[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA DE 22 BOLSAS DE COLABORACIÓN CON DESTINO Á AREA DE COMERCIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO UNHA LABOR DE ASISTENCIA NAS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES DA PROVINCIA PARA O ANO 2011

Bases | Solicitude
Admitidos e excluídos máis datas das entrevistas
Admitidos e excluídos definitivos | Resultado do proceso selectivo

Bases

De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios da Deputación de Pontevedra baseándose nas demandas detectadas e recibidas por parte das Asociacións de Comerciantes da provincia nas visitas realizadas ás mesmas por parte dos técnicos da Área de Comercio da institución provincial, esta Deputación Provincial convoca 22 Bolsas de formación consonte as seguintes bases:

PRIMEIRA.— OBXETO
As presentes bases regulan o procedemento a seguir para a selección de 22 bolseiros/as con destino á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra que levarán a cabo unha labor de asistencia ás asociacións de comerciantes da provincia co fin de mellorar e promocionar o asociacionismo e a representatividade das mesmas.

Estas bolsas queren contribuír á formación teórica e práctica de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito, a través do desenvolvemento de tarefas de xestión e representación dende o seo das asociacións de comerciantes.

A Deputación de Pontevedra elaborará un programa formativo de carácter teórico – práctico que integrará principalmente aspectos relativos á actividade comercial, ó asociacionismo e ás estruturas comerciais. Estará en concordancia coa liña estratéxica “Formación e cualificación do sector comercial” recollida no Plan Director de Comercio (2009-2012) redactado en colaboración cos representantes do sector a partir dos catro eixos básicos nos que se sustenta o Plan Estratéxico Provincial e cuxa premisa é traballar pola profesionalización do movemento asociativo e dos profesionais que traballan á fronte das asociacións de comerciantes.

SEGUNDA.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión dalgunhas das seguintes titulacións universitarias ou atoparse en condicións de obtelas na data na que remate o prazo de presentación de instancias: Licenciatura en Dereito, Económicas, Administración de Empresas, Publicidade e Relacións Públicas e Ciencias Políticas.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non ter obtido anteriormente outra bolsa das mesmas características na Deputación de Pontevedra.
  6. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
  7. Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

TERCEIRA.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 600€ que se imputarán á aplicación 11/241.431.481.01 do vixente orzamento provincial.

O pagamento das bolsas aos/ás beneficiarios/as realizarase a partir da incorporación dos bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce das bolsas para os casos nos que os/as bolseiros/as inicien ou rematen a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce das bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión.

CUARTA.— CENTRO DE DESTINO E XORNADA
A formación e as tarefas a desenvolver terán lugar nunha ou máis sedes das asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra.

A xornada laboral será de 20 horas semanais (media xornada).

QUINTA.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra:

  • Pazo Provincial: Avda. Montero Ríos, s/n (horario de luns a sábado)
  • Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (horario de luns a venres)

Ou tal e como se establece no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes será de 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

A concorrencia na presente convocatoria implica a completa aceptación das súas bases.

Ao modelo normalizado de solicitude achegarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa de colaboración.
  4. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

De conformidade co establecido no artigo 71º da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos esixidos nas bases reguladoras ou na convocatoria, requirirase á persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, de non o facer así, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución.

SEXTA.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    • Un Deputado provincial.
    • O Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios.
    • Un funcionario Técnico Superior da Deputación de Pontevedra.
  • Secretario: O Secretario da Deputación de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SÉTIMA.— SELECCIÓN DOS BOLSEIROS/AS
A selección dos bolseiros/as levarase a cabo mediante a celebración dunha entrevista persoal con cada un dos/as aspirantes relacionada co obxecto das bolsas que será valorada entre (0,00 e 5,00) cero e cinco puntos.

Os/as aspirantes serán convocados/as á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa publicación na páxina web da listaxe de admitidos/as, na que se indicará a data e hora de celebración da mesma.

A comisión seleccionará 22 persoas para cubrir as bolsas de colaboración e 15 persoas máis que comporán a listaxe de reserva.

Concluída esta fase, a Comisión de selección publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación de Pontevedra a listaxe de puntuacións acadadas.

OITAVA.— RESOLUCIÓN
A Comisión de selección proporá á Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra a adxudicación das bolsas de colaboración aos/ás aspirantes que considere máis idóneos/as e que acadaran a máxima puntuación de acordo cos criterios especificados na cláusula sétima das presentes bases.

NOVENA.— ACEPTACIÓN OU RENUNCIA
Publicada a resolución de concesión das bolsas de colaboración, as/os bolseiros/as deberán comunicar mediante un escrito no rexistro da Deputación de Pontevedra a súa aceptación ou renuncia no prazo máximo de dez días hábiles.

No caso de aceptación, achegarán co devandito escrito a certificación da conta bancaria na que deban aboarse os pagos da bolsa.

No caso de que as/os beneficiarios/as non acepten a bolsa ou non poidan incorporarse por calquera outro motivo, poderán ser substituídos/as polas persoas que figuren na listaxe de reserva en función da súa puntuación.

No caso de que os/as beneficiarios/as, por unha causa debidamente xustificada, renunciaran á beca unha vez iniciada a colaboración coas asociacións de comerciantes, a Deputación de Pontevedra poderá cubrir o posto vacante coas persoas que figuren na listaxe de reserva en función da súa puntuación.

DÉCIMA.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. Cada bolsa terá unha duración de seis meses a contar dende a data na que o/a bolseiro/a comece a colaboración coa/s entidade/s beneficiaria/s.

    As bolsas de colaboración poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses máis. Para que se de esta circunstancia o máximo representante da entidade beneficiaria deberá remitir á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra un informe xustificativo e favorable ao 5º mes de ter ao/á bolseiro/a comezado a súa colaboración coa asociación.

    O período de realización da bolsa será continuo e a tempo parcial.

  2. A bolsa de colaboración será incompatible co desenvolvemento de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza.
  3. A cada persoa seleccionada corresponderalle unha única bolsa de colaboración cuxo desenvolvemento poderá ser compartido por máis dunha asociación de comerciantes. Neste caso, distribuiríase o horario das xornadas entre os beneficiarios/as da mesma. Será a Deputación de Pontevedra, a través da súa Área de Comercio a que determine, no seu caso, como se distribuiría a bolsa de colaboración.
  4. Os beneficiarios/as das bolsas de colaboración comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina establecido na Asociación de Comerciantes co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que isto implique relación de traballo laboral remunerado.
  5. A aceptación e goce destas bolsas de colaboración non establecen relación laboral nin funcionarial algunha coa Deputación de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación laboral dos/as bolseiros/as con este organismo.
  6. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da data de publicación da presente convocatoria.

ÚNDECIMA.— MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN, REVOGACIÓN OU RÉXIME SANCIONADOR
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das bolsas de colaboración poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión das mesmas.

O incumprimento das obrigas contidas nas presentes bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, dará lugar á obriga de devolver, total ou parcialmente, a axuda percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

Ás persoas beneficiarias das bolsas de colaboración reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei de Subvencións de Galicia e no título VI do seu regulamento.

DUODÉCIMA.— OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
As persoas beneficiarias das bolsas de colaboración terán as seguintes obrigas no momento no que estas sexan concedidas:

  1. Unha vez iniciada a bolsa de formación, no caso de que se produza un cesamento da mesma, o/a beneficiario/a deberá comunicar por escrito a renuncia á mesma á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra con cinco días de antelación á data na que se dará por finalizada a bolsa.
  2. No caso de que, unha vez que se inicie a colaboración, a persoa beneficiaria obteña outra/s bolsas ou axuda/s ou se produza calquera outra alteración nos requisitos esixidos ás persoas beneficiarias das presentes bolsas de colaboración, estas deberán comunicalo por escrito á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra.
  3. Non poderán desenvolver outra/s tarefa/s que dificulten o cumprimento das súas obrigas como bolseiros/as.
  4. Deberán cumprir co programa de formación establecido cuns niveis de rendemento satisfactorios presentando os traballos e informes que se determinen dende a Áreade Comercio da Deputación de Pontevedra. Así mesmo, deberán asistir ás actividades que a entidade provincial considere convenientes para a súa formación.
  5. Presentar ante a Área de Comercio da Deputación de Pontevedra, no prazo máximo dun mes a partir da finalización da bolsa de colaboración, unha memoria detallada das actividades desenvolvidas na que se especifiquen os obxectivos acadados.

DÉCIMOTERCEIRA.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non resultar seleccionados/as, os candidatos/as poderán retirar a documentación presentada para tomar parte nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ao da comunicación da adxudicación das bolsas de colaboración. Transcorrido este prazo, a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de destruír a devandita documentación.

DÉCIMOCUARTA.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión de selección quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e para adoitar os acordos necesarios para o correcto desenvolvemento do procedemento de selección de candidatos/as así como para o non previsto nas presentes bases.

DECIMOQUINTA.— DEREITO SUPLETORIO
A convocatoria das bolsas de colaboración, a selección dos/as bolseiros/as e o desenvolvemento das tarefas que dan dereito ás mesmas, estará suxeita ao previsto nas presentes bases e ao previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e demais lexislación aplicable.

Pontevedra, 18 de marzo de 2011


Boletín Oficial da Provincia, data 02/05/11, número 83, páxina 50, anuncio 2011004292.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/05/2011 14:47
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/