[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 11 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

Páxina [1] 2 3
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA PARA NOMEAMENTO INTERINO DUN INFORMÁTICO ANALISTA PROGRAMADOR

Bases | Resolución Presidencial
Anexo I | Anexo II - Formulario de solicitude
Lista definitiva, designación de tribunal e datas. Celebración do 1º Exercicio
Notas 1º exercicio | Notas 2º exercicio e resultado final

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte Resolución:

De conformidade co establecido no artigo 34.g) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, resolvo aprobar a presente convocatoria para cubrir interinamente unha praza de informático analista programador vacante no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e que se rexerá polas seguintes:

BASES

PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
Esta convocatoria ten por obxecto cubrir interinamente, por razóns de urxencia e necesidade, unha praza de informático analista programador, encadrada na escala de Admón. Especial, subescala técnica, clase técnico medio e subgrupo A2 de clasificación, por quenda libre e con fundamento no art. 10.1 A) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, art. 27.1.2 do Real decreto 364/95, do 10 de marzo, disposición adicional primeira do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, Orde APU/1461/2002 de 6 de xuño, sobre selección e nomeamento de persoal funcionario interino, art. 246 da Lei 5/97 de Admón. local de Galicia e RD 95/1991, do 20 de marzo, da comunidade Autónoma de Galicia, segundo os principios de mérito e capacidade.

SEGUNDA.- SISTEMA DE SELECCIÓN: Establécese o sistema de oposición libre.

TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Para seren admitidos neste proceso selectivo os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  1. Ter a nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
  2. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non excederen, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  3. Posuír ou en estar en condicións de obter o título de enxeñeiro técnico en informática ou enxeñeiro en informática o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
  4. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza a que aspira, non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
  5. Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ó acceso o emprego público.
  6. Ter ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de novacaixagalicia nº 2080 0401 68 0040106618 a cantidade fixada como dereitos de exame.

    Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como funcionario interino.

CUARTA.- SOLICITUDES

  1. As persoas que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación da praza á que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade ou a tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios.

    Para ser admitido os aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate o prazo de presentación. No rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo II desta convocatoria.

    No caso de equivalencia ou homologación de titulacións deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

  2. O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  3. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de correos antes de seren certificadas.
  4. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e, no seu caso, solicitarán as posibles adaptacións de tempo e de medios para realizar os exercicios nos que a adaptación fose necesaria.
  5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia de parte.

QUINTA.- DEREITOS DE EXAME

  1. Será requisito necesario para participar nas probas selectivas aboar, dentro do prazo de presentación de instancias, os dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á conta bancaria da Deputación de Pontevedra indicada na base cuarta, apartado 1 f); de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo.
  2. A cantidade a aboar en concepto de dereitos de exame ascende a un total de 30 €. En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude, segundo o disposto na base cuarta.

    Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados que sexan excluídos definitivamente da lista de admitidos.

    Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%.

SESTA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a Deputación ditará resolución, no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra.
  2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios.
  3. Contra a resolución do presidente, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 do 13 de xaneiro) ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
  4. O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados posuíren os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.

SÉTIMA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR

  1. Os membros do tribunal cualificador serán designados polo presidente segundo o disposto no art. 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, así como artigo 60 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril, tendo en conta á paridade entre homes e mulleres. Estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, sendo a súa composición a seguinte: presidente, secretario e tres vogais.
  2. A pertenza o tribunal cualificador será sempre a titulo individual, no podendo ostentarse en representación nin por conta de ninguén. Non poderán formar parte do tribunal as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual. A súa composición axustarase os principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, que deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada.
  3. O tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconselle, limitándose os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.
  4. A Presidencia, antes de que teñan lugar as probas e xuntamente coa lista de admitidos, publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da corporación a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.
  5. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
  6. O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva do tribunal adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.
  7. En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o vocal designado en primeira orde.
  8. Naqueles casos en que resulte necesario, o tribunal adoptará as medidas precisas para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares condicións para realizaren os exercicios cás do resto dos demais aspirantes, dispoñendo, no seu caso, as posibles adecuacións de tempo e de medios.
  9. Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida.

OITAVA.- EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  • PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa. O tempo de realización deste exercicio será de 30 minutos.
  • SEGUNDO EXERCICIO: consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado co contido do programa no tempo que determine o tribunal. Neste exercicio valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados.
  • TERCEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e non eliminatorio. consistirá na tradución directa ó idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

NOVENA.- PROGRAMA DA CONVOCATORIA

  1. Estruturas da información. Modelo conceptual de datos: modelo entidade-relación. Entidades, atributos e relacións. Regras de modelación.
  2. Sistemas de xestión de bases de datos. Modelo relacional.
  3. Linguaxes de interrogación de bases de datos. Estándar ANSI SQL. Estándares de conectividade: ODBc e JDBc.
  4. Xestión do proxecto software. Estimación de recursos de custes. Planificación temporal. Xestión de riscos.
  5. Análise funcional de aplicacións software. Linguaxe UML.
  6. Arquitectura de aplicacións en 3 capas: a plataforma J2EE.
  7. Deseño técnico de aplicacións e arquitectura técnica. Deseño orientado a obxectos. Deseño da interface de usuario.
  8. Metodoloxía de desenvolvemento de software.
  9. Programación orientada a obxectos.
  10. Linguaxes de programación: características, elementos e funcións de Java. características e programación.
  11. Principais frameworks de software libre: Struts, Hibernate, Spring, Spring security... IDES de desenvolvemento..
  12. Linguaxes de marca ou etiqueta. características e funcionalidades. SGML, HTML, XML. Linguaxes de script. Follas de estilo cSS.
  13. Xestión da configuración do software. control de versións. control de cambios.
  14. Estratexias de probas de software.
  15. Lexislación sobre protección de datos. Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal. Real decreto 994/1999 de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados. Real decreto 1720/2007. Axencia de Protección de Datos.

DÉCIMA.- COMEZO DOS EXERCICIOS

  1. A data e mais a hora na que deberá constituírse o tribunal, así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas serán determinados polo presidente mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, que se publicará mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Deputación, polo menos con 3 días hábiles de antelación.
  2. Os aspirantes convocaranse para cada exercicio nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non comparezan a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.
  3. Os aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, e tamén os medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.

DÉCIMO PRIMEIRA.- DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS DAS PROBAS SELECTIVAS

  1. En calquera momento o tribunal poderá requirir ós opositores para que acrediten a súa identidade.
  2. Na realización e corrección dos exercicios escritos garantirase o anonimato, podendo utilizar o tribunal os medios que considere oportunos.
  3. Se en calquera momento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na convocatoria, previa audiencia do interesado, deberá propoñerlle ó presidente a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes, quedando decaídos en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación no procedemento.
  4. Concluído cada un dos exercicios da oposición o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
  5. A relación de aprobados en cada exercicio deberá publicarse no taboleiro de anuncios, polo menos con 12 horas de antelación á nova reunión do tribunal cando se trate do mesmo exercicio e con 24 horas de antelación cando se trate dun novo exercicio.
  6. Os exercicios terán lugar a porta pechada sen outra asistencia cós membros do tribunal, os colaboradores designados por este e os opositores, excepto a lectura por parte dos opositores dos exercicios escritos, que serán públicos.
  7. Desde o momento en que remate un exercicio ou proba ata que empece o seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días naturais.
  8. Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo de alzada ante o presidente que os nomeou, segundo o previsto no artigo 114.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/99.

DÉCIMO SEGUNDA.- CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  1. Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre cero (0) e dez (10) puntos, necesitándose para aprobar cada un dos exercicios obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

    No exercicio tipo test o tribunal determinará o número mínimo de respostas acertadas que se requiren para superar a proba, en función da complexidade técnica destas e das peculiaridades propias da praza convocada. Tódalas preguntas terán o mesmo valor e na corrección deste exercicio penalizaránse as preguntas mal contestadas, de forma que por cada 3 preguntas incorrectas se descontará unha correcta ou a súa parte proporcional 2/0,66 e 1/0,33.

    Neste tipo de exercicios quedarán automaticamente anulados os exames asinados, os que conteñan datos que identifiquen o persoal asinante, ou sinais ou marcas que puidesen romper o anonimato, así como aquel que resulte ilexible.

  2. O exercicio obrigatorio e non eliminatorio sobre o coñecemento do idioma galego cualificarase de cero (0) a dous (2) puntos, quedando exentos de o realizaren os aspirantes que acrediten posuír o celga 4 (ou curso de perfeccionamento en lingua galega), ós que se lles outorgará a cualificación máxima de dous (2) puntos.
  3. A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso de selección será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do tribunal.
  4. Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas ambas, a maior e a menor, calculándose a media aritmética coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.

DÉCIMO TERCEIRA. CUALIFICACIÓN FINAL E RELACIÓN DE APROBADOS

  1. Á cualificación obtida polos aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios, sumaráselle a que corresponda ós exercicios obrigatorios non eliminatorios, acadándose así a puntuación final.
  2. Determinada a cualificación final dos aspirantes o tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación no taboleiro de anuncios da corporación.
  3. O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de aspirantes ó da praza convocada. calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.
  4. Non obstante, o tribunal, ó cualificar cada un dos exercicios, non terá en conta a limitación anterior, que só se considerará ó formularlle á Presidencia a proposta coa relación de aprobados, na que só se incluirán aqueles opositores que obtivesen a maior puntuación total final, que nunca poderán superar o número de prazas convocadas.
  5. No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida no segundo exercicio. De persistir o empate este resolverase por sorteo.

DÉCIMO CUARTA.- ACHEGA DE DOCUMENTOS POR PARTE DOS OPOSITORES APROBADOS

  1. A relación de aprobados, publicada no taboleiro de anuncios da corporación provincial, conterá unha advertencia recordándolle ó opositor aprobado que deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación a documentación sinalada nas bases para xustificar que cumpre os requisitos esixidos para ingresar na función pública local e acceder interinamente á praza convocada.
  2. Os aspirantes propostos achegarán, dentro do prazo de 5 días naturais, contados desde a publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos de capacidade e mais os requisitos esixidos na convocatoria:
    1. Certificación de nacemento expedida no rexistro civil correspondente.
    2. Fotocopia debidamente compulsada do título académico esixido para o ingreso.
    3. Certificado médico, sen prexuízo dun posterior recoñecemento.
    4. Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
    5. Fotocopia da cartilla da seguridade social e número de conta bancaria.
  3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, os aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito. Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderá ser nomeado funcionario interino, nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carece dalgúns requisitos.

DÉCIMO QUINTA.- NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO INTERINO E TOMA DE POSESIÓN
Concluído o proceso selectivo o aspirante aprobado, cun número que non poderá exceder en ningún caso o da praza convocada será nomeado funcionario interino, polo presidente, unha vez que xustifique documentalmente o cumprimento dos requisitos previstos nestas bases para o ingreso. Este nomeamento terá efectos ata que a praza convocada se cubra con funcionario de carreira polo procedemento establecido regulamentariamente, se amortice, ou desaparezan a causas que motivaron esta interinidade.

DÉCIMO SESTA.- CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
As bases desta convocatoria vinculan a Administración provincial, o tribunal cualificador e os aspirantes que participen no proceso selectivo convocado.

DÉCIMO SÉTIMA.- INCIDENCIAS
O tribunal queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

DÉCIMO OITAVA.- RÉXIME XURÍDICO
O proceso selectivo regularase polo disposto nas bases da convocatoria e no non previsto nestas pola Lei 7/2007, de 12 de abril, polo Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril e polo Real decreto 364/95, polo que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado, o Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre procedemento de selección na Administración local, Lei 5/97 de Administración local de Galicia e RD 95/1991, do 20 de marzo, da comunidade Autónoma de Galicia.

DÉCIMO NOVENA.- DISPOSICIÓN FINAL
As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99, así como Lei 29/98, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A Administración provincial tamén poderá, no seu caso, revisar as resolucións do tribunal segundo o previsto na citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 18 de abril de 2011
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 25-04-2011, número 78, páxina 6, anuncio 2011004044.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/06/2011 13:14
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/