[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 14 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

Páxina [1] 2 3
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA PARA CUBRIR UN POSTO DE TRABALLO DE ADMINISTRATIVO NO MUSEO PROVINCIAL POR PROMOCIÓN INTERNA

Bases | Resolución Presidencial
Anexo I | Anexo II - Formulario de solicitude
Lista definitiva, designación de tribunal e datas. Celebración do primeiro exercicio

A Presidencia, no uso das facultades que me confire a normativa local vixente, ditou a seguinte Resolución:

De conformidade co establecido no artigo 34.g) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, resolvo aprobar a presente convocatoria para cubrir un posto de Administrativo, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral fixo adscrito ó Organismo Autónomo Local “Museo Provincial”, por promoción interna e que se rexerá polas seguintes:

BASES XERAIS

PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
Esta convocatoria ten por obxecto cubrir un posto de ADMINISTRATIVO, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral fixo do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial”, dentro do plan de ordeación de recursos humanos previsto no orzamento provincial para o ano 2011 e o abeiro do disposto no artigo 69 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, coa finalidade de adecuar o persoal ás necesidades reais da organización.

SEGUNDA.- NÚMERO DE POSTOS E CARACTERÍSTICAS
Dito posto, equiparado ó grupo C1 de clasificación, ten asignadas as retribucións básicas e complementarias que figuran na relación de postos de traballo adscritos ó Museo Provincial.

TERCEIRA.- SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese como sistema de selección o concurso-oposición por promoción interna. Na fase de concurso valoraranse os méritos específicos axeitados ás características do posto consonte ó baremo que se detalla na base décimo terceira.

CUARTA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES

1. Con carácter xeral, para seren admitidos na realización das probas selectivas convocadas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  1. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
  2. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non excederen, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  3. Estar en posesión do título de Bacharelato Superior ou equivalente ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de admisión de instancias. Para os efectos desta convocatoria, considéranse equivalentes á posesión da titulación esixida: 1) Ter aprobadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou estar en condicións de obter o certificado correspondente na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes; 2) Ter unha antigüidade de dez anos nun corpo ou escala do grupo C2 ou ter unha antigüidade de cinco anos nun corpo ou escala do grupo C2 e ter superado ou superar un curso específico de formación. Asímismo teráse en conta a orde EDU/1603/2009, de 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato regulados na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  4. Ter unha antigüidade de polo menos dous anos como persoal laboral fixo nun posto de auxiliar administrativo, do grupo C2, no Museo Provincial, de conformidade coas normas que rexen este proceso selectivo.
  5. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ó que aspira.
  6. Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ó acceso ó emprego público.
  7. Ter ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de Caixanova nº 2080 0401 68 0040106618 a cantidade fixada como dereitos de exame.
  8. Cumprir os demais requisitos esixidos para o ingreso nas respectivas bases específicas.

2. Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo para presentaren as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como administrativo.

QUINTA.- SOLICITUDES

1. As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación do posto convocado ó que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade ou a tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios, xustificante de ingreso dos dereitos de exame e, no seu caso, a documentación acreditativa dos méritos alegados para a fase de concurso debidamente compulsados.

Neste senso, na fase de concurso só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias así como os méritos alegados dentro deste prazo que fosen xustificados con posterioridade no prazo de emenda de defectos formais.

Para ser admitido nas probas selectivas correspondentes os aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate o prazo de presentación. No rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo II desta convocatoria.

No caso de equivalencia ou homologación de titulacións deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

2. O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

  1. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
  2. As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderán cursarse no prazo sinalado a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que llas remitirán seguidamente ó organismo competente.
  3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e, no seu caso, solicitarán as posibles adaptacións de tempo e de medios para realizar os exercicios nos que a adaptación fose necesaria.
  4. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia de parte.
  5. A documentación acreditativa dos méritos que aleguen posuír para a súa valoración na fase de concurso deberá presentarse, debidamente compulsada, nos termos e condicións que se sinalan na base décimo terceira.

SESTA.- DEREITOS DE EXAME
Será requisito necesario para participar nestas probas selectivas aboar, dentro do prazo de presentación de instancias, a cantidade de 14,50 € en concepto de dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesouraría da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á conta nº 2080 0401 68 0040106618 da Deputación de Pontevedra en Caixanova; de non realizarse o pagamento directamente na Tesouraría provincial o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo.

En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude, segundo o disposto na base V. Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados que sexan excluídos definitivamente da lista de admitidos.

Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%.

SÉTIMA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  1. Finalizado o prazo dos vinte días naturais fixado para presentar as solicitudes a Deputación ditará resolución, no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra.
  2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios.
  3. Contra a resolución do presidente, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 do 13 de xaneiro) ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
  4. O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados posuíren os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.

OITAVA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR

  1. Os membros do tribunal cualificador serán designados polo presidente segundo o disposto no art. 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, así como artigo 60 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril, tendo en conta á paridade entre homes e mulleres. O tribunal cualificador estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, sendo a súa composición a seguinte: presidente, secretario e tres vogais.
  2. A pertenza aos órganos de selección será sempre a titulo individual, no podendo ostentarse en representación nin por conta de ninguén. Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de eleción ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.
  3. A composición do tribunal será predominantemente técnica e os seus membros deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ó posto convocado.
  4. O tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconselle, limitándose os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.
  5. A Presidencia, antes de que teña lugar cada unha das probas e xuntamente coa lista de admitidos, publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da corporación a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.
  6. Os membros do tribunal deberá absterse de intervir, comunicándolle ó presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
  7. O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva do tribunal adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.
  8. A partir da sesión de constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ó disposto na Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria.
  9. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos que resulte necesario para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares condicións para realizaren os exercicios cás do resto dos demais aspirantes, dispoñendo, no seu caso, as posibles adaptacións de tempo e de medios.
  10. En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o vocal designado en primeira orde.
  11. Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida.

NOVENA.- CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS SELECTIVAS
Os procedementos de selección, en fase de oposición, consistirán en probas de coñecementos xerais ou específicos teóricos e prácticos, así como un test segundo a natureza e as funcións dos postos de traballo que van desempeñar, no seu caso, os aspirantes aprobados, coa finalidade de asegurar a obxectividade e a racionalidade do proceso selectivo; na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados polos aspirantes.

DÉCIMA.- COMEZO DOS EXERCICIOS

  1. A data e máis a hora na que deberá constituírse o tribunal, así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas serán determinados polo presidente mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, que se publicará mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Deputación, polo menos con 15 días naturais de antelación.
  2. Os aspirantes convocaranse para cada exercicio nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non comparezan a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.
  3. O tribunal deberá reunirse antes de que se inicie a fase de oposición co fin de efectuar a valoración e a cualificación dos méritos achegados polos aspirantes.
  4. Os aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal e tamén os medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.

DÉCIMO PRIMEIRA.- DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS

  1. En calquera momento o tribunal poderá requirir ós opositores para que acrediten a súa identidade.
  2. A orde de actuación dos opositores para realizaren aqueles exercicios que non poidan facerse de forma simultánea será determinada mediante sorteo polo tribunal en presenza dos aspirantes e inmediatamente antes de iniciarse o exercicio.
  3. Na realización e corrección dos exercicios escritos garantirase o anonimato, podendo utilizar o tribunal os medios que considere oportunos.
  4. Se en calquera momento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, previa audiencia do interesado, deberá propoñerlle ó presidente a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes.
  5. Concluído cada un dos exercicios da oposición, o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
  6. A relación de aprobados en cada exercicio deberá publicarse no taboleiro de anuncios, polo menos con 12 horas de antelación á nova reunión do tribunal cando se trate do mesmo exercicio e con 24 horas de antelación cando se trate dun novo exercicio.
  7. Os exercicios terán lugar a porta pechada sen outra asistencia cós membros do tribunal, os colaboradores designados por este e os opositores, excepto a lectura por parte dos opositores dos exercicios escritos, que serán públicos.
  8. Desde o momento en que remate un exercicio ou proba ata que empece o seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días hábiles.
  9. Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo de alzada perante o presidente que os nomeou, segundo o previsto no artigo 114.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/99.

DÉCIMO SEGUNDA.- CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  1. Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre cero (0) e dez (10) puntos, necesitándose para aprobar cada un dos exercicios obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

    No exercicio tipo test o tribunal determinará o número mínimo de respostas acertadas que se requiren para superar a proba, en función da complexidade técnica destas e das peculiaridades propias do posto convocado.

    Neste tipo de exercicios quedarán automaticamente anulados os exames asinados, os que conteñan datos que identifiquen o persoal asinante, ou sinais ou marcas que puidesen romper o anonimato, así como aquel que resulte ilexible.

  2. O exercicio obrigatorio e non eliminatorio sobre o coñecemento do idioma galego cualificarase de cero (0) a dous (2) puntos, quedando exentos de o realizaren os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 (ou curso de perfeccionamento en lingua galega), ós que se lles outorgará a cualificación máxima de dous (2) puntos.
  3. A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso de selección será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do tribunal.
  4. Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas ambas, a maior e a menor, calculándose a media aritmética coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.

DÉCIMO TERCEIRA.- CUALIFICACIÓN DOS MÉRITOS NA FASE DE CONCURSO

1. Na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados polos aspirantes, que deben xustificarse fidedignamente con documentos orixinais ou unha copia autenticada acreditativa daqueles.

A suma das puntuacións obtidas no concurso non poderá superar o 40% da suma de puntuacións correspondentes á fase da oposición, e os títulos necesarios para acceder a outro superior non se computarán cando estes se valoren.

2. Nesta fase valoraranse os méritos específicos adecuados ás características do posto, segundo o seguinte:

BAREMO

  1. Experiencia profesional: ata un máximo de 4 puntos
    • Por servizos prestados no Museo Provincial en postos de igual ou similar contido profesional ó convocado, 0'20 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de catro (4) puntos.
    • Por servizos prestados en calquera Administración Pública en postos de igual ou similar contido profesional ó convocado, 0'15 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de tres (3) puntos.
    • Por servizos prestados en calquera Administración pública en postos de inferior categoría profesional ó convocado, 0'10 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de dous (1) puntos.

      A experiencia profesional deberá acreditarse mediante certificación acreditativa, expedida pola Admón. pública na que prestou servizos, facendo constar o posto de traballo que desempeñou e o cómputo total de días, meses ou anos traballados.

      Para tal efecto non se terán en conta as fotocopias de contratos de traballo, nin a vida laboral expedida pola tesouraría xeral da Seguridade Social.

  2. Méritos académicos: ata un máximo de 2 puntos
    • Por posuír outros títulos académicos distintos ó esixido para o ingreso ata un máximo de dous (2) puntos:
      1. Título de licenciado ou grado: 1 puntos
      2. Título de diplomado universitario: 0,75 puntos
      3. Titulo de fP-II ou técnico superior: 0'50 puntos
  3. Cursos:
    • Por ter asistido a xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidade Autónoma e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados co posto ó que se opta (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo Nacional de formación Continua), ata un máximo de dous (2) puntos, computándose:
      1. De 100 ou máis horas de duración 0,25 puntos/curso
      2. De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos/curso
      3. De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos/curso
      4. De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos/curso
      1. De 10 ou máis créditos 0,25 puntos/curso
      2. De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos/curso
      3. De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos/curso
      4. De 1 ou 2 créditos 0,10 puntos/curso

    Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da xornada, congreso, simposio, seminario ou curso en créditos ou número de horas. Así mesmo, no se computarán as xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de duración inferior a un crédito ou dez horas.

  4. Antigüidade: valorarase en 0'10 puntos por ano de servicio ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 2 puntos. Neste apartado non se computarán os anos de servicios valorados no apartado a).

3. Os interesados poderán formular alegacións perante o tribunal seleccionador no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte á publicación das puntuacións outorgadas na fase de concurso no taboleiro de anuncios.

4. A cualificación dos méritos na fase de concurso será anterior á fase de oposición e as puntuacións outorgadas publicaranse no taboleiro de anuncios do Pazo provincial.

5. Os aspirantes disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte o da publicación da cualificación da fase de concurso para formular alegacións.

6. A puntuación obtida na fase de concurso non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar os exercicios da fase de oposición.

DÉCIMO CUARTA.- EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  1. PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio eliminatorio Consistirá en contestar por escrito a un test de 30 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa nun tempo máximo de 20 minutos.
  2. SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado co contido da primeira parte do programa no tempo que determine o tribunal.
  3. TERCEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ó idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

DÉCIMO QUINTA.- PROGRAMA DA CONVOCATORIA
De conformidade co disposto no R.d. 896/91, o programa da convocatoria consta de 40 temas; non obstante, en base ó previsto no artigo 77 do R.d. 364/95 do 10 de marzo, os aspirantes a este posto da quenda de promoción interna están exentos das materias das que teñan acreditado suficientes coñecementos nas probas de ingreso, quedando reducidos a 20 temas:

  • Primeira parte:
    1. Os interesados no procedemento administrativo. O acto administrativo: concepto, clases e elementos.
    2. Motivación e notificación dos actos administrativos. Eficacia. Executividade. Suspensión.
    3. O procedemento administrativo. Principios xerais. fases do procedemento: iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución.
    4. Validez e invalidez do acto administrativo. Clases de vicios e os seus defectos. Validación, conservación e conversión.
    5. Revisión dos actos en vía administrativa. Revisión de oficio de actos nulos e anulables. Revogación de actos. Rectificación de erros.
    6. Recursos administrativos. fin da vía administrativa. Recurso de alzada. Recurso potestativo de reposición. Recurso extraordinario de revisión.
    7. Reclamacións previas á vía xudicial.
    8. A xurisdición contencioso-administrativa: extensión e límites. As partes do proceso. Procedemento. As sentenzas e a súa execución.
    9. Responsabilidade das administracións públicas. Principios de responsabilidade. Indemnización por danos e procedementos para a súa esixencia. A responsabilidade das autoridades e persoal ó servizo das administracións públicas.
    10. A potestade sancionadora das administracións públicas. Principios da potestade sancionadora. Principios do procedemento sancionador.
  • Segunda parte:
    1. O réxime local español. Principios constitucionais. A organización provincial, órganos básicos e complementarios.
    2. O réxime de sesións e acordos dos órganos colexiados locais. Clases de sesións. Requisitos e procedemento de constitución.
    3. A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes dos funcionarios.
    4. O cadro de persoal orzamentario e a oferta de emprego público. Adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións administrativas dos funcionarios.
    5. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. formas de adxudicación dos contratos. Procedementos.
    6. Contido e efectos dos contratos administrativos: prerrogativas da Administración e equilibrio financeiro. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.
    7. O orzamento das entidades locais. Principios xerais e estrutura orzamentaria.
    8. Elaboración e aprobación do orzamento: especial referencia ás bases de execución do orzamento. As modificacións de crédito.
    9. As bases de execución do orzamento. A liquidación do orzamento: confección e aprobación, os remanentes de crédito. O resultado orzamentario e o remanente de tesourería.
    10. O control interno da actividade económica financeira das entidades locais e dos seus entes dependentes. A función interventora. O control externo da actividade económico financeira das entidades locais e dos seus entes dependentes.

DÉCIMO SEXTA.- CUALIFICACIÓN FINAL E RELACIÓN DE APROBADOS

  1. Á cualificación obtida polos aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios, sumaráselle a que corresponda ós exercicios obrigatorios non eliminatorios e dos voluntarios realizados e, no seu caso, a puntuación obtida na fase de concurso, acadándose así a puntuación final.
  2. Determinada a cualificación final dos aspirantes o tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación no taboleiro de anuncios da corporación.
  3. O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de aspirantes ó dos postos convocados en cada proceso selectivo. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.
  4. Non obstante, o tribunal, ó cualificar cada un dos exercicios, non terá en conta a limitación anterior, que só se considerará ó formularlle á Presidencia a proposta coa relación de aprobados, na que só se incluirán aqueles opositores que obtivesen a maior puntuación total final, que nunca poderán superar o número de postos convocados en cada proceso selectivo.
  5. No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que o empate se resolva. De persistir o empate este resolverase por sorteo.

DÉCIMO SÉTIMA.- ACHEGA DE DOCUMENTOS POR PARTE DOS OPOSITORES APROBADOS

  1. A relación de aprobados, publicada no taboleiro de anuncios da corporación provincial, conterá unha advertencia recordándolles ós opositores aprobados que deberán presentar a documentación sinalada nas bases para xustificar que cumpren os requisitos esixidos para ingresar na función pública local e accederen ó posto convocado.
  2. Os aspirantes propostos achegarán, dentro do prazo de 20 días naturais, contados desde a publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos de capacidade e mais os requisitos esixidos na convocatoria:
    1. Documento nacional de identidade mediante fotocopia compulsada por os dous lados.
    2. Certificación de nacemento expedida no rexistro civil correspondente.
    3. Fotocopia debidamente compulsada do título académico esixido para o ingreso.
    4. Certificado médico, sen prexuízo dun posterior recoñecemento.
    5. Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
    6. Documentación xustificativa daqueles outros requisitos esixidos para o ingreso nas bases específicas de cada proceso selectivo.
  3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, os aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito.
  4. Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderá accedera ó posto convocado, nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carece dalgúns requisitos.
  5. Dado que os aspirantes aprobados ostentan a condición de laborais fixos estarán exentos de xustificar as condicións e os requisitos xa acreditados para obter o seu anterior contrato, debendo presentar soamente unha certificación acreditativa da súa condición de persoal laboral fixo e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal, así como a xustificación dos requisitos específicos esixidos para a promoción. Ademais, deberán achegar o certificado médico, sen prexuízo dun posterior recoñecemento médico.

DÉCIMO OITAVA.- NOMEAMENTO

  1. Concluído o proceso selectivo o aspirante aprobado, cun número que non poderá exceder en ningún caso ó posto convocado será nomeado administrativo polo presidente, unha vez que xustifiquen documentalmente o cumprimento dos requisitos previstos nestas bases para o ingreso.
  2. A proposta do tribunal cualificador terá carácter vinculante para a Presidencia, que ordenará a publicación do nomeamento no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da formalización do preceptivo contrato laboral fixo como administrativo no prazo máximo dun mes a partir de dita publicación.

DÉCIMO NOVENA.- CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
As bases desta convocatoria vinculan a Administración provincial, o tribunal cualificador e os aspirantes que participen no proceso selectivo convocado.

VIXÉSIMA.- INCIDENCIAS
O tribunal queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

VIXÉSIMO PRIMEIRA.- RÉXIME XURÍDICO
O proceso selectivo regularase polo disposto nas bases da convocatoria e no non previsto nestas pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei da función Pública de Galicia (arts. 32- 43 y 47), Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixente en materia de réxime local (arts. 134 -137), o Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre procedemento de selección na Administración local, Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que aproba o regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e polo Real decreto 364/95, polo que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado.

VIXÉSIMO SEGUNDA.- DISPOSICIÓN FINAL
As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99, así como Lei 29/98, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Administración provincial tamén poderá, no seu caso, revisar as resolucións dos tribunais segundo o previsto na citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 4 de abril de 2011
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 11-04-2011, número 70, páxina 26, anuncio 2011003548.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/07/2011 12:42
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/