[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 10 DE ABRIL DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Promoción económica e do fomento do emprego
Plan formación para o emprego
SIL
Servizo de orientación laboral
Servizo de asesoramento a emprendedores
Oficina de atención ao inmigrante
Obradoiros de emprego
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Comercio
Área de Comercio
REDIC
OPIC
Proxectos europeos
Fomento emprego: Aquelando II
Medio Ambiente: Ecoredesaneasol
Turismo: Nea II
Proxectos finalizados
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Subvención Global
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio

DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA DE 22 BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA AS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Bases | Solicitude entidade

Bases

PRIMEIRA.-OBXETO
Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento da convocatoria de subvencións en especie segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, para a concesión de bolsas de colaboración de Universitarios/as de segundo ciclo ou grao superior, que levarán a cabo unha labor de asistencia ás asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra .

A Deputación de Pontevedra, a través da súa Área de Comercio, elaborará un programa formativo composto por 22 bolsas de formación a través das que os bolseiros colaborarán desde as sedes das asociacións de comerciantes pola dinamización do sector, pola promoción do asociacionismo e pola representatividade das asociacións de comerciantes na nosa provincia ao tempo que tomarán parte nas actividades promovidas pola Área de Comercio da Deputación de Pontevedra.

SEGUNDA.-BENEFICIARIOS
Sendo o apoio ao asociacionismo comercial e á creación de Centros Comerciais Abertos unha das liñas estratéxicas do Plan Director de Comercio 2009 – 2012 e polo tanto base do traballo da Área de Comercio da Deputación de Pontevedra, poderán solicitar estas subvencións en especie as asociacións de comerciantes sen fins de lucro que desenvolvan actividades cuxos beneficiarios sexan os pequenos comerciantes da provincia coas seguintes excepcións:

  • Asociacións de ámbito supramunicipal.
  • Centros Comerciais Abertos (CCA´s).
  • Federacións de comerciantes.
  • Agrupacións ou colectivos sen fins de lucro que non defendan, exclusivamente, os intereses dos comerciantes.

Non poderán adquirir a condición de beneficiarios quenes se atopen incursos nalgunha das circunstancias ás que se refiren os apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA E CRÉDITO ORZAMENTARIO
O crédito dispoñible para as bolsas referidas na presente convocatoria é de 160.500€ que serán imputados á aplicación orzamentaria 11/241.431.481.01 do vixente orzamento provincial. En todo caso, a concesión das bolsas de colaboración quedará suxeita á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas da mesma durante o ano 2011.

CUARTA.- CONDICIÓNS DAS BOLSAS DE COLABORACIÓN
Cada entidade poderá solicitar como máximo unha bolsa de colaboración. O período de realización da bolsa será continuo. Cada bolsa terá unha duración de seis meses a contar dende a data na que o bolseiro comece a colaboración coa entidade beneficiaria. As bolsas de colaboración poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses máis. Para que se de esta circunstancia o máximo representante da entidade beneficiaria deberá remitir á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra un informe xustificativo e favorable ao 5º mes de ter o bolseiro comezado a súa colaboración coa asociación.

A cada beneficiario corresponderalle como máximo unha bolsa de colaboración que poderá ser compartida, distribuíndo deste xeito o horario das xornadas entre os beneficiarios/as da mesma. Será a Deputación de Pontevedra, a través da súa Área de Comercio a que determine, no seu caso, como se compartirá a devandita bolsa.

A Deputación de Pontevedra, a través da súa Área de Comercio, financiará o 100% do importe bruto aboado a cada bolseiro, considerando que este será de 600€/mes (media xornada). Calquera variación da contía á alza será a cargo da entidade beneficiaria.

Estas bolsas de colaboración serán compatibles con outras axudas e/ou subvencións concedidas por calquera Administración, entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros para a mesma finalidade. A solicitude e/ou obtención da/s mesmas deberá ser comunicada á Area de Comercio da Deputación de Pontevedra por parte da entidade beneficiaria.

QUINTA.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS BOLSAS DE COLABORACIÓN
As solicitudes se valorarán atendendo aos seguintes criterios:

  1. Que a entidade solicitante careza de persoal técnico ou administrativo (contratado con fondos propios ou subvencionado) no período de tempo no que se desenvolverá a bolsa de formación…………...…………………………..Ata 10 puntos
  2. Proposta de actividades a desenvolver coa concesión da bolsa de colaboración…………………………………………………………………..Ata 5 puntos
  3. Medida na que a colaboración coa entidade beneficiaria vai a aportar ao bolseiro/a: coñecementos, formación e experiencia no sector comercial………...…Ata 3 puntos
  4. Solicitude presentada correctamente, sen que sexa necesaria a súa rectificación nin requirimento de documentación complementaria……………….…………Ata 2 puntos

SEXTA.- SELECCIÓN DE BOLSEIROS
A selección de bolseiros/as levarase a cabo polo departamento de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra co fin de valorar os coñecementos e capacidade dos candidatos/as.

Tratando de unificar os criterios na formación dos bolseiros/as, dende a Área de Comercio da Deputación de Pontevedra establecerase unha xornada inicial de presentación e formación co obxectivo de establecer as pautas a seguir de xeito que a colaboración coas asociacións de comerciantes sexa óptima e de calidade.

SÉTIMA.- ÓRGANO COMPETENTE PARA DITAR RESOLUCIÓN
De acordo co establecido na base 16.2 das bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra para o ano 2011 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

OITAVA.- RESOLUCIÓN
A resolución e notificación da concesión terá lugar no prazo máximo de seis meses a partires do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Esgotado este prazo sen resolución expresa, pódese entender desestimada a solicitude por silencio administrativo.

Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6 b) da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a notificación individual poderá ser substituída pola publicación no B.O.P. ou na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou ben directamente recurso contencioso - administrativo, no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Pontevedra, conforme dispoñen os artigos 8, 44 e 46 da Lei 29/1998 reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

NOVENA.- SOLICITUDES
As solicitudes formalizaranse segundo o modelo normalizado desta convocatoria, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es).

As devanditas solicitudes deberán dirixiranse o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra acompañadas da seguinte documentación:

  1. Solicitude de participación na convocatoria na que conste a identidade do representante e do solicitante e copia cotexada do seu N.I.F. ou C.I.F.
  2. Declaración responsable na que conste se a entidade obtivo ou solicitou calquera outra axuda e/ou subvención a calquera Administración, ente público ou privado, nacional ou estranxeiro para a contratación de persoal e compromiso de comunicarlle a Deputación de Pontevedra as que obteña nun futuro.
  3. Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da mesma.
  4. Certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias co Estado e coa Seguridade Social e non ter débedas coa Deputación de Pontevedra, así como autorización a Deputación de Pontevedra, de obter, de forma directa, a acreditación do cumprimento das obrigas antes referidas, podendo, o solicitante, denegar expresamente o consentimento.
  5. Proposta de actividades que se levará a cabo coa concesión desta bolsa de colaboración. Deberase especificar en que medida lle vai a aportar ó bolseiro/a coñecementos e formación así como experiencia no sector comercial (todas as páxinas deberán estar seladas e asinadas). Cando a solicitude non reúna os requisitos solicitados ou non se acompañe da documentación que resulte esixible conforme ás presentes Bases, requirirase ó interesado para que no prazo máximo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

DÉCIMA.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra:

  • Pazo Provincial: Avda. Montero Ríos, s/n
  • Sede Vigo: Rúa Oporto, 3

Ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

A participación nesta convocatoria implica a completa aceptación das presentes bases. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, deberá xustificarse a data e hora do envío antes de que finalice o prazo de presentación das solicitudes, mediante comunicación por Fax ó numero 886 210 811 dá Área de Comercio da Deputación de Pontevedra ou mediante un correo electrónico dirixido a: comercio@depo.es.

Transcorridos 10 días dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes, non se admitirá ningunha solicitude que chegue por estes ou outros medios.

Se o último día de finalización do prazo coincidira en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado o mesmo ata ó seguinte día hábil.

UNDÉCIMA.- OBRIGAS DA ENTIDADE BENEFICIARIA
Cada entidade beneficiaria deberá cumprir as seguintes obrigas:

  1. Dar publicidade da bolsa de colaboración concedida por parte deste organismo, que deberá ser acreditado ó finalizar a bolsa.
  2. No caso de renuncia á bolsa de colaboración concedida, a entidade beneficiaria deberá comunicalo mediante escrito dirixido ó Presidente da Deputación de Pontevedra indicando os motivos da mesma.
  3. No caso de percibir algunha axuda e/ou subvencións concedidas por calquera Administración, entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros para a para a contratación de persoal, deberá comunicalo mediante escrito á Area de Comercio da Deputación de Pontevedra e achegar novamente o modelo normalizado coas modificacións definitivas.
  4. Garantir a participación dos bolseiros na xornada inicial de presentación e formación así como nas actividades promovidas pola Área de Comercio da Deputación de Pontevedra.
  5. Cumprimentar as enquisas facilitadas pola Área de Comercio da Deputación de Pontevedra seguindo as pautas indicadas e cuxos datos estatísticos serán obxecto de tratamento e estudo por parte deste departamento.

DUODÉCIMA.- XUSTIFICACIÓN
A entidade beneficiaria deberá presentar no prazo dun mes dende que remate a bolsa de colaboración:

  • Unha memoria das actividades desenvolvidas polo bolseiro/a durante a duración da bolsa de colaboración.
  • Acreditar a publicidade dada á bolsa de colaboración concedida por parte da Deputación de Pontevedra.

DECIMOTERCEIRA.- CONTROL E SEGUIMENTO DAS BOLSAS DE COLABORACIÓN
Co obxecto de garantir o cumprimento das condicións establecidas nesta convocatoria os técnicos da Área de Comercio da Deputación de Pontevedra velarán para que se desenvolvan correctamente as actuacións previstas. Neste caso, poderán efectuarse as oportunas consultas e visitas así como solicitar a información que se considere necesaria respecto das tarefas desenvolvidas polo bolseiro/a. Estas irán acompañadas polo correspondente informe técnico.

DECIMOCUARTA.- INCUMPRIMENTO DAS OBRIGAS E RÉXIME SANCIONADOR
O incumprimento das obrigas impostas como consecuencia da concesión das subvencións en especie reguladas nas presentes bases, na resolución da concesión ou das establecidas con carácter xeral no artigo 14 da Lei 38/2003 de 17 de Novembro, Xeral de Subvencións suporá que a entidade beneficiaria quedará excluída durante un ano da participación na convocatoria de subvencións de igual ou parecidas características levadas a cabo pola Deputación de Pontevedra.

DECIMOQUINTA.- RÉXIME XURÍDICO
Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas Bases de Execución do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o ano 2011, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e na Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común, así como, a demais normativa de pertinente aplicación.

DECIMOSEXTA.- MODELO NORMALIZADO
O modelo normalizado de solicitude referido nas presentes bases estará dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es).

Pontevedra, a 7 de abril de 2011
O PRESIDENTE
ilexible
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 13/04/11, número 72, páxina 35, anuncio 2011003596.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/04/2011 10:07
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/