486132
Club Náutico San Vicente do Mar - O GroveO GroveG-36265817
Club Náutico de PortonovoSanxenxoG-36190528
Real Club Náutico de Rodeira - CangasCangas do MorrazoG-36040756

Entidades excluídas:

NomeLocalidadeCIFMotivo
Asociación Puerto Miau de VigoVigoG-36893808Presentación fóra de prazo
Porto Deportivo San Adrián de CobresVilaboaB-36894939Presentación fóra de prazo

Tal como expón o informe-proposta provisional do instrutor do procedemento, unha vez comprobado que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder á subvención procedeuse á notificación dos correspondentes requirimentos para a subsanación de defectos ou omisións detectados no prazo improrrogable de dez días hábiles contados a partir do día seguinte á recepción da notificación, de acordo co establecido nos artigos 71 e 76.1 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procede mento administrativo común, en relación co 23.5 da Lei 38/2003, xeral de subvencións ditada nos termos previstos no artigo 42.

Logo de conceder o prazo e recibida a documentación, procedeuse a realizar unha nova verificación documental, así como a valoración das diferentes propostas. Segundo se deriva do informe do instrutor do procedemento xa mencionado, as propostas presentadas sintetízanse no seguinte cadro coa valoración técnica:

Orde de preferenciaNome da entidadeLocalidadeCIFValoraciónEquipamentos en especieValor do equipamento
1Real Club Náutico de VigoVigoG-3661275281 puntos-2 kit anticontaminación
-1 unidade móbil aspiración
1 vehículo eléctrico
21.051,20 €
2Club Náutico de PortonovoSanxenxoG-3619052880 puntos-Equipo de recollida de augas de sentida e negras
-Equipo de material loita contra hidrocarburos
-Grúa de accesibilidade para persoas disminuídas
13.953,50 €
3Club Náutico de PanxónNigránG-3662602671 puntos-1 grúa elevadora e braga; 1 rampa de acceso para minusválidos; 2 inodoros, 2 lavabos e 1 asento duchas especiais discapacitados; 2 barras apoio; 2 pratos duchas; 1 kit anticontaminación; 1 botiquín de emerxencias; 5 papeleiras, 4 contedores; 283 lámparas baixo consumo; 3 duchas monomando ergonómicos; 2 conxuntos monomando con válvula temporizadora; 2 billas electrónicas con sensor; 2 billas con maneta ergonómica16.976,84 €
4Club Náutico San Vicente do Mar- O GorveO GroveG-3626581765 puntos--
5Concello de AgoladaAgoladaP-3602000-F62 puntos--
6Club Náutico de RaxóPoioG-3648613236 puntos--
7Real Club Náutico de Rodeira-CangasCangas do MorrazoG-3604075610 puntos--

Tal como se establece no seu encabezado, as Bases de subvención en especie para a instalación en unha estrutura náutica da provincia de Pontevedra de sistemas de melloras medioambientais e dotacións de melloras de accesibilidade para persoas con discapacidade no marco do proxecto NEA 2 cofinanciado polo programa transnacional Espazo Atlántico do F.E.D.E.R. publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 11 de abril de 2011 establecían que os sistemas de melloras medioambientais e de accesibilidade se instalarían nunha soa estrutura náutica. Non obstante, a entidade mellor valorada segundo a puntuación outorgada é o Real Club Náutico de Vigo, que tan só solicitaba equipamentos pola contía de 21.051,20 €, dos cales 12.201,20 € pertencen ao ámbito medioambiental e 8.850,00 € ao de accesibilidade.

Esta convocatoria de subvención realízase polo procedemento ordinario de concesión en réxime de concorrencia competitiva . En todo caso, as solicitudes respectan o obxecto, condicións e finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos, pero non se pode conceder a subvención en especie por unha contía maior á solicitada. Polo anterior, débese conceder, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, a aquelas entidades que tiveran obtido maior valoración en aplicación dos criterios correspondentes. Así, o valor da subvención en especie solicitada pola entidade mellor puntuada de acordo coas bases non cubre o total do dispoñible.

Pola razón mencionada anteriormente, resultan tamén beneficiarias a segunda e terceira das entidades solicitantes polo valores de 13.953,50 € e 16.976,84 € respectivamente. O outorgamento desta contía fundaméntase nos apartados "Presuposto das actuacións" e "Relación de necesidades medioambientais e de accesibilidade" respectivamente das propostas das entidades coa segunda e terceira mellores puntuacións, o Club Náutico de Portonovo e o Club Náutico de Panxón.

Todas as entidades ás que se concede esta subvención en especie son asociacións deportivas sen ánimo de lucro, segundo consta na documentación que obra no expediente.

Emítese a presente proposta de resolución definitiva de acordo co cadro anteriormente exposto para a súa publicación e notificación de xeito que os interesados poidan realizar as alegacións que estimen convenientes de acordo co exposto no artigo 24.4 da Lei 38/2003, de 17 novembro, Xeral de subvencións.

O que se fai público para coñecemento e efectos dos interesados indicando que, de conformidade co disposto na Lei 38/2003, de 17 novembro, Xeral de subvencións, poderán formular alegacións no prazo de 10 días hábiles a contar desde o seguinte á data de publicación do presente anuncio.

A presente proposta de resolución provisional non xera dereito algún a favor dos beneficiarios propostos.



Boletín Oficial da Provincia, data 11/04/11, número 70, páxina 20, anuncio 2011003546.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/11/2011 11:49
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/